No inicio do curso escolar, FeSP-UGT insta á Consellería de Educación a que elimine a precariedade educativa en Galicia

Fecha: 07 Sep 2017

FeSP-UGT Ensino instou á Consellería de Educación a que que abra o diálogo social para poñer fin á precariedade educativa en Galicia. Esta organización sindical insistiu, no seu análise do inicio do curso escolar 2016/17, en que os orzamentos adicados pola Xunta de Galicia a Educación son insuficientes e moito máis tendo en conta os fortes recortes sufridos neste sector nos últimos anos con motivo da crise económica. O incremento dos orzamentos da Xunta de Galicia foi dun 4,8%, mentres que nos adicados a Educación o aumento foi so dun 2,9%.

O mércores celebrou unha comparecencia ante os medios de comunicación para falar sobre o inicio do curso escolar, coa participación de Delia Irene Martínez, Secretaria xeral de FeSP-UGT Galicia; Gerardo Morano Díaz, secretario do Sector de Ensino de FeSP-UGT e os representantes dos sectores de Ensino Público, Paula Carreiro; do Privado, Manuel Alonso e da Universidade, Benjamín Rey.

A secretaria xeral de FeSP-UGT Galicia recordou que no mes de marzo asinouse co Goberno central un acordo para a mellora do emprego co fin de reducir a temporalidade dos empregados/as públicos/as. Este acordo debería verse reflectido na constitución de mesas de negociación, algo que non se levou a efecto, e a Consellería,de forma unilateral, anunciou a creación de novas prazas, "aínda insuficientes".

Por este motivo, "esiximos á Consellería unha negociación dun acordo de emprego na nosa comunidade e a recuperación dos postos de traballo perdidos".

Pola súa banda, Gerardo Morano insistiu na necesidade de racionalizar o calendario, con tres períodos lectivos similares separados polas vacacións de Nadal e as de Primaveira, así coma na oposición desta organización sindical aos "autobuses compartidos", que se porán en marcha este curso.

O responsable da Universidade de UGT-Galicia, Benjamín Rey, insistiu na negativa da Administración a crear unha mesa de negociación para falar de salarios e servizos; mentres que o portavoz do Ensino Privado, Manuel Alonso, falou sobre a necesidade de recuperar o poder adquisitivo perdido nestes anos de crise.

Por último, a responsable de ensino público, Paula Carreiro destacou os postos de traballo perdidos polas peches de centros (27 postos directos), e recordou que hai meses UGT solicitou a creación dunha mesa técnica para ver o mapa dos centros, "sen resposta". Tamén destacou que neste inicio de curso aumenta a provisionalidade e falta de estabilidade do profesorado.

Fuente: FeSP-UGT Galicia