No ERE do Santander FeSMC-UGT rexeita as medidas traumáticas e unilaterais e considera excesivo o número de afectados
Fecha: 10 Nov 2017

A dirección do Banco Santander quere aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectará a 2.160 empregados, entre Banco Santander e Banco Popular. Dese total, pretenden que 1.585 empregados saian das entidades mediante prexubilacións e baixas incentivadas, mentres que os restantes 575 sexan recolocados en postos similares dentro do grupo financeiro.
Así llo comunicou aos sindicatos esta semana a entidade, nunha segunda reunión, como parte do proceso de integración dos servizos centrais dos dous bancos.
O axuste de persoal aplicarase nos servizos centrais de Madrid e unidades territoriais de apoio aos servizos centrais de ambos bancos. Banco Pastor queda excluído deste axuste.
En Galicia están afectados varios centros de ambas entidades. Por parte de Banco Popular, un centro de apoio en Orillamar 71, Cantón Pequeno 1, e outra unidade de apoio en Santiago de Compostela, en Praza de Vigo 1. No relativo so Banco Santander, está afectada a Territorial de Coruña e un centro de apoio en Durán Loriga. A falta de que se confirmen o número de persoas afectadas, a primeira avaliación do Sindicato estima que a cifra pode ascender a preto de 200 persoas en Galicia.
FeSMC rexeita calquera medida traumática e unilateral que poida tomar a empresa. UGT considera demasiado elevado o número de persoas afectadas. Hai que rebaixar o número total, aumentar as recolocacións para evitar destrución de emprego e rebaixar a idade de 58 anos sinalada polo banco para acollerse ás prexubilacións.
UGT insiste en reducir a cifra global de afectados, que considera excesiva, evitar a mobilidade xeográfica, especialmente nas sedes fóra de Madrid e aumentar as prexubilacións. Só así se poderá falar dun acordo equilibrado e, sobre todo, onde primeiro deben primar medidas non traumáticas e medidas voluntarias.
FeSMC-UGT non descarta mobilizacións se non se dan as condicións dun acordo equilibrado, non traumático e voluntario.
Para FeSMC-UGT, resulta incomprensible e, incluso, insultante para os traballadores, que unha empresa que a setembro publica uns beneficios de 5.077 millóns de euros, un 10,2 por cento de incremento (xa cos cargos do Popular), poña enriba de mesa un axuste tan restritivo.
É evidente que a recuperación económica tan publicitada non está a chegar a todos por igual, mentres as grandes empresas e bancos incrementan os seus beneficios, as persoas perden os seus postos de traballo, ven precarizadas as súas condicións laborais ou mermados os seus salarios. Xa é hora de que a recuperación chegue tamén ás familias
FeSMC-UGT informa que a próxima reunión informativa será o vindeiro 13 de novembro e o día 16 de novembro está previsto que se constitúa formalmente a mesa de negociación do ERE.
O VOCEIRO DESTE TEMA É ÁNGEL IGLESIAS, SECRETARIO DE SERVIZOS FINANCEIROS, SEGUROS E OFICINAS DE FeSMC-UGT-GALICIA (FEDERACIÓN DE SERVIZOS, MOBILIDADE E CONSUMO). TELÉFONO: 687854670.
Fuente:
FeSMC-UGT