Multitudinaria manifestación dos traballadores da Xustiza galega para demandar unha solución ao conflito e o fin da discriminación laboral e salarial que sofren
Fecha: 09 Abr 2018

Miles de traballadores da Xustiza galega mobilizáronse este sábado polas rúas de Santiago, cando se cumprían dous meses do inicio da folga indefinida no sector contra a discriminación laboral e salarial que sofren.
Lembrar que xa van dous meses de folga, de mobilizacións continuas e sostidas no tempo e de xuntanzas coa Xunta sen solución ao conflito.
Os traballadores da Xustiza galega insisten en demandar da Xunta unha solución digna que remate coa discriminación salarial e laboral que sofren.
Á vista de que a Xunta non pon enriba da mesa unha proposta que remate xa con esta situación de discriminación, a folga continúa e as mobilizacións.
A manifestación saíu ás 12.00 horas da Alameda compostelana e rematou na Praza da Quintana.
Fuente:
FeSP-UGT