Milleiros de persoas mobilízanse en Galicia para demandar “Traballo decente xa”

Fecha: 06 Oct 2016

Miles depersoas participaron hoxe nas concentracións, convocadas porUGT-Galicia, xunto con CCOO, nas cidades e vilas galegas paraconmemorar a Xornada mundial polo traballo decente que ven promovendoa CSI cada 7 de outubro dende o ano 2008.

Nesta ocasión, esta xornada foi convocada baixo o lema “Alto á avariciocorporativa. Non aos contratos lixo, aos baixos salarios e áprecariedade. Traballo decente xa!”.

Salvo no caso de ACoruña, onde a concentración foi onte fronte á Delegación doGoberno, no resto de Galicia celebráronse hoxe, en Ferrol, Santiago,Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Se os gobernos nonpoñen límites e condicións á actuación das empresas e estasperseguen como único obxectivo obteren o máximo beneficio ao menorcusto, o modelo económico e comercial —baseado en cadeas desubministracións, grandes multinacionais, deslocalización deempresas, subcontratación e franquías— acrecentará aexplotación, a desigualdade e a pobreza en todo o mundo.

Nos ámbitosnacional e internacional, este modelo no que prima a avariciaprexudica a millóns de persoas que traballan en condicións deescravitude, explotación ou irregularidade, por salarios baixos oumiserentos que estenden a pobreza. Un modelo que, ademais, suprimedereitos fundamentais, incluídos os que lles permiten ástraballadoras e traballadores organizárense, negociaren edefendérense colectivamente. As políticas de austeridade, assucesivas reformas laborais e a lei mordaza agravaron a situación.

UGT esixe traballodecente, respecto aos acordos de negociación colectiva e aosdereitos laborais das persoas directamente empregadas polas empresase as grandes multinacionais, pero tamén dos traballadores etraballadoras que constitúen unha man de obra oculta mediante asdiferentes fórmulas de subcontratación, deslocalización oufranquías. É preciso establecer mecanismos reais e efectivos quepermitan esixir responsabilidades ás empresas pola súa actuación,tanto dentro coma fóra do noso país.

UGT, con motivo daXornada Mundial polo Traballo decente, esixe:

Garantir por lei queas empresas que subcontraten —mediante calquera fórmula— sexanresponsables subsidiarias dos salarios e da protección social dostraballadores e traballadoras das empresas subcontratadas, conindependencia de onde se atopen.

Esixirlles ásempresas que utilizan cadeas de subministración que todos os seusprovedores, tanto no noso territorio como no estranxeiro, manteñancondicións de emprego decentes, respecten os convenios colectivos eos dereitos fundamentais, incluídos os dereitos sindicais.

Establecer por lei,como requisito na contratación pública, que as empresas con que secontraten bens ou servizos respecten os convenios colectivosaplicables e condicións de traballo decente, unha esixencia queestendemos ás franquías e filiais das grandes empresas, tanto nonoso país como no estranxeiro.

Derrogar as reformaslaborais de 2010 e 2012, e recuperar os dereitos arrebatados aostraballadores e traballadoras.

Combater edesigualdade e a pobreza mediante unha prestación de ingresosmínimos que garanta os recursos básicos ás persoas que carecen deemprego.

Establecer subassalariais que contribúan ao crecemento económico e do emprego. Nomarco da negociación colectiva, profundar no desenvolvemento decláusulas que axuden a impulsar o emprego e, sobre todo, a mellorara súa calidade.

Fixar un SMI de 800euros o primeiro ano e subas progresivas durante a lexislatura, ataacadar o 60 % do salario medio do noso país.

Derrogar a Lei4/2015 de protección da seguridade cidadá (lei mordaza) e o artigo315.3 do Código penal, que criminaliza facultades esenciais paraexercer o dereito de folga.

Instamos o Goberno amodificar o Estatuto dos Traballadores para cumprir a Directiva1999/70/CE e as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustizada UE o pasado día 14 de setembro, que sinalan a discriminación e oabuso na contratación temporal no noso país.

Fuente: UGT-Galicia