Milleiros de galegos e galegas amosaron a súa solidariedade coas persoas refuxiadas

Fecha: 21 Sep 2015

Milleiros de galegos e galegas amosaron hoxe a súa solidariedade coas persoas refuxiadas e participaron nas concentracións e manifestacións que tiveron lugar nas sete grandes cidades do país. Os actos reivindicativos e solidarios en Galicia foron convocados por UGT, CCOO, CIG, PSOE, EU, ANOVA, BNG, Podemos, Asemblea de Cooperación pola Paz e Seminario Galego de Educación para a Paz.

As organizacións convocantes agradecen a resposta do pobo galego nas manifestacións e concentracións de hoxe e instan as autoridades competentes a actuaren en consecuencia. Lembran, ademais, que en todo o Estado se sucederon tamén accións similares.

No comunicado conxunto que se leu ao final das mobilizacións, estas organizacións amosaron o seu apoio ás persoas refuxiadas e instaron á adopción de medidas para frear o conflito bélico en Siria e para garantir a protección de cantas persoas o precisen.



 

Fuente: UGT-Galicia