Miles de persoas nas rúas e amplo seguimento da folga en Galicia

O secretario xeral de UGT-Galicia lembrou en Vigo que “non somos lixo, somos clase traballadora, somos quen levantamos este país”, rexeitou as ameazas e advertiu, “se queren acabar con algo, que acaben coa precariedade, cos salarios que non chegan e cos alugueiros que non se poden pagar”

Fecha: 11 Nov 2026

11nvigo

Amplo seguimento da convocatoria de folga xeral en Galicia (redución do consumo eléctrico en máis dun 12%) 

Miles de persoas saíron ás rúas das cidades e vilas galegas neste 11N por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos

O secretario xeral de UGT-Galicia lembrou en Vigo que “non somos lixo, somos clase traballadora, somos quen levantamos este país”, rexeitou as ameazas e advertiu, “se queren acabar con algo, que acaben coa precariedade, cos salarios que non chegan e cos alugueiros que non se poden pagar”

Santiago, 11 de novembro de 2026.- Despois dunha xornada de folga que contou en Galicia cun amplo seguimento, con polígonos industriais baixo mínimos, transporte público testemuñal, cidades como Vigo ou Coruña paralizadas, e grandes empresas e servizos con actividade tamén limitada, (un dos efectos da folga foi a redución do consumo eléctrico de máis dun 12%, por enriba doutras mobilizacións xerais), miles de galegos e galegas saíron ás rúas das cidades e vilas para demandar mellores salarios, unha vivenda digna e o control dos prezos, ante unha inflación desbocada que dificulta que xa sexan moitas as familias con dificultades para chegar a fin de mes. Ter un traballo neste país, incluso aínda que sexa estable, xa non é garantía de vivir con dignidade.

Precisamente, neste contexto foi no que UGT, xunto con outros sindicatos, decidiron convocar esta xornada de folga e mobilizacións, para dar resposta á insaciable avaricia inmobiliaria que especula cos dereitos da cidadanía; á unha política empresarial que aproveita o crecemento económico do país para engordar o seu patrimonio con grandes beneficios a custa dos salarios das persoas traballadoras; a un modelo económico que traslada aos prezos dos bens básicos as marxes empresariais; á precariedade laboral e habitacional; a non deixarse a saúde no traballo; e esta folga tamén foi unha chamada para reclamar uns servizos públicos de calidade. 

Concretamente, na manifestación de Vigo o secretario xeral de UGT-Galicia, Cristóbal Medeiros, arremeteu contra quenes están a chamar “lixo” ás organizacións sindicais, a quenes hoxe saíron á rúa e mobilizáronse pola dignidade e o futuro da clase traballadora. Lembrou que, detrás das siglas dos sindicatos, hai persoas que dan a cara polos seus compañeiros, que defenden os seus dereitos, que negocian convenios... e esas persoas non merecen que se lles chame lixo. Precisou que, se queren acabar con algo, que acaben coa precariedade, cos salarios que no chegan e cos alugueiros que non se poden pagar. 

En canto ás ameazas de certos grupos políticos, Medeiros manifestou que “nós temos moi claro de que lado estamos, queremos diálogo, queremos acordos, queremos negociación pero a nosa vontade non pode confundirse con debilidade, nin a nosa responsabilidade con resignación”. Deixou claro que “dende UGT imos seguir defendendo á clase traballadora, goberne quen goberne”.

Considera que a economía non pode ir ben cando a vida de quen a sostén vai mal, non se pode aceptar que os salarios queden atrás mentres os prezos seguen subindo. Por iso, UGT esíxelle á patronal que sente a negociar, que desbloquee os convenios e que os beneficios se traduzan tamén en melloras laborais e salariais. Porque traballar ten que servir para vivir, non simplemente para sobrevivir. 

En canto á vivenda, manifestou que é un dereito, non un luxo nin un negocio. Lembrou que as comunidades autónomas teñen as competencias fundamentais en materia de vivenda, incluída a Xunta de Galicia, e terán que asumir as súas responsabilidades: promover vivenda pública, ampliar o parque de aluguer accesible, impulsar vivenda protexida e mobilizar solo. 

Recalcou que “basta de utilizar a vivenda como arma política mentres miles de familias seguen sen poder acceder a un fogar, que cada quen exerza e responda polas súas competencias”.

Na súa intervención o secretario xeral de UGT-Galicia non que esqueceu dos servizos públicos e lembrou que a sanidade, educación, dependencia e servizos sociais e pensións non son privilexios, son dereitos conquistados colectivamente. Sentenciou, defender o público é defender a igualdade. 

Neste 11N tamén se reclamou máis prevención, máis seguridade nos centros de traballo e unha nova Lei de prevención que se adecúe aos novos tempos, ás novas realidades laborais. 

Para UGT, defender o conseguido non significa conformarse, hai que seguir avanzando, por iso vaise seguir reclamando a redución da xornada laboral, conciliación, igualdade e unha protección social que non deixe a ninguén atrás. 

Concluíu afirmando que “a nosa dignidade non se insulta e a nosa loita non se detén, nin un paso atrás nos nosos dereitos”.

Fuente: UGT-Galicia