Miles de persoas mobilizáronse na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo para demandar salarios e emprego dignos e que se lle poña fin ao encarecemento da vida

Fecha: 15 Feb 2017

 Miles de persoas participaron esta mañá nas concentraciónsconvocadas por UGT e CCOO nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo,Ourense, Pontevedra e Vigo e na manifestación de Santiago parademandar salarios e emprego dignos e para pedir que se lle poña xafin ao encarecemento da vida.

Denunciaron que os prezos continúansubindo, mentres os salarios están a perder poder de compra, o queestá a provocar que a desigualdade aumente progresivamente e que xasexan moitas as familias en situación de exclusión ou próximas ápobreza.

De feito, España é o país da OCDEno que máis medrou a desigualdade desde o inicio da crise, só pordetrás de Chipre, e os niveis de pobreza e exclusión social xaafectan a 13,4 millóns de persoas, o 29,2 por cento da poboaciónespañola.

CCOO e UGT reiteran que nos últimos anos a cidadanía tivo queafrontar a perda progresiva de poder adquisitivo dos salarios, daspensións e das rendas de protección, o que está a xerar uncrecemento sostido da desigualdade. Isto é consecuencia do forteaumento do desemprego e da xeneralización da precariedade laboral,así como da suba dos prezos das subministracións básicas,electricidade, gas e auga.

A imposición de políticas de austeridade e continuos recortes,tanto no eido social como laboral, disparou as taxas de desempregoata niveis insoportables e provocou a dualidade do mercado detraballo. Isto derivou nunha sociedade máis empobrecida e nunretroceso inxustificado de dereitos sociais e laborais.

A tímida recuperación económica que se rexistra desde o 2015 nonestá a chegar nin aos salarios nin á rede de protección social. E,por se fose pouco, a cidadanía tense que enfrontar á suba do custedos servizos básicos.

Os gobernos non poden mirar cara outro lado e as organizaciónspatronais tampouco. Son culpables do que pasa, da suba incontroladados prezos, da perda de poder de compra dos salarios, das pensións edas rendas de protección.

Neste senso, dende ambos sindicatos apélase á necesidade de romperco inmobilismo da patronal que sigue sen dar resposta á propostasindical de aumento salarial para 2017 (entre o 1,8 e o 3 por cento),cando o IPC de xaneiro xa se situou nun 3 por cento.

Por todo isto, os secretarios xerais de UGT-Galicia e o S. N. de CCOOde Galicia reiteraron hoxe que hai que loitar contra o encarecementoda vida, especialmente contra a suba dos servizos básicos esenciais.

Parello a isto, demandaron subas salariais que permitan gañar poderadquisitivo, a suba das pensións e das rendas de protección; subasque permitan recuperar o poder compra, retomando o IPC como índicede actualización.

Os dirixentes sindicais tamén criticaron os perniciosos efectos dasúltimas reformas laborais, pois xa provocaron que de cada cencontratos que se asinan, 91 sexan temporais e 9 indefinidos, e tan sócinco son indefinidos a tempo completo. Así, a taxa de temporalidadexa é de máis do 26 por cento e os contratos cada vez duran menos: acuarta parte menos de sete días.

Por todo isto, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguióntamén reclamaron máis e mellor emprego e insistiron en que cómpreseguir loitando contra a precariedade laboral, contra a brechasalarial, pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizospúblicos, por unha prestación de ingresos mínimos que axude acombater a desigualdade e a pobreza, e pola derrogación das reformaslaborais.







Fuente: UGT-Galicia
19F