Miles de persoas mobilizáronse hoxe nas cidades e vilas galegas por unhas pensións dignas
Fecha: 12 Abr 2018

Miles de persoas, convocadas polo S.N. de CCOO de Galicia e UGT-Galicia, saíron hoxe ás rúas das cidades e vilas galegas -A Coruña, Ferrol, Santiago, Melide, Lugo,Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra eVigo- para demandar unhas pensións dignas. O Goberno deberectificar, revalorizando as pensións para garantir o seu poderadquisitivo e garantir a viabilidade do sistema público de pensións.
Así,dáse continuidade á campaña desenvolvida dende o pasado mes desetembro, coas marchas que recorreron todo o país por#PensiónsDignas, e as mobilizacións dos meses de febreiro e marzo.Ademais, UGT e CCOO situarán estas reivindicacións como un doseixos centrais para o próximo 1 de maio.
Paraambos sindicatos, as medidas adoptadas polo Executivo nos OrzamentosXerais do Estado nesta materia son parciais e insuficientes e non vansolucionar o problema presente e futuro dos pensionistas.
Dendea reforma das pensións do ano 2013 os pensionistas constatan comoperden poder adquisitivo, como o Goberno saca diñeiro da hucha daspensións mentres rescata autoestradas.
Resultaintolerable que a propia OCDE afirme que a revalorización mínimadas pensións debe ser a dos prezos, que xa é superior ao 1,6%, e,sen embargo, neste país decídase subir un 0,25%, unha media de 1,60euros ao mes.
Eque fan os Orzamentos Xerais do Estado para o 2018?, ningunear aospensionistas. As medidas incluídas no proxecto son cortoplacistas,discriminatorias e electoralistas, moi afastadas do que propuxemosCCOO e UGT. Os Presupostos Xerais do Estado deberían incluír arevalorización das pensións en base ao IPC, revisar as fontes definanciamento do sistema e eliminar o déficit da Seguridade Social.Incluso, estes orzamentos deberían prever a eliminación dos copagosfarmacéuticos (máis de 400.000 pensionistas xa tiveron queabandonar os seus tratamentos o ano pasado), así como, reflotar osistema de protección por desemprego.
Asociedade está cansa de escoitar que o sistema de pensións non éviable. España destina, na actualidade, entre 3 e 4 puntos menos doPIB que Italia, Francia ou Alemaña ás pensións, polo tanto, haimarxe. O sistema público de pensións constitúese como un sistemasolidario e como principal fonte do estado de benestar, un sistemaque está baseado na solidariedade de toda a sociedade e o problemadas pensións non é un problema de diñeiro, senón de vontadepolítica que non existe nin no Goberno nin nos partidos que aprobenfinalmente os Orzamentos Xerais do Estado.
Oproblema de ingresos hai que abordalo quitándolle gastos áSeguridade Social que non lle corresponden, como os da súa propiaestrutura, que deben ir a conta dos Orzamentos Xerais do Estado; noné xusto tampouco que a Seguridade Social asuma gastos de subvenciónsa contratación; urxe tamén elevar o tope das cotizacións áSeguridade Social; e corrixir a precariedade salarial que impera paramellorar as cotizacións tanto en contías como en tempo.
UGTe CCOO insisten en que non se pode seguir xogando coas pensións. Seo país xera riqueza hai que repartila. Hai que lembrar que naactualidade en Galicia a pensión media non supera os 788,49 euros(918 euros no Estado) e que o 64% das pensións galegas (o 50% dasestatais) non chegan ao SMI.
É imprescindible que se garanta por enriba detodo o mantemento do poder adquisitivo das pensións, a derrogacióndo factor de sustentabilidade, garantir o futuro da SeguridadeSocial, con máis salarios, máis cotizacións...
É o momento de actuar, de ir á ofensiva polaspensións. É o momento de reverter os recortes e recuperar dereitos.