Miles de persoas mobilízanse en Galicia para que as persoas e os seus dereitos sexan o primeiro

Miles de persoas, convocadas por UGT e CCOO, mobilizáronsehoxe na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense,Pontevedra, Vilagarcía e Vigo. Esta última cidade acolleu o actocentral, coa presenza dos secretarios xerais de ambos os sindicatos,para demandar que as persoas e os seus dereitos sexan o primeiro.

É o momento de reverter as cousas ea maioría dos traballadores reclama solucións urxentes aos seusproblemas. Xa non se pode agardar máis. É hora de repartir osfroitos do crecemento económico, recuperar dereitos e rescatar aspersoas. É o momento de negociar, mais tamén de mobilizar paraesixir que o diálogo social se traduza en resultados tanxibles. Asío manifestaron os secretarios xerais do S. N. de CCOO de Galicia e deUGT Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, namanifestación de Vigo.

Chegou o momento de atender acidadanía, saír da senda da desigualdade e a pobreza, reducirsubstancialmente o desemprego e impulsar un crecemento económicosostible, con máis e mellores empregos, mellores salarios, garantíapara as pensións e o seu poder adquisitivo, así como recuperar asliberdades e dereitos democráticos perdidos nestes últimos anos decrise —que os gobernos do PP aproveitaron para mudar o modelosocial deste país.

Hoxe en día, ter traballo xa nonsignifica vivir dignamente. A pobreza laboral xa se instaurou nestepaís. As estatísticas e a realidade do día a día así ocorroboran. No conxunto do Estado, máis do 40 por cento dostraballadores con contrato a tempo parcial está nesta situación dexeito involuntario; seis millóns de traballadores teñen salariospor debaixo do SMI (310.000 en Galicia) e 3,6 millóns cobran ametade do salario mínimo (184.000 na comunidade autónoma). Ossecretarios xerais de UGT e CCOO pregúntanse como é posible vivirdignamente con estes ingresos.

Dende CCOO e UGT insístese en quehai que restituír os dereitos perdidos por mor dos recortesimpostos, sobre todo, os que se derivan dunha reforma laboralinxusta, inútil e estéril que só serviu para destruír emprego —eo pouco que se creou, de baixa calidade.

Malia que o Goberno do PP falacontinuamente de diálogo e concertación, as medidas e decisiónsque se están adoptando non van todas neste camiño. Preséntanse unsorzamentos, tanto en Galicia como no Estado, que non están deseñadospara axudar as persoas, sobre todo as que saíron máis mancadas dacrise. Neste senso, dende UGT e CCOO incídese na necesidade de poñera andar a prestación de ingresos mínimos que os dous sindicatospromoveron a través dunha ILP.

Tras o último proceso electoralabriuse unha nova etapa parlamentaria en que o diálogo político vaiser moi importante. Con todo, tamén o terá que ser o diálogo cosaxentes sociais, porque as organizacións sindicais son a voz dostraballadores e queren mudar as cousas. E, para isto, hai quecombinar mobilización con negociación, presión e diálogo. Poreste motivo, as concentracións e manifestacións de hoxe foron asprimeiras dun proceso de mobilizacións sostido no tempo: se oGoberno non muda de postura, de seguro haberá máis.

Hai razóns para a mobilizaciónporque acabouse a etapa das medidas unilaterais baseadas en recortes.Hai que mobilizarse para que as persoas sexan o primeiro.

É o momento de reverter as cousas,estase diante da reactivación económica: hai que loitar poloemprego de calidade; derrogar as reformas laborais; a Lei deracionalización e sustentabilidade da Administración local; oartigo 315.3 do Código Penal; os recortes en educación e no restodos servizos públicos; reformar a fiscalidade; garantir as pensións;reforzar os sistemas de protección social e a igualdade real eefectiva; e protexer as persoas asiladas e migrantes.



 



 



 

Fuente: UGT-Galicia