Migracións
Fecha: 29 Jun 2016

CENTRO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOCIOLABORAL PARA INMIGRANTES DE OURENSE
Cofinanciado
polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Empleo y Seguridad Social,
este Centro ven funcionando en Galicia dende o ano 1992. Dende o ano
2002 ten a categoría de centro de inserción laboral permitíndolle esta
nova denominación impartir cursos de formación para os inmigrantes.
O
obxectivo deste Centro de Información e Asesoramento Sociolaboral de
UGT ofrece a información e o asesoramento necesario para resolver as
dúbidas e inquietudes que nos formula este colectivo de traballadores
estranxeiros, tanto en temas laborais, como sociais e de estranxeiría. A
través deste programa, realízanse Itinerarios Individualizados de
Inserción Sociolaboral, que van orientados a facilitar o acceso e/ou
mantemento no mercado laboral.
Os
itinerarios integrados de inserción profesional conteñen as seguintes
actuacións: Diagnóstico, Preformación, Orientación laboral e Formación
Profesional Ocupacional.