Mellorar a calidade do emprego pasa por avalar o acordo da reforma laboral

Mellorar a calidade do emprego pasa por avalar o acordo da reforma laboral


 

Santiago, 2 de febreiro de 2022.- A pesar de que xaneiro é sempre un mal mes para o emprego, nesta ocasión os datos son mellores que outras veces. O peor é que seguen mostrando unha precariedade acentuada. UGT insta ós partidos políticos a que non dean as costas aos traballadores e traballadoras e que o vindeiro xoves avalen co seu voto o acordo sobre a reforma laboral froito do consenso entre sindicatos, patronal e Goberno. Un acordo co que gañamos todos pois senta as bases para conseguir un mercado laboral máis xusto, eficiente e produtivo.

Os datos do paro rexistrado e de afiliación á Seguridade Social coñecidos hoxe mostran un repunte do número de desempregados rexistrados e un descenso do emprego, como sempre nos meses de xaneiro por motivos estacionais, aínda que nesta ocasión o incremento do paro foi moito menor que nos últimos anos. Ademais, as cifras seguen evidenciando a persistente precariedade que reproduce o noso mercado laboral, rexistrándose altas taxas de temporalidade, problemas que condicionan desfavorablemente o futuro de moitos traballadores e traballadoras.

Neste sentido, o acordo alcanzado polos interlocutores e o Goberno sobre a reforma laboral supón un fito na recuperación de dereitos laborais, en tanto elimina algúns dos aspectos máis lesivos das anteriores reformas e sementa as bases para a creación de emprego de calidade. As modificacións introducidas en materia de contratación, os novos mecanismos de flexibilidade interna fronte aos despedimentos ou o reequilibrio da negociación colectiva son elementos que atacan frontalmente a orixe da precariedade laboral.

Ademais, trátase dun acordo que non só será beneficioso para a clase traballadora, senón para o conxunto do país. Un mercado laboral máis eficiente e produtivo, que xere emprego digno, servirá para relanzar a demanda interna e promover un crecemento máis estable e robusto.


 

En suma, a nova reforma laboral nace do consenso e o impulso colectivo, co Diálogo Social como principal canalizador. Por tanto, é fundamental que, aínda que xa entrou en vigor, sexa ratificada no Parlamento; o contrario, sería unha pésima noticia que botaría por terra un acordo xusto e razoable, que mesmo xa foi valorado positivamente pola Comisión Europea.

A pesar do exposto, debemos ter prudencia con respecto ó efecto inmediato da nova normativa laboral. Algúns dos cambios legais introducidos aínda non entraron en vigor (farano en abril) e, en todo caso, todos os cambios deberán trasladarse ao día a día das empresas e á negociación dos convenios colectivos, sendo imprescindible unha avaliación continua que permita testar a súa efectividade e garantir o cumprimento dos mesmos.

Análise datos

Entrando de cheo nos datos facilitados hoxe polos ministerios de Traballo e Economía Social e polo de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, obsérvase unha suba do desemprego en Galicia no mes dun 0,88% (1.348 persoas), 0,55% no Estado, ante o fin da campaña de Nadal. Non obstante, dáse unha caída do desemprego histórica, dende 1996 non hai datos similares en xaneiro, en termos interanuais, do 17,23% (32.052 persoas), 21,22% no Estado. Isto supón que hai 153.932 persoas en Galicia en situación de desemprego.

Entre os máis mozos, os menores de 25 anos, as cifras de desemprego do mes de xaneiro son máis favorables que no resto de idades, baixando este nun 1%, 6.014 mozos e mozas galegos menos no desemprego e esta baixada aínda é moito máis acusa en termos interanuais, do 29,86%.

Por sexos, no mes o paro incrementouse en ambos. Nun 0,82% no caso dos homes e nun 0,93% no das mulleres. Interanualmente, cae nun 19,09% entre os homes e nun 15,81% entre as mulleres. As mulleres seguen a representar nada menos que o 57,6% do total do desemprego en Galicia.

No mes de xaneiro o paro aumentou considerablemente no sector servizos, nun 2,2%, trala temporada de Nadal. Incremento que non foi compensado pola caída no resto dos sectores, dun 2,35% na industria, nun 2,2% no colectivo de sen emprego anterior, no 1,03% na construción e nun 0,09% no primario.

No ano a contracción foi acusada en todos. 22.052 persoas desempregadas menos no sector servizos, o que supón unha baixa do 16,87%; baixa nun 16,15% na industria; o 20,88% na construción; o 16,83% no sector primario; e o 18,63 no colectivo de sen emprego anterior.

En termos provinciais, no mes o paro contráese na de Pontevedra moi levemente, quedando case igual, o -0,08%; nas restantes medra, nun 0,89% en Ourense, 1,94% en Lugo e o 1,58% na Coruña.

No ano cae en todas, nun 20,88% en Lugo, 17,37% na Coruña, 17,25% en Ourense e nun 16,14% en Pontevedra.

A cobertura por desemprego é do 63,7%, con 89.594 persoas beneficiarias de prestación. Destas, o 46,7% son contributivas e o resto dependen de modalidades de carácter asistencial, moito máis desfavorables.

Un 16% de contratación indefinida é un bo dato, en relación ós que se rexistraban nos últimos anos, pero aínda hai que mellorar moito. Un mes de vida da reforma laboral podería deixarse notar pero hai que ser prudentes porque hai efectos da mesma que aínda non estarán operativos ata abril

A contratación indefinida que sitúase no mes de xaneiro no 16%, unha porcentaxe que podería deixa ver xa o efecto da reforma laboral no seu primeiro mes de vida e que UGT-Galicia agarda que siga mellorando nos vindeiros meses para acabar coa precariedade que aínda impera no mercado laboral.

En canto á afiliación á Seguridade Social, a media mensual foi en Galicia no mes de 1.021.954, caendo nun 1,05%. No ano medrou nun 3%.


 

Xaneiro 2022

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

6.014

65.274

88.658

Variación absoluta mes anterior

-60

531

817

Variación relativa

-0,99

0,82

0,93

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-2.560

-15.405

-16.647

Variación relativa

-29,86

-19,09

-15,81


 


 


 

 

TOTAL

Indef

Conv

Temp

% Conv

total

% indef

2022/Xaneiro

11.411

4.372

59.531

38,31

70.942

16,08

Variación absoluta mes anterior

4.516

730

-6.488

-15

-1.972

7

Variación relativa

65,50

20,04

-9,83

-27,46

-2,70

70,10

Variación absoluta mismo mes del año anterior

5.181

1.331

5.282

-10

10.463

6

Variación relativa

83,16

43,77

9,74

-21,51

17,30

56,15


 

GALICIA

Xaneiro 2022

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

153.932

1.348

0,88

-32.052

-17,2

* homes

65.274

531

0,82

-15.405

-19,1

* mulleres

88.658

817

0,93

-16.647

-15,8

* mozos e mozas < 25 anos

6.014

-60

-1,0

-2.560

-29,9

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.733

-5

-0,1

-1.160

-16,8

* industria

16.669

-402

-2,4

-3.211

-16,2

* construción

11.282

-117

-1,0

-2.977

-20,9

* servizos

108.665

2.133

2,0

-22.052

-16,9

* sen emprego anterior

11.583

-261

-2,2

-2.652

-18,6

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (decembro 2021)

89.594

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (decembro 2021)

63,66

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

61.853

962,0

1,6

-13.000,0

-17,4

Lugo

14.828

282,0

1,9

-3.914,0

-20,9

Ourense

17.197

151,0

0,9

-3.584,0

-17,2

Pontevedra

60.054

-47,0

-0,1

-11.554,0

-16,1

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

70.942

-1.972

-2,7

10.463

17,3

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

11.411

4.516

65,5

5.181

83,2

* temporais

59.531

-6.488

-9,8

5.282

9,7

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.021.954

-10.831

-1,0

29.616

3,0

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones