Manifesto conxunto: '8M Igualdade ou Conflito' e actos programados por UGT

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo, UGT e CCOO publicaron un manifesto baixo o lema "8M, Igualdade ou Conflito. UGT e CCOO activas para a igualdade efectiva no ámbito laboral"

No mesmo, poñen en valor o aumento do SMI ata 1.080 euros e aseguran que é unha “medida indispensable que reducirá a brecha de xénero e podería beneficiar ao 14.5% do total de persoas asalariadas” e permitirá “que se reduza en maior medida a brecha salarial existente”, pois “as mulleres seguen tendo en xeral salarios máis baixos e ocupan maioritariamente sectores moi afectados polo SMI”. Ambos os sindicatos denuncian que as mulleres seguen sendo as que traballan a tempo parcial e as que asumen maioritariamente os permisos por coidados. Destacan que, a pesar dos avances legais, “é imperativo” que estes permisos sexan retribuídos e que se avance noutras políticas e medidas de corresponsabilidade. Tamén insisten na necesidade de impulsar medidas de igualdade na negociación colectiva, esixen o cumprimento dos plans de igualdade, combater a violencia machista desde os centros de traballo, incrementar e mellorar as políticas activas de emprego e adoptar políticas con perspectiva de xénero e a plena equiparación en dereitos das traballadoras do fogar. Ambos os sindicatos demandan investir en educación en igualdade; que se garanta o dereito ao aborto, sen ningún tipo de coacción; e reforzar e garantir os instrumentos e recursos de vixilancia, control e sanción da Autoridade Laboral para o cumprimento efectivo do principio de igualdade no ámbito laboral. Ante as violencias machistas, a misoxinia, o racismo, a LGTBIfobia e o sexismo que afecta as mulleres, instan a unir “as nosas voces neste 8M xunto ao movemento feminista nacional e internacional”. O manifesto conclúe cun chamamento ás traballadoras e traballadores para que participen, de maneira activa, nos distintos actos unitarios para demostrar “a forza do feminismo e o seu potencial transformador no ámbito político e no diálogo social”.

MANIFESTO CONXUNTO UGT CCOO DO 8M

 

Fuente: UGT-Galicia
#8M