Máis temporalidade e precariedade que nunca

Fecha: 02 Ago 2017

UGT-Galicia fai fincapé en que a redución do desemprego en Galicia en xullo en 7.794 persoas débese, como é habitual neste mes que normalmente é un dos mellores do ano para o emprego, a factores estacionais, especialmente por contratacións vinculadas ao turismo e a temporada de vacacións, e, ademais, denuncia que esta diminución do paro baséase en contratos temporais cada vez máis precarios. Precariedade que está consolidando a pobreza laboral e precariedade que chega tamén ao desemprego, xa que as prestacións apenas cobren á metade das persoas que están no paro.

Sen dúbida é unha boa nova que o emprego aumente, a afiliación medrou en 16.721 cotizantes, e que o paro baixe. Por outra banda, isto é o esperable nunha economía que medra a un ritmo do 3 por cento, a pesar disto, dende UGT considérase que Galicia segue amosando unha crise de emprego, cunha taxa de paro do 16,1 por cento, e porque os datos de xullo revelan que as empresas galegas seguen facendo só contratos temporais.

OS CONTRATOS INDEFINIDOS CAEN NUN 8 POR CENTO

No mes de xullo a cifra de contratos é récord, asináronse un total de 107.578. A pesar disto, hai que lamentar que os indefinidos continúan caendo, un 8 por cento, e medran os temporais, un 4,7 por cento. Así, a porcentaxe de indefinidos sobre os temporais queda nun 6,2 por cento.

Por outra banda, case 108.000 contratos rexistrados para un mercado laboral de 996.598 cotizantes denotan estacionalidade, precariedade e altos niveis de rotación laboral. Varias caras dunha mesma moeda.

Continuando coa análise das cifras, estas amosan que no mes de xullo hai 181.871 persoas en situación de desemprego, un descenso no mes dun 4,11 por cento. Interanualmente a baixa foi dun 6,95 persoas, 13.586 persoas en desemprego menos que no mes de xullo de 2016.

No Estado a caída no mes foi dun 0,8 por cento e no ano dun 9,43 por cento. En xullo houbo 3.335.924 persoas no Estado en situación de desemprego. Estas diferenzas indican que Galicia está máis sometida a factores conxunturais.

MAIOR DEBILIDADE DA RECUPERACIÓN DO EMPREGO FEMININO

Por sexos, o paro baixa entre os homes nun 5,5 por cento, 4.517 parados menos. No caso das mulleres a baixada foi dun 3,1 por cento, 3.277 mulleres menos no paro. Interanualmente, baixa un 10,62 por cento no caso dos homes e un 3,96 por cento no caso das mulleres. Os datos amosan a maior debilidade da recuperación do emprego feminino e unha brecha mulleres-homes na contorna do desemprego que aumenta. O desemprego feminino xa acada o 56,9 por cento do total.

En xullo continuaban como parados 8.540 mozos menores de 25 anos. Neste sector da poboación o paro caeu no mes nun 4,7 por cento e interanualmente nun 5,7 por cento.

O desemprego cae en todos os sectores. Dun xeito máis incisivo no primario, nun 10,2 por cento, aínda que en termos absolutos a maior baixada dáse no sector servizos, onde baixa en 4.925 persoas. De feito, o 63,2 por cento da caída do desemprego no mes rexístrase nos servizos. En relación a hai un ano a baixada foi moi acusada na construción, dun 19 por cento, e na industria, dun 11 por cento.

A afiliación á Seguridade Social sitúase en 996.598 cotizantes, 16.721 máis que en xuño de 2017. No ano hai en Galicia un incremento de de 22.625 cotizantes.

O número total de contratos rexistrados en Galicia en xullo acada unha cifra récord nun mes, 107.578, pero caen os indefinidos nun 7,96 por cento e medran os temporais nun 4,71 por cento. A proporción de indefinidos sobre o total dos contratos segue sendo mínima, do 6,2 por cento neste mes.

Por outra banda, os datos constatan a precariedade que soportan as persoas que están en situación de desemprego. O número de beneficiarios de prestacións é de 87.363 amosando unha nova caída anual, 9.205 beneficiarios menos. A taxa de cobertura é do 50,4 por cento, deixando fóra do sistema de protección por desemprego a 102.302 persoas. A taxa de cobertura no Estado foi do 55,6 por cento. Existe un forte diferencial que amosa a clara desvantaxe desta Comunidade.

TAN SÓ 34.835 PERSOAS RECIBEN PRESTACIÓNS CONTRIBUTIVAS. A PRECARIEDADE NA COBERTURA POR DESEMPREGO É CUANTITATIVA E CUALITATIVA

A isto hai que sumarlle que tan só 34.835 beneficiarios perciben prestacións de carácter contributivo, o que amosa a precariedade na cobertura tanto cuantitativamente como cualitativamente. Así, a gran maioría da cobertura é de carácter asistencial, ben sexa a través dun subsidio (41.029 beneficiarios), como a través da renda activa de inserción (10.437 perceptores) ou o programa de activación de emprego (1.062 beneficiarios).

Neste senso, UGT-Galicia lembra que unha das tarefas da mesa de diálogo social é revisar o actual sistema de protección ao desemprego, co obxecto de corrixir as insuficiencias, ao tempo que se reordenan os distintos tipos de prestacións, subsidios e rendas asistenciais.

É fundamental analizar todos os programas de protección para os desempregados con maiores dificultades (RAI, PREPARA e PAE), co fin de poñer en marcha un verdadeiro plan de choque polo emprego e mellorar a protección das persoas.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL DE UGT-GALICIA, LUÍS BANEIRA. TELÉFONO: 606649157.









GALICIA

Xullo 2017

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

181.871

-7.794

-4,1

-13.586

-7,0

* homes

78.423

-4.517

-5,4

-9.320

-10,62

* mulleres

103.448

-3.277

-3,1

-4.266

-3,96

Nº parados mozos < 26 anos

8.540

-422

-4,71

-516

-5,7

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

* agricultura

 

 

 

 

 

* industria

6.356

-722

-10,2

-678

-9,6

* construción

20.963

-1.051

-4,8

-2.628

-11,1

* servizos

18.307

-962

-5,0

-4.264

-18,9

* sen emprego anterior

119.929

-4.925

-3,9

-5.438

-4,3

Beneficiarios prestación por desemprego (xuño)

87.363

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (xuño)

50,44

Parados totais sen ningún tipo de prestación (xuño)

102.302

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

107.578

3.965

3,8

8.091

8,1

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.641

-574

-8,0

661

11,1

Nº contratos temporais

100.937

4.539

4,7

7.430

7,9

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados (datos provisionais)

996.598

16.721

1,7

22.625

2,32

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS​

Fuente: UGT-Galicia