Máis paro, máis precariedade e menos protección por desemprego

Fecha: 02 May 2016

Os datos da EPA feitos públicos hoxe evidencian, en grandes liñas, máis paro, máis precariedade e menos protección por desemprego. Ademais, en Galicia esta realidade é aínda máis acusada que no resto do Estado. A conxuntura creada, a xuízo de UGT-Galicia, é o resultado das políticas de recortes impostas polos gobernos nestes últimos anos, tanto en Galicia como no resto do Estado, as inxustas reformas laborais impostas e un modelo económico caduco e que non funciona.

Así, UGT-Galicia advirte dos perigos que entraña seguir dirixindo a política económica baixo estas premisas e considera que urxe un cambio de orientación desta política que impulse o emprego de calidade e mellores remuneracións mediante un plan de choque polo emprego e políticas públicas, a ampliación da cobertura aos desempregados e o investimento en políticas activas. Todo elo é necesario para conseguir encarar unha recuperación sostible e duradeira, para todos, logrando a diminución dos niveis de desigualdade e pobreza.

Continuando coa análise dos datos, estes arroxan unha caída da ocupación do 1,1 por cento no primeiro trimestre do ano en relación ao trimestre anterior. Unha baixada máis acusada que no resto do Estado, onde esta foi do 0,36 por cento. De feito, das 64.600 persoas ocupadas menos que se rexistraron no Estado, 11.400 proceden de Galicia, achegando esta Comunidade o 18 por cento da caída da ocupación.

Por sectores, a ocupación contráese en todos, salvo no primario. Baixa dun xeito máis acusado na construción, nun 2,52 por cento, 1.900 persoas ocupadas menos neste sector.

En relación a hai un ano a ocupación medra un 3,4 por cento, dun xeito similar ao resto do Estado, onde a suba foi do 3,29 por cento.

Deste xeito, en Galicia hai, segundo a EPA, 1.021.100 persoas ocupadas, cunha taxa do 43,4 por cento, afastada dos valores do 50 por cento e superiores que se rexistraban antes da crise.

O DESEPREGO MEDRA UN 2,33 POR CENTO. INCREMENTO MÁIS ACUSADO QUE NO RESTO DO ESTADO

O desemprego medrou un 2,33 por cento, 5.200 persoas máis. Dun xeito máis acusado que no resto do Estado, onde esta porcentaxe foi do 0,25 por cento. No ano o paro caeu o 17,35 por cento e no Estado nun 12 por cento. Hai en Galicia 227.900 persoas en situación de desemprego.

UGT-Galicia insiste en que o mercado laboral galego está cada vez máis contraído. Os datos así o evidencian. Continúa a diminución da poboación de 16 ou máis anos, no ano 10.500 menos. Deste total, 3.700 son menores de 25 anos. Cada vez hai menos poboación e idade de traballar. Tamén caen as persoas que desexan incorporarse ao mercado laboral, en 14.200.

Como xa se denunciou en reiteradas ocasións, as familias son as grandes vítimas desta conxuntura. As vivendas nas que todos os activos están no paro son 80.200 en Galicia, fronte ás 44.800 que se rexistraban no ano 2009, un 79 por cento máis.

Pero é que as vivendas sen perceptores de ingresos xa son 38.300, fronte ás 19.700 que había no terceiro trimestre de 2009, cando se comeza a traballar con estas variables. Isto supón un 94,4 por cento máis.

É indubidable que a protección por desemprego neste país está fallando, condenando a miles de familias a situacións límite próximas en moitas ocasións á exclusión social e pobreza. As administracións teñen unha responsabilidade neste senso que deben asumir xa. É insostible continuar con estas cifras de protección. Neste senso, UGT insiste en que urxe ampliar os criterios de acceso ao PAE, así como, facer efectiva a ILP por unha prestación de ingresos mínimos que UGT e CCOO están a impulsar en todo o Estado.

A TAXA DE TEMPORALIDADE XA ESTÁ NO 25 POR CENTO

Por outra banda, a taxa de paro queda no 18,2 por cento en Galicia e no 21 por cento rexistrado no resto do Estado. Entre os menores de 25 anos esta sube ata o 43,4 por cento.

Hai en Galicia 14.700 persoas asalariadas menos que no trimestre anterior, baixando un 1,81 por cento. Caen tanto os asalariados con contrato indefinido como os temporais. En termos interanuais medran en ambos casos pero moito máis os temporais, un 9,21 por cento, que os indefinidos, un 1,14 por cento. De feito, a taxa de temporalidade volve a valores do 25 por cento.

En canto á tan denunciada cronificación do desemprego, cabe subliñar que xa hai 126.700 desempregados que levan máis dun ano nesta situación pero é que 94.800 levan máis de dous anos.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.



 

 


 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.351,1

-2,7

-0,1

-10,5

-0,4

Inactivos

1.102,2

3,6

0,3

3,9

0,4

Homes

474,7

3,6

0,8

9,3

2,0

Mulleres

627,5

0,0

0,0

-5,5

-0,9

Activos

1.249,0

-6,2

-0,5

-14,2

-1,1

Homes

650,8

-4,9

-0,7

-14,4

-2,2

Mulleres

113,3

-1,3

-0,2

0,2

0,0

Ocupados

1.021,1

-11,4

-1,1

33,6

3,4

Homes

536,2

-8,2

-1,5

13,9

2,7

Mulleres

627,5

-3,2

-0,7

19,7

4,2

Asalariados

797,6

-14,7

-1,8

23,6

3,0

Con contrato indefinido

598,3

-6,9

-1,1

6,8

1,1

Homes

311,8

-2,9

-0,9

8,1

2,7

Mulleres

286,4

-4,0

-1,4

-1,4

-0,5

Con contrato temporal

199,3

-7,8

-3,8

16,8

9,2

Homes

91,6

-5,7

-5,9

3,3

3,7

Mulleres

107,7

-2,2

-2,0

13,6

14,5

Parados

227,9

5,2

2,3

-47,8

-17,3

Homes

114,6

3,3

3,0

-28,3

-19,8

Mulleres

113,3

1,9

1,7

-19,5

-14,7

Menores 25 anos

26,8

1,0

3,9

-1,4

-5,0

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

66,7

1,1

1,7

3,6

5,7

Industria

157,9

-1,4

-0,9

4,9

3,2

Construción

73,4

-1,9

-2,5

2,7

3,8

Servizos

723,2

-9,2

-1,3

22,5

3,2

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

38,3

5,50

16,8

2,80

7,9

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

80,2

5,10

6,8

-14,70

-15,5



 

           

%

2016/I

2015/IV

2015/I

Taxa actividade

53,1

58,8

53,5

Homes

57,8

58,2

58,8

Mulleres

48,8

48,9

48,6

Taxa ocupación

43,4

43,9

41,8

Homes

47,6

48,3

46,2

Mulleres

39,6

39,8

37,8

Taxa desemprego

18,2

17,7

21,8

Homes

17,6

17,0

21,5

Mulleres

18,9

18,6

22,2

Menores de 25 anos

43,4

42,5

45,7

Taxa temporalidade

25,0

25,5

23,6

Homes

22,7

23,6

22,5

Mulleres

27,3

27,5

24,6

Fonte: Enquisa de Poboación Activa IGE/INE

Fuente: UGT-Galicia
EPA