Máis do 30 por cento das pensións galegas deben complementarse para alcanzar a mínima

Os datos referidos ás contías das pensións, facilitados polo Instituto Nacional da Seguridade Social, son o fiel reflexo da realidade do mercado laboral galego, marcado pola precariedade, baixos salarios, inestabilidade, unha alta porcentaxe de contratación a tempo parcial involuntaria e un tecido produtivo débil. Todos estes factores conducen, no futuro, a que os traballadores perciban pensións con contías moi baixas que, incluso, nunha alta porcentaxe, superior ao resto do Estado, teñen que complementarse por non acadar nin sequera a pensión mínima. Pero é que no caso das mulleres esta situación agudízase aínda máis, como consecuencia da tan denunciada brecha salarial existente a todo o longo da vida laboral, períodos de inactividade por ter que asumir ao cen por cento as responsabilidades de conciliación laboral e familiar e ter que asumir nunha alta porcentaxe contratos de carácter parcial.

Así, os datos reflicten que Galicia é a segunda Comunidade autónoma coas pensións máis baixas, cunha contía media de 761,53 euros, que sube ata os 864,70 no caso das pensións de xubilación. Só Estremadura, con 752,29 euros, está por debaixo de Galicia.

Estes datos contrastan coa realidade de comunidades como o País Vasco, Madrid, Asturias ou Navarra onde as contías medias superan os 1.000 euros.

Por provincias, Ourense, con 656,90 euros é a que rexistra as pensións máis baixas, seguida de Lugo (674,24 euros), Pontevedra (802,26 euros) e A Coruña (803,23 euros).

A desigualdade, por razón de xénero, do mercado laboral galego queda claramente reflectida tamén nos datos das contías medias das pensións, xa que estas son a fotografía da vida laboral dos traballadores. Deste xeito, a porcentaxe de mulleres que perciben pensións que teñen que ser complementadas por non chegar á mínima ou que cobran xusto a mínima é en Galicia de 39,33 puntos, fronte aos 24,93 por cento dos homes que están nesta situación.

Pero é que en ambos casos a porcentaxe sempre supera á media rexistrada no resto do Estado, que é de 26,27 puntos, fronte aos 32,64 de Galicia.

Así, concretamente, en Galicia o 24,93 por cento dos homes pensionistas perciben pensións complementadas por non chegar ás mínimas ou xusto as mínimas e no caso do resto do Estado a porcentaxe é de 19,56 puntos. Entre as mulleres galegas a porcentaxe é de 39,33 puntos, fronte aos 32,64 do resto do Estado.

De feito, Galicia é a quinta autonomía na que a porcentaxe de pensións complementadas por non chegar a mínimos é máis alta. Os 32 puntos de Galicia contrastan cos 12 puntos do País Vasco.


 

 XUBILACIONTOTAL PENSIÓNS
eurosPensión media
PAÍS VASCO1.287,701.119,02
MADRID1.233,541.067,49
ASTURIAS1.270,221.065,90
NAVARRA1.177,231.033,37
ARAGÓN1.083,33946,23
CANTABRIA1.102,96945,29
CATALUÑA1.057,26935,50
CEUTA1.143,30920,95
CASTELA E LEÓN1.016,70885,74
A RIOXA 981,17874,88
MELILLA1.094,55851,50
CANARIAS987,28835,08
CASTELA A MANCHA960,23833,82
BALEARES957,44833,06
C.VALENCIANA948,79831,03
ANDALUCÍA941,31812,03
MURCIA918,49793,29
GALICIA864,70761,53
ESTREMADURA860,38752,29
TOTAL1.041,15902,31
   
Coruña (A)919,00803,23
Lugo753,68674,24
Ourense719,29656,90
Pontevedra923,50802,26

FONTE: eSTADISS - Estadísticas do INSS


 

 % Pensiones mínimas
 HomesMulleresAmbos sexos
GALICIA24,9339,3332,64
ESPAÑA19,5632,6426,27

FONTE: eSTADISS - Estadísticas do INSS

 

Fuente: UGT-Galicia