Á inapreciable baixada do desemprego en Galicia, súmanselle máis de 130.000 parados que levan máis dun ano na procura de emprego e unha taxa de temporalidade que supera o 25% e segue medrando

Fecha: 28 Ene 2016

A Comisión Executiva de UGT-Galicia insiste en que a tan anunciada e publicitada recuperación económica non chega aos fogares. A ocupación cae, o desemprego baixa de xeito imperceptible, as cifras referidas ás vivendas nas que todos os activos están no paro ou non hai ingresos seguen a ser insostibles, case a metade dos menores de 25 anos están en situación de desemprego, a taxa de temporalidade segue medrando e o número de parados que levan máis dun ano na procura de emprego xa supera as 130.000 persoas.

Neste escenario é imposible falar de recuperación real para as familias e fin da crise para a economía dos fogares galegos.

En canto ás cifras concretas referidas á EPA do cuarto trimestre de 2015 feitas públicas hoxe, estas indican que a ocupación baixou nun 0,63 por cento, mentres que no resto do Estado medrou o 0,25 por cento. Con respecto ao cuarto trimestre de 2014, a ocupación medra en Galicia o 3,2 por cento e no Estado o 2,99 por cento.

Sen ter en conta os anos de crise, non se rexistraban niveis de ocupación tan baixos dende o ano 2002. Así, en Galicia hai 1.032.500 persoas ocupadas, lonxe do 1.200.000 que se rexistraba nos anos 2007 ou 2008, antes da crise. A taxa do ocupación sitúase nesta Autonomía no 43,9 por cento.

Seguindo coa análise, o desemprego baixou nun tímido 0,05 por cento, en relación ao trimestre anterior, un 1,47 por cento no Estado. No ano caeu nun 15,6 por cento, mentres que no Estado a baixada foi do 12,43 por cento. Hai 222.700 persoas en situación de desemprego en Galicia.

O que se evidencia, á vista das estatísticas, é que Galicia ten un mercado laboral cada vez máis contraído. Continúa a diminución da poboación de 16 anos ou máis, no ano 10.700 menos e, deles, 4.000 son menores de 25 anos, cada vez hai menos poboación en idade de traballar, aínda así, as taxas de desemprego continúan a ser elevadísimas. Do 17,74 por cento en Galicia e do 20,9 por cento no Estado. Pero é que entre os menores de 25 anos este indicador sube ata o 42,5 por cento.

En Galicia hai 812.300 persoas asalariadas, 9.100 menos que no terceiro trimestre de 2015. En relación á modalidade de contratación, no trimestre os asalariados con contrato indefinido aumentan tan só o 1,61 por cento e os temporais contráense un 8,3 por cento. En termos interanuais medran ambos, o 9,23 por cento os temporais e o 1,5 por cento os indefinidos.

De feito, a temporalidade sube en 1,38 puntos no último trimestre de 2015 en relación ao último trimestre de 2014, pasando do 24,12 ao 25,5 por cento.

Por sectores, en relación ao trimestre anterior, a ocupación contráese na industria e no colectivo de sen emprego anterior e medra no primario e na construción. Con respecto ao ano anterior, a ocupación medra en todos eles, dun xeito máis incisivo na construción nun 11,4 por cento.

A GRAN LACRA, O PARO DE LONGA DURACIÓN

O paro de longa duración segue a ser un gran problema, con 133.200 persoas que levan máis dun ano na procura de emprego e, destas, 100.800 levan máis de dous anos. Isto acarrea perda de prestacións e que cada día sexan máis as familias que se acheguen a situacións de pobreza e exclusión social.

Dende UGT-Galicia tamén se alerta sobre o feito de que, tradicionalmente, Galicia no relativo ás taxas de desemprego, así como noutros indicadores relacionados co mercado laboral, viña mantendo, historicamente, un diferencial positivo en relación á media rexistrada no Estado. Por exemplo, se no cuarto trimestre de 2009 a taxa de paro era do 12,8 por cento en Galicia no Estado ascendía ao 18,66. É dicir, nesta Autonomía era case seis puntos inferior. Non obstante, obsérvase como no cuarto trimestre de 2015 este diferencial é tan só de 3,16 puntos.

O GOBERNO DA XUNTA NON ESTÁ A SER CAPAZ DE CONSERVAR O DIFERENCIAL POSITIVO QUE MANTIÑA GALICIA EN MATERIA DE DESEMPREGO EN RELACIÓN COA MEDIA ESTATAL

O Sindicato alerta que nestes últimos anos, é evidente, que o Goberno da Xunta non foi capaz de poñer enriba da mesas as medidas necesarias para salvagardar o diferencial positivo que en materia de emprego Galicia viña mantendo en relación á media do Estado.

Dende UGT-Galicia faise fincapé en que de non adoptarse medidas en materia de emprego, que garantan, non só a súa creación, senón que este sexa estable e de calidade, chegará o momento en que esta Comunidade iguale os seus indicadores á media do Estado, confluíndo, polo tanto, co comportamento das comunidades que presentan peores conxunturas en materia de emprego.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.

  

 

 

2015/VIT
miles

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.353,8

-3,5

-0,1

-10,7

-0,5

Inactivos

1.098,6

3,2

0,3

-1,6

-0,1

Homes

471,1

5,7

1,2

2,7

0,6

Mulleres

627,5

-2,4

-0,4

-4,3

-0,7

Activos

1.255,2

-6,7

-0,5

-9,1

-0,7

Homes

655,7

-7,4

-1,1

-8,0

-1,2

Mulleres

111,4

0,7

0,1

-1,1

-0,2

Ocupados

1.032,5

-6,5

-0,6

32,1

3,2

Homes

544,4

-8,1

-1,5

18,7

3,6

Mulleres

627,5

1,6

0,3

13,4

2,8

Asalariados

812,3

-9,1

-1,1

26,2

3,3

Con contrato indefinido

605,2

9,6

1,6

8,8

1,5

Homes

314,7

6,5

2,1

11,3

3,7

Mulleres

290,4

3,1

1,1

-2,7

-0,9

Con contrato temporal

207,1

-18,7

-8,3

17,5

9,2

Homes

97,3

-13,7

-12,3

4,8

5,2

Mulleres

109,9

-4,8

-4,2

12,8

13,2

Parados

222,7

-0,1

0,0

-41,1

-15,6

Homes

111,3

0,7

0,6

-26,7

-19,3

Mulleres

111,4

-0,9

-0,8

-14,5

-11,5

Menores 25 anos

25,8

-2,5

-8,8

-5,6

-17,8

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

65,6

0,6

0,9

2,3

3,6

Industria

159,3

-4,7

-2,9

3,9

2,5

Construción

75,3

2,6

3,6

7,7

11,4

Servizos

732,4

-4,9

-0,7

18,3

2,6

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

32,8

3,10

10,4

2,00

6,5

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

75,1

2,00

2,7

-13,30

-15,0

           

%

2015/IVT

2015/III

2014/IV

Taxa actividade

53,3

53,5

53,5

Homes

58,2

58,8

58,6

Mulleres

48,9

48,7

48,7

Taxa ocupación

43,9

44,1

42,3

Homes

48,3

49,0

46,4

Mulleres

39,8

39,6

38,5

Taxa desemprego

17,7

17,7

20,9

Homes

17,0

16,7

20,8

Mulleres

18,6

18,8

21,0

Menores de 25 anos

42,5

40,4

50,1

Taxa temporalidade

25,5

27,5

24,1

Homes

23,6

26,5

23,4

Mulleres

27,5

28,5

24,9


 

Fuente: UGT-Galicia
EPA