Galicia, a terceira Comunidade na que máis medra o desemprego

Fecha: 27 Abr 2017

UGT-Galicia fai unha lectura moi negativa dos datos da EPA facilitados hoxe que amosan unha suba moi significativa do desemprego en Galicia no primeiro trimestre do ano, moi por riba do que sucede no resto do Estado; un mercado laboral cada vez máis contraído; altos niveis de precariedade nas familias, xa que xa son moitas as que teñen a todos os seus membros no paro e as que non perciben prestacións; un alto nivel de rotación na contratación; unha taxa de parcialidade involuntaria moi elevada; e, de novo, a lacra do paro de longa duración que persiste e xa é un elemento estrutural do mercado laboral galego.

Non fan falta moitos máis datos para constatar que algo segue a fallar no mercado laboral galego e que chegou o momento de que a Xunta active todas as medidas necesarias para garantir unha recuperación do emprego en Galicia real e efectiva, que permita ás familias galegas chegar ao tren da recuperación e non quedar como meras espectadoras.

O único xeito de garantir unha recuperación económica real, efectiva, xusta e duradeira é que o conxunto da cidadanía sexa protagonista da mesma e, para iso, urxe mellorar garantir a creación de emprego suficiente, pero emprego estable con condicións laborais e salarios dignos para todos.

Serán moitas as vías que as administracións terán que abrir para axilizar o camiño da creación de emprego digno para todos pero, xa nun principio, urxe a derrogación das reformas laborais, que tanto dano están facendo, favorecendo empregos e salarios de escasa calidade e dereitos. Tamén urxe revisar os criterios de acceso a programas como o PAE que só deron cobertura a unha cuarta parte dos posibles beneficiarios.

A protección social debe garantirse mellorando a cobertura e reforzando as prestacións por desemprego. E, acompañando esta medida, é fundamental potenciar as políticas activas de emprego desde a Xunta, marcadas polos criterios de austeridade nestes anos e para as que nos orzamentos de 2017 destínanse 209 millóns de euros, cantidade moi afastada dos 378 millóns de euros do ano 2008, antes da crise.

Estas políticas non poden estar orientadas só ás bonificacións á contratación, hai que poñer en marcha medidas de creación de emprego con recursos adicionais para os servizos públicos de emprego que melloren a empregabilidade e a formación, e lograr así a inserción permanente dos desempregados. Todo isto, acompañado dunha revisión das súas políticas no eido industrial que ata o momento non están garantindo unha recuperación real dun sector clave porque deixar o crecemento só en mans do sector servizos non garantirá que se cree emprego suficiente.

15.900 OCUPADOS MENOS E 12.900 PARADOS MÁIS

Entrando nunha análise dos datos facilitados hoxe, apréciase que en Galicia no primeiro trimestre do ano cae a ocupación nun 1,52 por cento, 15.900 ocupados menos, dun xeito máis acusado que no resto do Estado onde a baixada foi do 0,38 por cento. En relación a hai un ano, a ocupación medra nun 1,23 por cento en Galicia pero nun 2,27 por cento no resto do Estado.

Así, as cifras de ocupación en Galicia sitúanse en 1.033.600 persoas, cunha taxa do 44 por cento, aínda moi afastada dos valores previos á crise, superiores ao 50 por cento.

O paro medra no trimestre en Galicia en 12.900 persoas, un 6,33 por cento, moi por riba do 0,41 por cento estatal. De feito, Galicia é a terceira autonomía que experimenta un maior aumento en termos absolutos do desemprego.

Galicia queda así con 217.100 persoas en situación de desemprego e o Estado con 4.255.000.

UN MERCADO LABORAL CADA VEZ MÁIS CONTRAÍDO

Outro dato certamente preocupante é a progresiva diminución da poboación de 16 ou máis anos. 3.800 menos persoas no ano, deles 2.200 menores de 25 anos, o que evidencia que cada vez hai menos poboación en idade de traballar e, polo tanto, un mercado laboral máis contraído. Efecto desánimo e saída de mozos cara outras áreas xeográficas na busca dun futuro mellor parecen estar detrás destas cifras. Esta é unha realidade moi preocupante á que a Xunta debería prestarlle máis atención.

Baixando á realidade das familias galegas, as estatísticas amosan unha realidade, cando menos, preocupante. 73.900 son os fogares galegos con todos os seus activos no paro e 36.800 os que xa non perciben ingresos. En relación ao terceiro trimestre de 2009 ambas variables medran, e moito, nun 65 por cento no primeiro caso e nun 87 por cento no segundo. Detrás disto escóndense moitas dificultades de moitas familias para saír adiante, con situacións próximas ao limiar da pobreza e exclusión social.

Unha análise por sectores indica que a ocupación cae en todos, especialmente na construción, cunha baixada do 5,7 por cento, 4.000 ocupados menos. Nos servizos pérdense 10.000 ocupados, aínda que en termos relativos esta baixada é do 1,4 por cento.

En relación ao mesmo trimestre de 2016, a ocupación recupérase en todos, salvo na construción, cunha diminución do 9,8 por cento, 7.200 ocupados menos.

OS MÁIS MOZOS SOPORTAN UNHA TAXA DE PARO DO 35,5 POR CENTO

Así, a taxa de paro queda en Galicia no 17,4 por cento pero elévase ata o 35,5 por cento no caso dos máis mozos, os menores de 25 anos.

Caen os asalariados no trimestre nun 2,91 por cento, 24.100, en maior medida aínda que o total da ocupación. En relación ao 2016 medra nun 0,44 por cento.

En termos interanuais, eliminando compoñentes estacionais ao comparar períodos homoxéneos, caen os asalariados con contratos indefinidos, nun 0,65 por cento, e medran os temporais nun 3,71 por cento.

A TAXA DE TEMPORALIDADE, DE NOVO, EN VALORES ELEVADÍSIMOS

De feito, dende UGT-Galicia alértase que a taxa de temporalidade volve a valores elevadísimos, do 25,8 por cento, aínda por riba das cifras de hai un ano.

O maior movemento das cifras de asalariados con contratos temporal que con contrato indefinido, tanto no trimestre como en termos interanuais, evidencian os altos niveis de rotación existentes no mercado laboral galego. Incidir en que rotación sempre é igual a precariedade.

O emprego a tempo parcial segue a ser elevado e maioritariamente involuntario, é dicir, os traballadores acóllense a esta modalidade de contratación por non ter posibilidades de acceder a un contrato a tempo completo. A taxa de parcialidade involuntaria é xa do 62,6 por cento. E, do total dos ocupados, un 14 por cento o son con xornadas a tempo parcial.

MÁIS DE 100.000 GALEGOS EN PARO LEVAN DOUS OU MÁIS ANOS NA PROCURA DE EMPREGO

Finalmente, hai que analizar outra das grandes lacras do mercado laboral galego, o paro de longa duración, un problema xa estrutural nesta Comunidade. 119.300 desempregados levan máis dun ano buscando emprego e, deles, 103.000, a maioría, xa levan dous ou máis anos na procura dun posto de traballo.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.





 

 

2017/IT
miles

Variación

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

(miles)

%

(miles)

%

Poboación de 16 e máis anos

2.347,3

-2,0

-0,1

-3,8

-0,2

Inactivos

1.096,6

1,1

0,1

-5,6

-0,5

Homes

472,6

4,8

1,0

-2,1

-0,4

Mulleres

623,9

-3,8

-0,6

-3,6

-0,6

Activos

1.250,8

-3,0

-0,2

1,8

0,1

Homes

472,6

-5,9

-0,9

0,1

0,0

Mulleres

599,9

2,9

0,5

1,7

0,3

Ocupados

1.033,6

-16,0

-1,5

12,5

1,2

Homes

538,9

-15,2

-2,7

2,7

0,5

Mulleres

494,7

-0,8

-0,2

9,8

2,0

Asalariados

801,1

-24,1

-2,9

3,5

0,4

Con contrato indefinido

594,4

-10,8

-1,8

-3,9

-0,7

Homes

305,8

-10,6

-3,4

-6,0

-1,9

Mulleres

288,6

-0,2

-0,1

2,2

0,8

Con contrato temporal

206,7

-13,3

-6,0

7,4

3,7

Homes

96,4

-9,1

-8,6

4,8

5,2

Mulleres

110,2

-4,3

-3,8

2,5

2,3

Parados

217,1

12,9

6,3

-10,8

-4,7

Homes

111,9

9,2

9,0

-2,7

-2,4

Mulleres

105,2

3,7

3,6

-8,1

-7,1

Menores 25 anos

20,9

-0,6

-2,8

-5,9

-22,0

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

76,3

-1,1

-1,4

9,6

14,4

Industria

164,7

-0,8

-0,5

6,8

4,3

Construción

66,2

-4,0

-5,7

-7,2

-9,8

Servizos

726,4

-10,1

-1,4

3,2

0,4

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

36,8

-0,30

-0,8

-1,50

-3,9

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

73,9

4,30

6,2

-6,30

-7,9















%

2017/I

2016/IV

2016/I

Taxa actividade

53,3

53,4

53,1

Homes

57,9

58,4

57,8

Mulleres

49,0

48,7

48,8

Taxa ocupación

44,0

44,7

43,4

Homes

48,0

49,3

47,6

Mulleres

40,4

40,5

39,6

Taxa desemprego

17,4

16,3

18,2

Homes

17,2

15,6

17,6

Mulleres

17,5

17,0

18,9

Menores de 25 anos

35,5

36,6

43,4

Taxa temporalidade

25,8

26,7

25,0

Homes

24,0

25,0

22,7

Mulleres

27,6

28,4

27,3



Fuente: UGT-Galicia
EPA