Galicia ten a taxa de actividade dos mozos e mozas máis baixa do Estado

Neste 12 de agosto, Día internacional da Xuventude, UGT-Galicia reclama medidas específicas para paliar as grandes carencias do mercado laboral xuvenil galego, que xa existían e que se agravaron por mor da COVID-19

Galicia ten a taxa de actividade dos mozos e mozas máis baixa do Estado

A pesares dos poucos mozos e mozas que ten Galicia, o mercado laboral non é capaz de ofrecerlles oportunidades

Santiago, 11 de agosto de 2021.- Co gallo da celebración do Día internacional da Xuventude, que se conmemorará mañá, 12 de agosto, UGT-Galicia presenta unha radiografía do mercado laboral galego centrada nos máis mozos que amosa falta de oportunidades, a pesar de ter Galicia pouca poboación nesta franxa de idade, e as oportunidades que se achegan están na maior parte dos casos marcadas pola precariedade, inestabilidade, baixos salarios, en definitiva, poucas saídas para programar e levar adiante un proxecto vital independente e digno. Neste contexto, UGT-Galicia insta ás administracións, tanto ó Goberno central como á Xunta, a que poñan xa enriba da mesa as medidas necesarias para poñer a andar un mercado laboral en Galicia que ofreza ós máis mozos oportunidades de emprego digno, estable e de calidade, que lles permita afrontar un proxecto vital independente. Xa non hai lugar a máis dilacións. É certo que o mercado laboral en xeral, pero o dos máis mozos, xa amosaba moitas carencias en Galicia antes da pandemia pero coa crise sanitaria estas eivas agudizáronse e deixan aos mozos e mozas galegas que están no mercado laboral ou aos que queiran acceder nunha situación complexa que urxe resolver.

En termos poboacionais, Galicia ten cada ano que pasa menos mozos e mozas (de 16 a 35 anos), cun peso cada vez menor no conxunto de idades. Isto, inicialmente, podería levar a unha interpretación que resulta errónea. Ó existir menos poboación nesta franxa de idade as oportunidades no mercado laboral deberían ser máis e mellores pero isto non é así. Todo o contrario. Os máis mozos son o grupo diana das grandes eivas do mercado laboral galego.

Os mozos e mozas representan o 19,4% do total de idades, a porcentaxe máis baixa dos últimos anos. Contrasta co 27,2% do ano 2009

Hai en Galicia un total de 454.700 mozos e mozas (entre 16 e 35 anos), segundo os últimos datos da EPA, segundo trimestre de 2021. Esta cifra representa o 19,4% sobre o total de idades, a porcentaxe máis baixa dos últimos anos, que contrasta, por exemplo, cos datos do terceiro trimestre de 2009, cando este grupo de poboación representaba o 27,2% sobre o total. Esta porcentaxe, aínda que foi descendendo, mantívose por enriba dos 20 puntos ata o 2018 en que baixou deste limiar e xa non volveu a remontar ata chegar a este segundo trimestre marcando mínimos.

POBOACIÓN DE 16 E MÁIS ANOS POR GRUPOS DE IDADE. GALICIA. Miles de persoas

 

Total

de 16 a 19 anos

de 20 a 24 anos

de 25 a 29 anos

de 30 a 34 35 anos

De 16 a 35 anos

% sobre total idades

2009/III

2.407,6

97,2

143,3

188,4

226,8

655,7

27,2

2010

2.406,9

94,8

138,4

179,4

224,0

636,6

26,4

2011

2.403,5

91,8

133,5

168,9

218,0

612,2

25,5

2012

2.395,2

88,8

129,2

159,2

209,2

586,4

24,5

2013

2.382,3

85,6

125,3

150,3

198,2

559,4

23,5

2014

2.368,6

83,6

121,0

142,3

186,4

533,3

22,5

2015

2.358,2

83,2

117,1

136,3

175,6

512,2

21,7

2016

2.349,8

83,7

113,2

130,8

163,8

491,5

20,9

2017

2.341,9

84,8

110,3

126,8

154,3

476,2

20,3

2017/I

2.347,3

84,4

111,2

128,2

157,5

481,3

20,5

2017/II

2.343,9

84,7

110,6

127,3

155,4

478,0

20,4

2017/III

2.339,9

84,9

109,9

126,3

153,3

474,4

20,3

2017/IV

2.336,3

85,2

109,4

125,4

151,1

471,1

20,2

2018

2.334,0

85,9

108,4

124,2

146,9

465,4

19,9

2018/I

2.334,8

85,5

109,0

124,7

149,3

468,5

20,1

2018/II

2.333,5

85,7

108,6

124,3

147,7

466,3

20,0

2018/III

2.333,4

86,0

108,2

124,0

146,1

464,3

19,9

2018/IV

2.334,3

86,4

107,9

123,7

144,6

462,6

19,8

2019

2.335,3

87,4

108,0

122,2

141,5

459,1

19,7

2019/I

2.333,9

86,8

107,7

123,1

143,2

460,8

19,7

2019/II

2.334,3

87,2

107,9

122,5

142,0

459,6

19,7

2019/III

2.335,9

87,6

108,1

121,9

140,9

458,5

19,6

2019/IV

2.337,1

88,1

108,3

121,3

139,9

457,6

19,6

2020

2.339,0

89,0

109,4

120,1

137,5

456,0

19,5

2020/I

2.338,6

88,6

108,8

120,9

138,9

457,2

19,6

2020/II

2.338,8

88,9

109,2

120,4

138,0

456,5

19,5

2020/III

2339,0

89,2

109,6

119,9

137,0

455,7

19,5

2020/IV

2.339,6

89,4

110,0

119,3

136,1

454,8

19,4

2021/I

2.341,3

91,3

110,4

118,8

135,3

455,8

19,5

2021/II

2.340,5

91,7

110,5

118,1

134,4

454,7

19,4

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

Destes 454.700 mozos e mozas, 255.000 son activos, 198.100 son poboación ocupada menor de 35 anos, 56.900 persoas paradas e 199.800 son persoas inactivas.

POBOACIÓN DE 16 A 34 ANOS EN RELACIÓN CA ACTIVIDADE ECONÓMICA 2º TRIMESTRE 2021

Galicia

Total idades (en miles)

Menores 35 anos (en miles)

% s/ total idades

Total

2.340,5

454,7

19,4

Activos

1.229,1

255,0

20,7

Poboación ocupada

1.076,7

198,1

18,4

Poboación parada

152,4

56,9

37,3

Parados que xa traballaron

138,6

44,9

32,4

Parados que buscan primeiro emprego

13,8

12,1

87,7

Poboación inactiva

1.111,4

199,8

18,0

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

Galicia rexistra a taxa de actividade xuvenil máis baixa do Estado, do 56,1%, fronte ó 63,7% de media ou datos como os de Cataluña ou Madrid, por enriba do 68%

De aquí conclúese un dos datos máis destacable e negativo da análise que hoxe se fai pública. Segundo os datos da EPA deste segundo trimestre de 2021, Galicia rexistra a menor taxa de actividade no Estado entre a súa poboación máis nova (de 16 a 35 anos). Mentres a media do Estado é do 63,7%, esta Comunidade rexistra un 56,1%, moi por debaixo de autonomías como Cataluña ou Madrid, por enriba do 68%, A Rioxa, cun 66,9% ou Baleares co 66,6%. Non obstante, todas as comunidades autónomas superan a porcentaxe de actividade dos mozos e mozas galegos.

TAXA DE ACTIVIDADE DOS MENORES DE 35 ANOS. 2º TRIMESTRE 2021

Total Nacional

63,7

Andalucía

62,7

Aragón

62,8

Asturias, Principado de

57,7

Balears, Illes

66,6

Canarias

59,0

Cantabria

58,7

Castilla y León

59,3

Castilla - La Mancha

64,3

Cataluña

68,1

Comunitat Valenciana

63,1

Extremadura

62,2

Galicia

56,1

Madrid, Comunidad de

68,1

Murcia, Región de

62,1

Navarra, Comunidad Foral de

59,0

País Vasco

61,4

Rioja, La

66,9

Fonte: Encuesta de Población Activa. Instituto Nacional de Estadística – INE


 

A taxa de paro xuvenil sube en Galicia ata o 22%, moi afastada do 12,4% do conxunto de idades. Pero é que esta sube ata o 41,2% no grupo de 16 a 19 anos

Outro dos indicadores máis devastadores do mercado laboral galego é a taxa de paro xuvenil, que se sitúa no 22%, moi afastada do 12,4% do total de idades. E a taxa de emprego é do 43,6%, fronte ao 46% do conxunto de idades.

 

 

Total idades

Menores 35 anos

Taxa de actividade

52,5

56,1

Taxa de emprego

46,0

43,6

Taxa de paro

12,4

22,3

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

Unha análise máis polo miúdo por tramos de idade apunta a que canto máis se baixa en idade, máis se sube en taxa de desemprego. Chegando ao 41,2% no tramo de 16 a 19 anos e ao 32,6% no de 20 a 24 anos.

TAXA DE DESEMPREGO POR GRUPOS DE IDADE DOS MENORES DE 35 ANOS

de 16 a 19 anos

41,2

de 20 a 24 anos

32,6

de 25 a 29 anos

23,5

de 30 a 34 anos

16,7

Menores 35 anos

22,3

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

A dependencia do sector servizos dos máis mozos é do 72,6%. O sector máis azoutado pola crise

Por sectores, destaca a maior dependencia do sector servizos na ocupación para a mocidade, o 72,6%. Hai que lembrar que o de servizos está a ser un sector moi azoutado pola crise, do cal se deduce que esta crise está golpeando especialmente aos máis mozos. Dos datos adxuntos, tamén se deduce a falta de relevo xeracional no sector primario e na construción.

POBOACIÓN OCUPADA POR GRUPO DE IDADE E SECTOR ECONÓMICO. Galicia II Trimestre 2021

 

 

 

 

 

 

 

Total (en miles)

% s/ total idades

Menores 35 anos (en miles)

% s/ Menores 35 anos

% Menores 35 anos s/ total idades

Total

1.076,7

100,0

198,1

100,0

18,4

Agricultura, gandaría, caza e silvicultura

47,0

4,4

5,0

2,5

10,6

Pesca e acuicultura

19,2

1,8

1,9

1,0

9,9

Industria

168,8

15,7

36,2

18,3

21,4

Construción

78,2

7,3

11,3

5,7

14,5

Servizos

763,5

70,9

143,8

72,6

18,8

 

 

 

 

 

 

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE


 

O 20,14% dos mozos traballan a tempo parcial, máis de 6 puntos por enriba do conxunto de idades. Pero a parcialidade supera os 62 puntos no grupo de 16 a 19 anos

A parcialidade tamén tingue o mercado laboral dos máis mozos en Galicia. De feito, o 20,1% da mocidade traballa a tempo parcial, fronte ao 13,7% do conxunto de idades. E isto hai que contextualizalo nunhas porcentaxes de parcialidade involuntaria de 57,8 puntos (dato estatal porque non se dá a nivel de Galicia). A parcialidade faise máis evidente no grupo de 16 a 19 anos, subindo ata o 62,1% e no de 20 a 24, do 34,1%.


 

POBOACIÓN OCUPADA POR TIPO DE XORNADA E GRUPOS DE IDADE. GALICIA.

II Trimestre 2021 Miles de persoas

 

 

 

 

 

 

Total

Completa

Parcial

% parcial

Total

1.076,7

929,6

147,1

13,7

de 16 a 19 anos

2,9

1,2

1,8

62,1

de 20 a 24 anos

29,3

19,2

10

34,1

de 25 a 29 anos

69,3

54,9

14,4

20,8

de 30 a 34 anos

96,6

82,9

13,7

14,2

16 a 34 anos

198,1

158,2

39,9

20,1

 

 

 

 

 

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

A metade das persoas asalariadas menores de 35 anos en Galicia teñen contrato temporal, fronte ó 24,2% do conxunto de idades

Outra variable que amosa o precario mercado laboral que se atopan os mozos e mozas galegos é a temporalidade na contratación. Se o 20% de toda a poboación asalariada é menor de 35 anos, de toda a poboación asalariada con contrato temporal, un 42,4% son mozos. Dos 179.300 asalariados e asalariadas menores de 35 anos, o 50% teñen contratos temporais, o 24,2% no conxunto de idades.

POBOACIÓN ASALARIADA SEGUNDO GRUPOS DE IDADE E TIPO DE CONTRATO. GALICIA.

II Trimestre 2021 Miles de persoas

 

 

 

 

Total

de 16 a 34 anos

 

 

 

Total

867,0

179,3

Contrato indefinido

657,4

90,4

Contrato temporal

209,6

88,9

Taxa de temporalidade

24,2

49,6

Fonte: Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

A fenda salarial para os menores en Galicia (de 25 a 34 anos) é de case 21 puntos

Unha das consecuencias máis evidentes destas variables son os baixos salarios. As persoas menores de 25 anos perciben de media ao ano un salario de 12.270,40 euros, fronte aos 24.395,98 euros que perciben o conxunto das idades, o que supón unha diferenza de 12.125,58 euros e da lugar a unha brecha salarial do 49,7%. As persoas de entre 25 e 34 anos cobran ao ano de media 19.563,03 euros, 4.832,95 euros menos que o conxunto das idades, unha brecha de 19,8%.

En Galicia cos datos do tramo de 25 a 34 anos a fenda é do 20,7%. As persoas menores de 25 a 34 anos perciben de media ao ano un salario de 17.580,05 euros, fronte aos 22.177,40 euros que perciben o conxunto das idades, o que supón unha diferenza de 4.597,35 euros e da lugar a unha brecha salarial do 20,7%.

 

GANANCIA MEDIA ANUAL

2019

Salario medio anual

Diferenza sobre todas as idades

Brecha

Todas as idades (dato Estado)

24.395,98

---

---

Menos de 25
anos

12.270,40

12.125,58

49,7%

De 25 a 34 anos

19.563,03

4.832,95

19,8%

Todas as idades (dato Galicia)

22.177,40

 

 

Menos de 25
anos

---

---

---

De 25 a 34 anos

17.580,05

4.597,35

20,7%

Fonte: Enquisa anual de estrutura salarial. INE


 

Por todo isto, UGT-Galicia denuncia que o alto nivel de desemprego e a mala calidade do emprego son os principais trazos que definen a precariedade laboral da xuventude, que se agudizou aínda máis con esta crise. As políticas de emprego que se viñeron desenvolvendo foron deficientes e non conseguiron reverter un mercado laboral xa mancado que está a afrontar con moitas dificultades esta nova crise por mor da COVID-19, aínda máis entre os máis mozos.

Ante esta situación, UGT-Galicia insta á Xunta a que articule medidas de choque no contexto do mercado laboral xuvenil que palíen a actual situación pero que vaian máis aló para crear un mercado laboral para os mozos e mozas galegas estable, con dereitos e digno.

Fuente: UGT-Galicia