Galicia, entre as catro comunidades coa taxa de actividade dos mozos e mozas máis baixa do Estado e cunha taxa de desemprego de 18 puntos

A reforma laboral fixo posible que a porcentaxe de contratos indefinidos entre os mozos pasase do 7,7% no 2021 ao 32,6% no 2023. UGT-Galicia aposta polo diálogo e concertación para chegar a novos acordos que melloren o resto das variables
 
Os mozos e mozas galegas sofren unha fenda salarial de 20 puntos co conxunto de idades e de 14 puntos en relación co resto de mozos e mozas do Estado

Co gallo da celebración do Día internacional da Xuventude, que se conmemorará o 12 de agosto, UGT-Galicia fai pública unha radiografía do mercado laboral galego centrada nos máis mozos que amosa falta de oportunidades, a pesar de ter Galicia pouca poboación nesta franxa de idade, que se reflicte en taxas de actividade moi baixas, altos índices de desemprego e baixos salarios. Aínda que si hai unha variable que está a mellorar, a da temporalidade, grazas á reforma laboral que segue a dar os seus froitos e está a permitir que a contratación indefinida mellore tamén neste sector da poboación. Precisamente, UGT-Galicia considera que este é o camiño, o do diálogo e concertación para chegar a novos acordos que vaian na liña de mellora do mercado laboral en xeral e tamén de todo o que afecta aos máis mozos. E isto é algo que o Sindicato lle esixe tanto ao Goberno da Xunta como ao central.

En termos poboacionais, Galicia ten cada ano que pasa menos mozos e mozas (de 16 a 29 anos), cun peso cada vez menor no conxunto de idades. Hai dende o ano 2010 unha perda de 87.300 persoas que se enmarcan na franxa da idades de entre 16 e 29 anos, o que, en termos relativos, supón unha perda do 21%, fronte ao conxunto de idades, onde a perda foi do 2%.

Se no 2010 a mocidade tiña un peso sobre o total de idades do 17,1%, no 2023 esta porcentaxe cae ao 13,8%. Hai en Galicia un total de 325.300 mozos e mozas (16-29 anos), segundo os datos da media anual de 2023.

Isto, inicialmente, podería levar a unha interpretación que resulta errónea. Ó existir menos poboación nesta franxa de idade as oportunidades no mercado laboral deberían ser máis e mellores pero isto non é así. Todo o contrario. Os máis mozos son o grupo diana das grandes eivas do mercado laboral galego.

Poboación de 16 e máis anos total e mocidade Galicia

 


 

Total

de 16 a 19 anos

de 20 a 24 anos

de 25 a 29 anos

De 16 a 29 anos

% de 16 a 29 anos s/ total idades

2010

2.406.900

94.800

138.400

179.400

412.600

17,1

2011

2.403.500

91.800

133.500

168.900

394.200

16,4

2012

2.395.200

88.800

129.200

159.200

377.200

15,7

2013

2.382.300

85.600

125.300

150.300

361.200

15,2

2014

2.368.600

83.600

121.000

142.300

346.900

14,6

2015

2.358.200

83.200

117.100

136.300

336.600

14,3

2016

2.349.800

83.700

113.200

130.800

327.700

13,9

2017

2.341.900

84.800

110.300

126.800

321.900

13,7

2018

2.334.000

85.900

108.400

124.200

318.500

13,6

2019

2.335.300

87.400

108.000

122.200

317.600

13,6

2020

2.339.000

89.000

109.400

120.100

318.500

13,6

2021

2.344.400

90.900

109.900

117.800

318.600

13,6

2022

2.349.100

92.500

111.900

116.300

320.700

13,7

2023

2.358.800

94.800

114.900

115.600

325.300

13,8

Var,. 2023/2010

-48.100

0

-23.500

-63.800

-87.300


 

Var. % 2023/2010

-2,0

0,0

-17,0

-35,6

-21,2


 

2024/I

2.368.000

96.900

117.100

115.900

329.900

13,9

2024/II


 


 


 


 


 


 

IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 

I.G.E. - Instituto Galego de Estatística

 

 

Destes 325.300 mozos e mozas, 156.700 son activos, 128.200 son poboación ocupada menor de 30 anos, 28.400 persoas paradas e 168.600 son persoas inactivas.


POBOACIÓN DE 16 A 29 ANOS EN RELACIÓN CA ACTIVIDADE ECONÓMICA 2023


 

Total

De 16 a 19 anos

De 20 a 24 anos

De 25 a 29 anos

De 16a 29 anos

% de 16 a 29 anos s/ total

Total

2.358.800

94.800

114.900

115.600

325.300

13,8

Activos

1.250.000

7.700

53.700

95.300

156.700

12,5

Poboación ocupada

1.128.500

5.000

41.200

82.000

128.200

11,4

Poboación parada

121.400

2.700

12.400

13.300

28.400

23,4

Parados que xa traballaron

111.000

1.200

8.100

11.100

20.400

18,4

Parados que buscan primeiro emprego

10.400

1.500

4.300

2.200

8.000

76,9

Poboación inactiva

1.108.800

87.100

61.200

20.300

168.600

15,2

IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 


 Galicia está entre as catro comunidades autónomas coa taxa de actividade xuvenil máis baixa do Estado, do 47,2%, fronte ó 53,8% de media ou datos como o de Cataluña, por enriba do 62%

De aquí conclúese un dos datos máis destacable e negativo da análise que hoxe se fai pública. Segundo os datos da EPA (dato do cuarto trimestre de 2023), Galicia rexistra a cuarta menor taxa de actividade no Estado entre a súa poboación máis nova (de 16 a 29 anos), sendo menor tan só en Asturias, Cantabria e igualada con Estremadura. Mentres a media do Estado é do 53,8%, esta Comunidade rexistra un 47,2%, moi por debaixo de autonomías como Cataluña, por enriba do 62%.

Poboación de 16 a 29 anos. Datos EPA 4º trimestre de 2023

Datos elaboración propia a partir de datos Estadística Injuve – Observatorio de la Juventud en España

4º trimestre 2023

Taxa de actividade

Taxa de emprego

Cantabria

42,5

36,2

Asturias

45,7

34,9

Extremadura

47,1

35,2

Galicia

47,2

39,5

Murcia

48,5

36,8

Castilla y León

49,0

39,0

La Rioja

49,3

39,3

Andalucía

50,0

34,7

Castilla La Mancha

50,8

40,9

País Vasco

51,3

44,9

Baleares

51,4

40,3

Navarra

51,5

43,1

Estado

53,8

42,4

Aragón

54,2

45,2

Comunidad Valenciana

55,2

43,7

Madrid

56,3

46,5

Canarias

57,4

42,6

Cataluña

62,1

50,9



A taxa de paro xuvenil sube en Galicia ata o 18,1%, moi afastada do 9,7% do conxunto de idades. Pero é que esta sube ata o 35,1% no grupo de 16 a 19 anos

Outro dos indicadores máis devastadores do mercado laboral galego é a taxa de paro xuvenil, que se sitúa no 18,1%, moi afastada do 9,7% do total de idades.


 

Total

De 16 a 19 anos

De 20 a 24 anos

De 25 a 29 anos

De 16 a 29 anos

Taxa de actividade

53,0

8,1

46,7

82,4

48,2

Taxa de ocupación

47,8

5,3

35,9

70,9

39,4

Taxa de paro

9,7

35,1

23,1

14,0

18,1

Fonte: Elaboración propia Enquisa de poboación Activa. Instituto Galego de Estatística - IGE

Unha análise máis polo miúdo por tramos de idade apunta a que canto máis se baixa en idade, máis se sube en taxa de desemprego. Chegando ao 35,1% no tramo de 16 a 19 anos; ao 23,1% no de 20 a 24 anos; e do 14% no de 25 a 29 anos.

A dependencia do sector servizos dos máis mozos é do 77,9%. UGT-Galicia alerta da falta de relevo xeracional no sector primario e na construción

Por sectores, destaca a gran dependencia do sector servizos na ocupación da mocidade, o 77,9%. Dos datos adxuntos, tamén se deduce a falta de relevo xeracional no sector primario e na construción.

Poboación ocupada mocidade, total idades e sector económico


 

Total idades

De 16 a 29 anos

% mocidade s/ total idades

Distribución % total idades

Distribución % mocidade

Total

1.128.500

128.300

11,4

100,0

100,0

Agricultura e pesca

74.100

5.500

7,4

6,6

4,3

Industria

168.200

16.400

9,8

14,9

12,8

Construción

77.300

6.400

8,3

6,8

5,0

Servizos

809.000

100.000

12,4

71,7

77,9

IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 

I.G.E. - Instituto Galego de Estatística


O 26,6% dos mozos traballan a tempo parcial, case 13 puntos por enriba do conxunto de idades. Pero a parcialidade chega aos 54 puntos no grupo de 16 a 19 anos

A parcialidade tamén tingue o mercado laboral dos máis mozos en Galicia. De feito, o 26,6% da mocidade traballa a tempo parcial, fronte ao 14,1% do conxunto de idades. E isto hai que contextualizalo nunhas porcentaxes de parcialidade involuntaria do 51,2% (elaboración propia a partir de microdatos da EPA de todos os trimestres de 2023).

A parcialidade faise máis evidente no grupo de 16 a 19 anos, subindo ata o 54%, e no de 20 a 24, do 36,2%. De feito, de toda a poboación con contrato a tempo parcial, un 21,5% son persoas de entre 16 e 29 anos, cando este indicador no total da poboación ocupada representa o 11,4%. Ademais, de toda a poboación ocupada con xornada a tempo completo, tan só un 9,7% é poboación nova.


 

Poboación ocupada por tipo de xornada, total idades e mocidade Galicia 2023 


 

Total

Completa

Parcial

Taxa de parcialidade

Total idades

1.128.500

969.700

158.900

14,1

de 16 a 19 anos

5,000

2.300

2.700

54,0

,de 20 a 24 anos

41,200

26,300

14,900

36,2

de 25 a 29 anos

82,000

65,500

16,500

20,1

de 16a 29 anos

128,200

94.100

34.100

26,6

% s/ total idades

11,4

9,7

21,5


 

IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 

I.G.E. - Instituto Galego de Estatística


Aínda que a reforma laboral continúa a dar os seus froitos, a temporalidade, aínda que mellora, segue a afectar máis aos mozos e mozas. Se o 12,9% de toda a poboación asalariada é menor de 30 anos, de toda a poboación asalariada con contrato temporal, un 29,7% son mozos e na duración indefinida tan só representan o 9,5%. Dos 118.300 asalariados e asalariadas menores de 30 anos, o 38,46% teñen contratos temporais, o 16,7% no conxunto de idades.

Poboación asalariada por tipo de contrato ou relación laboral


 


 

Total

Duración indefinida

Temporal

Taxa de temporalidade


 

Mocidade

118.300

72.800

45.500

38,46


 

Total idades

918.500

765.200

153.200

16,68

% mocidade s/ total idades

12,9

9,5

29,7


 

IGE-INE. Enquisa de poboación activa Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 



 Evolución taxa de temporalidade e reformas laborais

Poboación asalariada entre 16 e 29 anos por tipo de contrato ou relación laboral


 

Total

De duración indefinida

Temporal

Taxa de temporalidade

2009/III

192.700

92.300

100.500

52,2

2009/IV

180.100

89.900

90.200

50,1

2010

161.000

78.300

82.700

51,4

2011

142.000

66.400

75.600

53,2

2012

127.000

62.200

64.800

51,0

2013

111.900

53.600

58.300

52,1

2014

103.400

45.300

58.100

56,2

2015

101.800

40.200

61.500

60,4

2016

106.900

41.900

64.900

60,7

2017

110.500

40.500

70.000

63,3

2018

111.100

43.300

67.800

61,0

2019

111.900

44.100

67.800

60,6

2020

99.200

43.900

55.300

55,7

2021

99.500

38.500

60.900

61,2

2022

105.700

54.500

51.200

48,4

2023

118.300

72.800

45.500

38,5

2024/I

113.700

77.800

36.000

31,7

2024/II


 


 


 


 

IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 

I.G.E. - Instituto Galego de Estatística

 

A reforma laboral pretende recuperar un futuro digno para a xuventude. No 2001 o 7,7% dos contratos rexistrados entre os mozos eran indefinidos, no 2003 a porcentaxe subiu ata o 32,6%

Grazas á reforma laboral, cos datos de contratación rexistrada no SEPE no ano 2023, compróbase un claro reponte da contratación de modalidade indefinida, especialmente significativa no caso dos menores de 30 anos. Así, neste colectivo, se no 2021 tan só o 7,7% dos contratos eran indefinidos, no 2023 a porcentaxe elevouse ao 32,6% dos preto de 250.000 (249.182) contratos rexistrados. Unha mellora substancial.

Contratación rexistrada


 

2021

2023

Contratos indefinidos

10.940

72.446

Contratos temporais

269.787

167.828

Total contratos iniciais

280.727

240.274

Conversións indefinidos

11.703

8.908

Total contratos

292.430

249.182

% indefinidos

7,7%

32,6%

Fonte: Elaboración propia a partir datos da Estatística de contratos do SEPE


A fenda salarial para os menores en Galicia (de 25 a 34 anos) é de máis de 20 puntos, en relación ao conxunto de idades, e de 14 en relación ao mesmo grupo de idade no resto do Estado

Unha das consecuencias máis evidentes destas variables son os baixos salarios. Isto trae como consecuencia importantes brechas salariais dos mozos galegos en relación ao conxunto de idades pero tamén dos mozos galegos en relación cos mozos do resto do Estado.

As cifras están aí, son referidas ao ano 2022, último dato dispoñible, e a fonte é a Enquisa cuadrienal de estrutura salarial. No conxunto do Estado as persoas de entre 25 e 34 anos cobraron no 2022 ao ano de media 22.484,94 euros, fronte aos 19.310,44 que percibiron os galegos deste mesmo grupo de idade, o que supón unha brecha dun 14,1%. Isto quere dicir que, en materia salarial, se os mozos do conxunto do Estado están en peores condicións, en Galicia esta situación aínda se agudiza máis.

E cal é o balance en materia salarial da situación dos mozos galegos en relación co resto de idades en Galicia? Pois tamén moi negativo. Como xa se indicaba en parágrafos precedentes, os mozos galegos (25-34 anos) perciben ao ano de media 19.310,44 euros, mentres que no conxunto de idades esta cifra ascende aos 24.169,68 euros. Isto trasládase nunha brecha do 20,1%.

GANANCIA MEDIA ANUAL 

2022

Salario medio anual

Diferenza (respecto Dato de 25 a 34 anos Galicia)

Brecha (respecto Dato de 25 a 34 anos Galicia)

De 25 a 34 anos (Estado)

22.484,94

3.174,5

14,1

Todas as idades (Galicia)

24.169,68

4.859,24

20,1

De 25 a 34 anos (Galicia)

19.310,44


 


 

Enquisa cuadrienal de estrutura salarial (2022)

O 76,6% dos mozos e mozas galegas (18 a 29 anos) aínda vive cos seus pais

De todo o analizado anteriormente, ao que lle hai que sumar as dificultades para o acceso a unha vivenda digna, derívanse, evidentemente, dificultades para a emancipación dos mozos e mozas galegos. Así, segundo datos de elaboración propia en base aos que facilita o IGE (Enquisa estrutural de fogares), o 77% dos mozos e mozas galegas de entre 18 a 29 anos aínda vive cos seus pais, porcentaxe que sube ata o 90,97% na franxa de 18 a 24 anos. Tamén é moi significativo o dato de que tan só o 5,8% de todos os fogares de Galicia están compostos na súa totalidade por persoas menores de 35 anos.

A resignación non é unha opción. Traballando, hai posibilidades de mellora do mercado laboral xuvenil, e así o está a demostrar a reforma laboral

Un ano máis, este 12 de agosto, e todos os días do ano, hai que denunciar que os mozos e mozas galegas soportan dun xeito máis incisivo que o conxunto de idades as grandes lacras do mercado laboral galego, desemprego, baixas taxas de actividade, baixos salarios e precariedade. Non obstante, UGT-Galicia insiste en que a resignación non é unha opción e hai posibilidades de mellora, como así o está a demostrar a reforma laboral, froito do diálogo social, que está a dar os seus resultados no conxunto de idades diminuíndo a temporalidade e tamén entre os máis mozos. Así, como xa se apuntaba en parágrafos precedentes, se no 2021 o 7,7% dos contratos rexistrados entre os mozos eran indefinidos, no 2023 este indicador sobe ata o 32,6%. Grazas á reforma laboral.

Por todo isto, UGT-Galicia apela ao diálogo social, tanto a nivel estatal como en Galicia, para seguir abrindo vías de traballo que permitan chegar a acordos que vaian na mesma liña para mellorar as taxas de emprego, a actividade dos máis mozos e os seus salarios. O que demostran as estatísticas é que as políticas de emprego que se viñeron desenvolvendo foron deficientes e non conseguiron reverter un mercado laboral xa mancado que tivo que afrontar con moitas dificultades as crises que se sucederon nos últimos anos, aínda máis entre os máis mozos.

En relación cos baixos salarios, é necesario seguir aplicando políticas na liña de seguir contendo a inflación e protexer as rendas salariais, controlar os prezos marcados por determinadas empresas e estar vixiantes coa aplicación do Acordo de Negociación Colectiva.

No relativo ao desemprego, resulta evidente que urxen Políticas Activas de Emprego, das que ten competencia a Xunta, realmente eficaces e personalizadas en función das necesidades particulares das persoas desempregadas.

No ámbito do Estado, neste aspecto, o Real Decreto que regula a Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego e os servizos garantidos, aprobado o 30 de abril sen Diálogo Social, non dá unha resposta á altura da situación, pois non establece eficazmente a obrigatoriedade da prestación destes servizos por todas as Administracións territoriais: non regula detalladamente o seu contido, nin establece un plan de actuación que permita o seu cumprimento ao longo do tempo, entre outras cuestións. Ademais, para asegurar a súa prestación, é necesario elevar o número de persoas que realizan estes servizos e mellorar as súas condicións laborais, así como asegurar que o seu financiamento teña carácter finalista, garantindo o seu debido cumprimento e non quedando supeditada ás decisións e necesidades de cada SPE.

Paralelamente, é imprescindible que se adopten as medidas para reducir o subemprego (esencialmente, tempo parcial involuntario e posible abuso dos fixos descontinuos), que constitúe a principal causa dos reducidos ingresos que obteñen miles de persoas traballadoras e, por tanto, da pobreza laboral.

Pero hai outro problema que a Administración galega debe atallar xa, o goteo continuo de perda poboacional que está a afectar dun xeito moi incisivo aos máis mozos. A falta de oportunidades, de expectativas, o desánimo fai que os máis mozos busquen o seu futuro noutros puntos xeográficos, dentro do propio Estado, ou fóra. E aquí é onde a Administración galega debe artellar os instrumentos necesarios para facer de Galicia un territorio con oportunidades laborais, en materia de vivenda, de servizos e infraestruturas atractiva para que os mozos e mozas galegos decidan quedar na terra e afrontar aquí o seu proxecto vital.

Ademais, requírese seguir na liña de implementar actuacións en materia de xustiza social, ampliando a contía e cobertura das prestacións sociais para evitar abrir novas brechas de desigualdade e pobreza. Políticas que son necesarias non só no plano social, senón tamén no económico, ao soster a demanda interna da economía e a actividade das empresas creando un escenario favorable para que a reforma laboral poida espremer ao máximo todo o seu potencial xerando emprego estable e de calidade.

Tamén urxe completar a reforma do despedimento, que continúa sen adecuarse á Carta Social Europea Revisada. Para que o emprego indefinido conte con verdadeiras garantías, é necesario que a indemnización por despedimento adquira un carácter disuasorio e resarcitorio, recuperando tamén os salarios de tramitación. Iso desprazaría ao despedimento como a última das opcións posibles para o empregador, fomentando outras alternativas, como a formación e a recolocación, que son moito máis beneficiosas para ambas as partes, xa que contribúen a elevar a produtividade, reducen custos e dotan á persoa traballadora dun extra de seguridade laboral, moi necesario para poder ter en consideración proxectos de vida a máis longo prazo.

 



 

Fuente: UGT-Galicia