As galegas cobran un 23,4 por cento menos que os homes, máis de 5.000 euros menos ao ano

No encontro cos medios de comunicación Mónica Rodríguez fixo unhaanálise minuciosa de varias estatísticas que inciden nesta lacra domercado laboral que, ano tras ano, se ven denunciando dendeUGT-Galicia pero que continúa e, nalgúns eidos, agudízase.

Así,segundo a Enquisa anual de salarios (do ano 2013, publicada en xuñode 2015), a brecha salarial entre homes e mulleres en Galicia é do23,4 por cento, o que implica que, para unha muller, en termossalariais, o ano non remata o 31 de decembro, senón que para poderpercibir o mesmo salario que un home, as mulleres terían quetraballar 85 días máis que os homes ao ano, ata o 26 de marzo.Dende que comezou a crise, no ano 2008, esta porcentaxe incrementouseen 2,3 puntos.

A LENTITUDE DO RITMO DE REDUCIÓN DA BRECHA, PROVOCA QUE SEXAN NECESARIOS UNS 70 ANOS PARA LOGRAR A IGUALDADE

Seesta realidade se traslada a toda unha vida laboral, tomando comobase 36 anos cotizados, suporía, 9 anos máis de traballo para unhamuller para percibir as mesmas cantidades por traballo de igualvalor. De feito, se continúa o ritmo actual na redución da brechasalarial, que é demasiado lento, habería que agardar uns 70 anospara lograr a igualdade, segundo a Declaración da Comisión Europea.

Afondando nesta realidade, as estatísticas indican que a diferenzaretributiva anual entre homes e mulleres en Galicia foi no 2013 de5.264,34 euros, o que supón, en relación ao ano 2008, un incrementode 805 euros.

AS MULLERES EN GALICIA DEIXARON DE PERCIBIR 2.505 MILLÓNS DE EUROS COMO CONSECUENCIA DA BRECHA SALARIAL

Que supón a brecha salarial traducida en euros?. Pois 2.505 millónsde euros. E isto deixando á marxe o que suporía en euros o traballonon retribuído das mulleres no eido familiar.

Sese dotara de valor económico ó emprego do tempo nasresponsabilidades familiares e domésticas aumentaría a brechasalarial. Segundo a Enquisa de Emprego do Tempo 2009/2010 do INE, aporcentaxe de mulleres galegas que empregan tempo no coidado do fogare da familia é do 94,1 por cento e destinan unha media de 4 horas e31 minutos, mentres que no caso dos homes redúcese a 2 horas e 40minutos. Con estes datos pódese concluír que as mulleres galegasdedican de media 84 días máis ao ano que os homes ao fogar e áfamilia, que non son retribuídos, que pasan a ser 169 se se llesuman os derivados da brecha salarial. Se se ten en conta que osalario medio por hora traballada é de sete euros, as horasinvertidas non remuneradas das mulleres galegas nun ano serían 6.910millóns de euros.

Territorialmente, se se fai unha comparativa co resto das comunidadesautónomas, as mulleres galegas tamén saen perdendo, xa que percibenun 11,6 por cento (2.256 euros menos ao ano) menos de salario anualque a media das mulleres do conxunto do Estado. De feito, Galicia éa cuarta comunidade autónoma onde o salario anual medio das mulleresé máis baixo.

POR HORA TRABALLADA, AS MULLERES GALEGAS SON, TRAS AS CÁNTABRAS, AS QUE MENOR RETRIBUCIÓN PERCIBEN

Para facer as comparativas, se se atende a unha variable noncondicionada nin pola temporalidade nin pola contratación a tempoparcial, é dicir, a ganancia por hora normal traballada, as mulleresgalegas saen perdendo con creces, xa que son as segundas de todo oEstado, só superadas polas cántabras, que menor retribución porhora perciben. Concretamente, 11,39 euros, fronte aos 13,21 euros demedia no Estado. Este valor, no caso dos homes galegos é de 13,61euros. Neste caso, a brecha salarial é de 16,3 puntos.

No eido da UE, a brecha salarial por hora normal traballada é trespuntos superior en España á media comunitaria. De feito, España éo país da UE coa brecha salarial en contratos a tempo parcial máisalta de toda Europa, cun 33,7 por cento. Cuestión que repercutedobremente nas mulleres, xa que o 24,3 por cento do total de mullerestraballadoras teñen un contrato a tempo parcial, fronte ao 7,8 porcento dos homes, e do total dos contratos a tempo parcial un 72,21por cento son desempeñados por mulleres.

Segundo os datos da Axencia Estatal da Administración Tributaria, noseu traballo “Mercado de traballo e pensións nas fontestributarias”, publicado en novembro de 2015, en todas as ramas deactividade os salarios das mulleres son inferiores aos dos homes.Aínda así, as maiores diferencias constátanse na rama de “Servizosás empresas”. Un sector no que, ademais, son maioría as mulleres,o 55,6 por cento do total, pero perciben un salario un 32 por centomáis baixo que o dos homes.

As menores diferenzas danse na “Construción e actividadesinmobiliarias” e “Servizos sociais”, un 4,3 e un 16,8 porcento de brecha salarial, respectivamente. O que acontece no caso daconstrución ten unha explicación lóxica, o número de mulleres éescaso e está, sobre todo, en postos técnicos ou de xestión,normalmente mellor retribuídos. No caso dos servizos sociais porquenestes existe un gran peso de emprego público e, polo tanto, menordiscriminación.

A BRECHA SALARIAL NO SECTOR PÚBLICO É DO 12,6 POR CENTO, FRONTE AO29,8 POR CENTO DAS EMPRESAS PRIVADA

Precisamente, neste último aspecto, detéctanse grandes diferenzasen materia de brecha salarial entre o sector público e o privado. Noprimeiro caso esta é do 12,6 por cento, fronte ao 29,8 por centorexistrado nas empresas privadas.

Outro dato que arroxa a Enquisa anual de estrutura salarial (INE) éque canto maior sexa a temporalidade na contratación, menor é abrecha salarial. Así, a brecha no caso dos contratos indefinidos édo 24,8 por cento e nos contratos de duración determinada non superao 13,7 por cento.

OS COMPLEMENTOS SALARIAIS CONTRIBÚEN A INCREMENTAR AS DESIGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES

Son moitas as variables que explican o diferencial salarial entrehomes e mulleres pero un dos puntos clave para entender estarealidade está nos complementos salariais. En Galicia, do total dosalario bruto, no caso das mulleres o 72,67 por cento é salariobase, fronte ao 67,88 por cento no caso dos homes. UGT-Galiciaconsidera que actuando sobre estes podería reducirse en boa medidana desigualdade salarial entre homes e mulleres e máis tendo enconta que en moitas ocasións estes complementos non se basean encuestións obxectivas cuantificables.

Tomando como barreira o Salario Mínimo Interprofesional (SMI), o 36por cento das mulleres teñen ingresos inferiores ou iguais ao SMI,fronte ao 26,7 por cento dos homes, segundo a AEAT no 2014. Se, polacontra, se fai unha análise dos salarios máis elevados, o 6,3 porcento dos homes tiveron salarios cinco veces superiores ao SMI,fronte ao 2,8 por cento das mulleres. Resulta moi significativo que,das 4.005 persoas que en Galicia cobran máis de 10 veces o SMI, tansó 607 son mulleres.

En todos os tramos de idades a ganancia media anual sempre ésuperior entre os homes.

AS MULLERES COBRAN PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO UN 18,2 POR CENTO MÁIS BAIXAS QUE AS DOS HOMES

Pero, que ocorre cando a muller non traballa, senón que ébeneficiaria dunha prestación por desemprego?. Pois o mesmo, porqueesta situación é un claro reflexo do que ten acontecido na súavida laboral. As mulleres beneficiarias de prestación por desempregoson menos e a contía desta prestación tamén é inferior á doshomes, nun 18,2 por cento.

A crise económica está a amosar que os niveis insostibles dedesemprego non se ven compensados por unha cobertura social axeitadae máis no caso das mulleres. De todo isto derívanse situacións derisco de exclusión social e vulnerabilidade moito máis acusadas queno caso dos homes. Aquí non se pode esquecer ás case 26.821traballadoras do anterior réxime especial do fogar da SeguridadeSocial (agora integradas no réxime xeral como un sistema especial)que non teñen dereito a desemprego.

O mesmo sucede coas pensións. 402.629 mulleres pensionistas galegasviven cun importe medio de 583,22 euros. No caso das pensións dexubilación, estas son un 38 por cento inferiores ás dos homes.Mentres o importe medio no caso das mulleres é de 617,99 euros, nocaso dos homes é de 997,18 euros.

Neste senso, outro dato moi significativo é que das persoasbeneficiarias de pensións de xubilación non contributivas daSeguridade Social en Galicia un 78 por cento son mulleres. Istoevidencia que son moitas as mulleres que ao final da súa vidalaboral teñen que acceder ao último recurso posible, as pensiónsnon contributivas, cun importe medio en Galicia no 2014 de 354,46euros.

AS POLÍTICAS DE RECORTES INCIDIRON AÍNDA MÁIS NA BRECHA SALARIAL

De toda esta análise dedúcese que son moitos os factores queinflúen na existencia da brecha

salarial,persistencia de roles e estereotipos de xénero, problemas para levara cabo a conciliación da vida persoal, laboral e familiar; ascondicións laborais (xornada parcial, temporalidade); a segregaciónocupacional; ou a promoción ou a valoración dos postos de traballo.Isto evidencia que urxe aplicar medidas nos diferentes ámbitos,político, económico, laboral, educativo e social para podercombater a desigualdade salarial por razón de sexo.

Aínda que a brecha salarial é unha constante da realidadesociolaboral deste país, é evidente que as políticas de recortes eausteridade impostas polo Goberno do PP, así como, a reforma laboralde 2012, contribúen a agudizar esta lacra, coa baixada continua desalarios e inaplicación de convenios colectivos. Baixar os salariosprovoca que os salarios máis baixos, percibidos maioritariamente pormulleres, sexan aínda máis baixos, agravándose así as diferenzas.

AS MULLERES ACUMULAN UNHA PERDA DO 5,6 POR CENTO DE PODER ADQUSITIVO(2009-2013), FRONTE AO 2,7 POR CENTO DOS HOMES

Tendo en conta que no período 2009-2013 a vida encareceuse nun 9,4por cento e os salarios das mulleres só se incrementaron nun 3,8 porcento e os dos homes nun 6,7 por cento, as mulleres acumulan unhaperda do 5,6 por cento de poder adquisitivo, fronte ao 2,7 por centodos homes. Isto incide aínda máis na brecha salarial e en existandiferenzas no acceso aos bens que deberían ter garantidos todos deacordo coa Constitución, como a vivenda, que subiu seis veces máisque o salario das mulleres e tres que o dos homes; os custos dealimentación, medio punto por debaixo dos ingresos dos homes e 2,23puntos por enriba dos das mulleres; ou o transporte, que subiu casetres veces o que subiron os salarios dos homes e cinco veces os dasmulleres.

Para UGT-Galicia, a recuperación económica pasa polo recoñecementodo traballo das mulleres en termos económicos. Revélase como unhavía primordial de reactivación do consumo, aumentando a demanda,creando, polo tanto, emprego, e contribuíndo a eliminar a pobreza.Por isto, é necesario introducir, como eixo central de todas aspolíticas económicas, a igualdade sen distinción de sexo.

Para reducir a brecha salarial, a lexislación e a negociacióncolectiva configúranse como elementos esenciais. Por iso,UGT-Galicia aposta por unha Lei pola igualdade salarial, así como,pola aplicación de plans e estratexias de igualdade nas empresas e aloita contra os estereotipos existentes.

Á vista deste informe, UGT-Galicia insiste en reivindicar aigualdade entre mulleres e homes. O Sindicato ten claro que unhamuller non é independente senón o é no eido económico. Ocumprimento da premisa “igual salario por traballos de igual valor”non é só fundamental para a consecución da igualdade deoportunidades no mercado de traballo, senón que é básica paraconstruír unha sociedade máis xusta.



 



 



 

Fuente: UGT-Galicia