Gabinetes de Asistencia Técnica en Prevención de Riscos Laborais 2017
Fecha: 10 Jul 2023
Gabinetes de asistencia técnica de prevención de riscos laborais
SERVIZO DE ASESORAMENTO E INFORMACIÓN EN PRL DE UGT-GALICIA
Desde UGT-Galicia e co financiamento da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais (FEPRL), puxemos en marcha a acción denominada "SERVIZO DE ASESORAMENTO E INFORMACIÓN EN PRL DE UGT-GALICIA", co código da acción AT2017-0124, a través da cal desenvolvemos os seguintes proxectos:
Denominación | Tipo proxecto |
Gabinete asistencia técnica prl | Asistencia técnica |
Campaña informativa seguridad vial laboral | Información y promoción del cumplimiento de la normativa |
Con estes proxectos pretendemos acadar os seguintes obxectivos xerais:
Fomento e o desenvolvemento dunha cultura preventiva que permita a implantación da Prevención de Riscos Laborais dunha forma eficaz e eficiente.
Xeración e desenvolvemento de ferramentas, referencias e recursos intersectoriales como apoio da actividade preventiva.
O deseño, desenvolvemento ou implantación de modelos de xestión preventiva intersectoriales. Mellora estrutural e o desenvolvemento tecnolóxico con integración da seguridade e saúde achegando beneficios e melloras nas condicións de traballo.
Mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, fomentando a aplicación de criterios de xestión responsable e saudable Accións encamiñadas á redución da sinistralidade.
Impulsar a regulación en materia de prevención de riscos laborais no marco da negociación colectiva de ámbito estatal ou supra-autonómico, conforme ao disposto no Título III do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
Campaña informativa seguridad vial laboral
Trátase con este proxecto de sensibilizar fronte aos accidentes de traballo relacionados co tráfico que se poidan producir "en misión" ou " in itinere", xa sexa con vehículos da empresa ou particulares.
Para acadar este obxectivo, desenvolverase unha campaña informativa co seguinte contido:
Un tríptico específico co obxecto de informar e sensibilizar a traballadores sobre esta cuestión.
Unha guía técnica, sobre os riscos vinculados á seguridade laboral viaria.
Gabinete de asistencia técnica en prl
Co Gabinete de asesoramento técnico, prestamos un servizo de asistencia legal e técnica sobre a correcta aplicación da normativa de prevención. Sobre as facultades e competencias dos/ as delegados/ as de prevención, dereitos de información, consulta e participación, así como sobre as obrigacións legais de todos os suxeitos implicados nesta materia e os distintos tipos de responsabilidades, así como das distintas modalidades de organización da actividade preventiva. Asesoramos sobre a correcta realización das avaliacións de riscos e a súa consecuente planificación, así como promovemos e asesoramos na integración de cláusulas preventivas na negociación colectiva.
Onde estamos: