FICA-UGT apoia a folga convocada en Alcoa-Coruña os días 1, 2 e 3 de xuño
Fecha: 09 May 2017

A Federación galega de Industrias, Construción e Agro (FICA-UGT) amosa o seu apoio á convocatoria de folga na fábrica de aluminios de Alcoa en A Coruña para os días 1, 2 e 3 de xuño para denunciar a situación de bloqueo, por parte da patronal, da negociación do novo convenio colectivo.
Foi o pasado luns cando os traballadores da factoría coruñesa se reuniron en asemblea e, a consecuencia da parálise e bloqueo que a dirección da empresa está impoñendo no proceso de negociación do novo convenio, decidiron convocar tres xornadas de folga.
FICA-UGT considera que a empresa ten marxe para abordar as negociacións con outro talante e outras formas, co fin de avanzar nas mesmas e pechar así un convenio que garanta unhas condicións dignas para todos os traballadores de Alcoa-Coruña.