FeSP-UGT presenta unha queixa ao Valedor do pobo por discriminación indirecta do persoal que traballa a quendas nos centros da Consellería de Política Social
Fecha: 04 Ago 2016

A Federación galega de Servizos Públicos(FeSP-UGTde Galicia)considera necesario e primordial poñer de manifesto, unha vez máis,a situación que está a vivir o persoal da Xunta de Galicia quetraballa a quendas na Consellería de Política Social dende asuspensión temporal do descanso compensatorio por traballar endomingos ou festivos, o que aseguraba un tratamento diferenciado ecompensatorio dedito persoal do resto dos efectivos do ámbito do V ConvenioColectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia.
Aínda que a Lei1/2012 que suspendeu, entre outros este dereito, afecta a todo opersoal laboral da Xunta de Galicia, o certo é que o persoal quepresta servizo a quendas e domingos e festivos se concentrafundamentalmente na Consellería de Medio Rural, en prevención eextinción de incendios, e na Consellería de Política social, enresidenciasde persoas maiores, menores e discapacitados.
No portal web detransparencia do Goberno da Xunta a desagregación dos datos por sexonon reflicte a situación real, non só xeral, senón tamén a nivelde cada corpo, escala, grupo e categoría. Concretamente, odesequilibrio entre sexos é notorio entre o persoal que prestaservizo a quendas entre estas dúas consellerías.
En Medio Rural,na prevención e extinción de incendios, o colectivo maioritario émasculino e en Política Social,nas residenciasdepersoas maiores, menores e discapacitados é maioritariamentefeminino. Así, a modo de exemplo, na prevención e extinción deincendios na provincia de Coruña os homes representan o 84,65%,fronte ó15,34% de mulleres, e na provincia de Lugo o 73,52% son homes e o26,48% mulleres, o que evidencia a masculinización do colectivo.Polacontra, nas residenciasde maiores, menores e discapacitados, o colectivo está altamentefeminizado, na provincia da Coruña o 84,95% son mulleres e o 15,04%homes e na provincia de Lugo o 86,78% son mulleres e o 13,23% dehomes.
DISCRIMINACIÓNINDIRECTA POR RAZÓN DE XÉNERO
Pois ben, asuspensión temporal “sine die” do descanso compensatorio pordomingo ou festivo operada coa Lei 1/2012, mediante sucesivas leisde orzamentos de Galicia, foi levantada para o persoal deprevencióne extinción de incendios en determinados meses do ano, non así parao persoal de residenciasde maiores, menores e discapacitados.
Omotivo da queixa presentada áValedora do Pobo o pasado día 1 de agosto céntrase en facervisibles os efectos inxustos e discriminatorios provocados polasmedidas adoptadas e, en concreto, o tratamento pexorativo de persoasdo sexo feminino que presta servizos en domingos derivado daaplicación da Lei 1/2012 e das sucesivas leisde orzamentos en relación co artigo 19 do referido Conveniocolectivo.
INCREMENTO DEACCIDENTES LABORAIS
Os efectos destainxusta discriminación afectan á seguridade e saúde e producenunhaelevada taxa de sinistralidade laboral. Segundo reflicte o informe doServizo de Prevención de Riscos Laborais, hai un incremento deaccidentes desde o ano 2013 ata o 2015, ópasar de 396 a 454, e as baixas laborais por accidentesincrementáronse de 151 ata 235. Na clasificación, segundo postos detraballo, destacan as categorías de auxiliar de enfermería (75),coidadoras (50) e camareira-limpadora (48).Tres son as causas quesobresaen: os sobreesforzos,cun total de 110, as caídas de persoas ao mesmo nivel, 38, e oscausados por seres vivos, cun total de 33. En último lugar, seatendemos á clasificación por sexo, vemos que 221 corresponden amulleres e 14 a homes.
MERMA DACONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR
Outro efecto destamedida de restrición de descansos é sobre a merma da conciliaciónlaboral e familiar, reflectir como dato significativo ao respecto dasituación que están a vivir as traballadoras é as solicitudes delicenzas sen soldo que se viron incrementadas de xeito exponencial.Poñendo como exemplo o CAPD de Sarria, que conta cun total de 165traballadores/as, no que antes da entrada en vigor da suspensión dosdescansos compensatorios contabilizaba unha licenza sen soldo outodo o máis dúas ao ano, no ano 2015 son 16 as traballadorassolicitantes, das que 15 pertencen á categoría de coidadoras, e noano 2016 van solicitadas un total de 11, sendo 10 da citadacategoría.
Son datosaltamente negativos sobre a situación destas traballadoras que vencomo as carteleiras, realizadas cos criterios derivados da aplicaciónda Lei 1/2012, minan a súa seguridade e saúde no traballo e a súaconciliación laboral e familiar e sofren unhainxusta e discriminatoria precarización das súas condiciónslaborais como servidoras públicas en centros nos que os internos eusuarios son persoas cun elevado nivel de necesidade de atención.
OSindicato espera que a Valedora do Pobo estime esta queixa e, en baseássúas competencias, remita suxestión ao Parlamento de Galicia paraque se proceda a subsanación destas inxustas e discriminatoriasaplicacións da Lei 1/2012 e sucesivas Leis de orzamentos e repoña odescanso compensatorio de domingos e festivos ao persoal sendistinción de sexo.