FeSP UGT GALICIA valora de xeito positivo o Acordo acadado hoxe coa Xunta de Galicia posto que agora sí recupera a paga extra que será integra en 2017

Dende a Federación de Empregados e Empregadas de Servizos Públicos de UGT-GALICIA (FeSP-UGT de Galicia), e as demais organizacións sindicais dos Servizos Públicos (agás a CIG que se abstivo) acabamos de chegar a Acordo coa Xunta de Galicia  para a extensión do “DEREITO A PERCIBIR PAGA EXTRA PROPORCIONAL DO 1 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO DE 2013… a todo o persoal da Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia, logo de varias sesións de negociación, acepta todas e cada unha das propostas que por escrito se lle formularon dende a FeSP UGT GALICIA:

1. Comprométese a tramitar un anteproxecto de lei para aplicar o Acordo no actual período de sesións e ao pago do 100% do adebedado do ano 2013 durante este ano 216. Na proposta inicial só se comprometían a pagar o 50% neste ano 2016 e o restante 50% no 2017

2. Asume o compromiso de iniciar o pagamento das EXTRAS ao 100% dende ano 2017. Antes da nosa alegación do luns pasado nada ofertaba ao respecto

3. Comprométese a ter en conta o réxime especial dos empregados e empregadas de Xustiza (incluídos finalmente despois da petición expresa de UGT) así como os de Ensino Concertado para que a forma de pagamento se adecúe ao seu réxime retributivo.

A demanda reiterada dos Sindicatos da Mesa Xeral de Negociación e  os pronunciamentos xudiciais que recoñecen dito dereito a título individual (accións xudiciais promovidas dende a nosa organización en moitos casos)  influíron tamén na Xunta para chegarmos a este Acordo.

Dende a FeSP-UGT de Galicia consideramos que este Acordo significa, por unha banda, un punto e aparte no proceso de perda de dereitos por parte dos traballadores e traballadoras dos Servizos Públicos e, por outra, esperamos que supoña, de forma inmediata, o inicio dun proceso de negociación, de diálogo bipartito que dende a nosa organización vimos esixindo dende hai moito tempo para recuperar dereitos retributivos e laborais con prontitude, coma así se recolle na cláusula final do acordo que se introduce en base a alegación escrita remitida por FeSP-UGT Galicia.

Polo que quedamos á espera do inicio de xeito inmediato da Negociación Colectiva a través da Mesa Xeral e das distintas Mesas Sectoriais (Ensino, Sanidade, Funcionarios, Xustiza, Universidades, Persoal Laboral e Comisión Tripartita de Ensino Concertado) co obxectivo de continuar coa recuperación de dereitos laborais que nos foron usurpados durante estes últimos anos.

Fuente: FeSP-UGT Galicia