FeSP-UGT Galicia demanda que se restitúa o dereito a negociación dos empregados e empregadas públicos de Galicia e unha temporalización de materias a negociar para repoñer dereitos e salarios.

Fecha: 01 Dic 2016

O Goberno Galego anuncia a vontade de diálogo social pero convoca á Mesa Xeral de Empregados e Empregadas Públicos como reunión de trámite que degrada e conculca os dereitos de negociación colectiva.

 

A FeSP-UGT de Galicia manifestou o seu rexeitamento á forma e contidos desta convocatoria, unha convocatoria remitida cun prazo de 48 horas e sen aportar ningunha documentación sobre as materias a tratar, o Capítulo I (orzamento de persoal da Xunta de Galicia).

Polo tanto o Goberno Galego anuncia a vontade de diálogo social pero convoca á Mesa Xeral de Empregados e Empregadas Públicos como reunión de trámite que degrada e conculca os dereitos de negociación colectiva.

É lamentable que a Xunta de Galicia persista nesta actitude de limitarse a unha información verbal que se concreta en:

O Director Xeral de Función Pública informa dun contexto económico con incertidume no 2017 e dun crecemento xeral do total dos Orzamentos da Xunta do 2,9% para 2017, pero no ámbito dos empregados e empregadas públicos remítese á recuperación das pagas extras completas en 2017 (Acordo xa asinado en xuño de 2016), e ao incremento xeral de retribucións e de taxa de reposición que se aprobe no Estado.

FeSP-UGT Galicia requirimos a convocatoria dunha Mesa Xeral que concrete no tempo as materias obxecto de negociación, manifestamos que os incrementos salariais e de taxa de reposición estatais deben ter carácter de mínimos. En definitiva instamos a restituir o dereito a negociación e determinar como, cando e de que se vai negociar para repoñer dereitos e recuperar salarios dos empregados e empregadas públicos de Galicia. ​

O Director Xeral de Función Pública non concreta data de reunión e se limita a ratificar a vontade de diálogo.

Fuente: FeSP-UGT Galicia