FeSMC denuncia fraude na contratación e despedimentos nas tendas de Zara na provincia de A Coruña e anuncia mobilizacións

Fecha: 02 May 2018

O Sindicato de Comercio de Galicia FeSMC -UGT quere denunciar publicamente a fraude na contratación temporal e os despedimentos que están a sufrir o persoal de Zara na provincia da Coruña, empresa buque insignia da multinacional Inditex. 

Desde a Sección Sindical de UGT en Zara España S.A. provincia A Coruña, coa colaboración dos servizos xurídicos do sindicato UGT, detectamos que existía un grupo moi elevado de traballadoras/é con contratos eventuais eternos, desde 2012 e mesmo algún caso 2009. A finais de 2016 empezamos a revisar os contratos, detectamos que eran fraudulentos, contratos eventuais que deberían de ser indefinidos. Esta modalidade de contratos fraudulentos permítelle ter traballadoras/é sen calendarios laborais estables e distintos aos do persoal indefinido, sen vacacións, menor salario debido a que non acumulan antigüidade (plus de permanencia, 263,4€/ano cada cuadrienio) e sen esixir os seus dereitos por medo a non ser renovado.

Despois de examinar toda a documentación, a mediados de 2017 decidimos poñer en coñecemento da Inspección de traballo ditas irregularidades, temendo que a empresa finalice algúns contratos e non os volva a chamar como pasara nalgunha ocasión. A principios de 2018 a inspección de traballo insta á empresa a transformar 38 contratos eventuais en indefinidos, considéraos fraudulentos tal e como nós manifestaramos na nosa denuncia. Na nosa denuncia tamén solicitamos a subida de horas de todo o persoal indefinido. Unha gran parte do persoal ten contratos a tempo parcial, poucas horas, menos salario. A pesar dos acordo alcanzados para que o persoal suba de horas, INDITEX fai todo o posible para que isto non pase. Este punto non foi posible. 

Para UGT, conseguir a transformación de 38 traballadoras/é de contrato eventual a indefinido dun golpe, é unha alegría e unha gran conquista das/vos traballadoras/é, pero coa situación existente nas tendas ZARA, insuficiente. Ao noso entender existían máis persoal con contratos eventuais fraudulentos, durante toda a investigación que realizou a Inspección, tamén se xeraron máis. A empresa, despois do requirimento da inspección, empezou a finalizar contratos que estaban en fraude para evitar transformalos indefinidos, unha actuación rastrera por parte de INDITEX. 

Puxémonos en contacto cos traballadores afectados para que denunciasen, poñendo os nosos servizos xurídicos á súa disposición, non todos quixeron denunciar pero si uns cantos. No acto previo ao xulgado, SMAC, coas primeiras denunciantes, a empresa xa recoñeceu o despedimento improcedente, ofrecendo a indemnización por despedimento que corresponde a contrato indefinido. A empresa recoñece que son persoas válidas, pero prefire despedilas e seguir con contratos precarios. 

INDITEX ten un código de conduta e prácticas responsables, no seu artigo 4.3 di: " Inditex considera ás persoas como factor crave empresarial, defende e promove o cumprimento dos dereitos humanos e laborais e comprométese á aplicación da normativa e boas prácticas en materia de condicións de emprego, saúde e seguridade no posto de traballo". DESPEDIR A TRABALLADORAS VALIDAS NON É CUMPRIR DEREITOS LABORAIS, REALIZAR CONTRATOS FRAUDULENTOS NON É APLICAR A NORMATIVA, FINALIZAR CONTRATOS DE TRABALLADORAS QUE NECESITAS PORQUE LOGO CONTRATAS NON É UNHA BOA PRACTICA EN MATERIA DE CONDICIÓNS DE EMPREGO. 

INDITEX tamén asina acordos internacionais de cumprimento de normativa laboral nos distintos países. Queda claro que é todo fachada, ao seu buque insignia, ZARA, dálle igual todo isto. 

O 99% das afectadas son mulleres, cando por fin parece que está no debate público a igualdade real entre homes e mulleres, onde as grandes empresas, con plantillas onde maioritariamente hai mulleres, debe de dar exemplo para andar o camiño que converta esta igualdade en real, evitando a precariedade e con contratos dignos, o grupo INDITEX permite este tipo de prácticas á súa maior empresa ZARA. UGT non vai permitir estes despedimentos, SOLICITAMOS A READMISIÓN DAS TRABALLADORAS, que se regule a contratación temporal e acábese coa fraude na contratación. 

O próximo día 3 de maio concentrarémonos na praza Marineda City (A Coruña) ás 12 horas e o 11 de maio en Praza de Galicia (Santiago de Compostela), diante da tenda ás 12 horas. Pediremos a readmisión das traballadoras despedidas. 

Para máis información, poñerse en contacto con Álvaro Cajigal, responsable do Sindicato de Comercio de Galicia FeSMC - UGT. 692392179.

Fuente: FeSMC-UGT