A fenda salarial entre homes e mulleres en Galicia é do 22 por cento e no caso das pensións achégase aos 40 puntos

As cifras están aí e debuxan unha realidade indiscutible, as mulleres galegas seguen a cobrar salarios moi por debaixo dos que perciben os homes. A desigualdade salarial persiste e non ten trazas de corrixirse. É esta unha das grandes lacras do mercado laboral para a que hai que articular xa medidas destinadas á súa solución. Neste senso, UGT ven de emprender a nivel de todo o Estado a campaña “Eu traballo gratis”, xa que, tendo en conta os últimos datos da Enquisa anual de salarios do ano 2015 (publicada en xuño de 2017), as mulleres galegas terían que traballar 71 días máis que os homes para percibir o mesmo salario nun ano. Ou, visto doutro xeito, as mulleres terían que deixar de traballar o 15 de setembro.

Así, segundo os datos da Enquisa anual da estrutura salarial 2010-2015 (publicados en xuño de 2017), as mulleres galegas perciben un salario medio anual inferior nun 21,98 por cento ao dos homes. E, lonxe de corrixirse esta lacra do mercado laboral, mantense e, incluso, medra en relación ao 2010 en 0,17 puntos.

AS MULLERES GALEGAS TERÍAN QUE TRABALLAR 71 DÍAS MÁIS AO ANO PARA PERCIBIR O MESMO SALARIO QUE OS HOMES

Isto implica que para unha muller o ano laboral non remataría o 31 de decembro, en termos salariais, senón o 12 de abril do ano seguinte, 71 días máis. Ou ben, deixar de traballar o 15 de setembro para non facelo “gratis” ata o 31 de decembro.

En termos absolutos, a diferenza retributiva anual entre homes e mulleres en Galicia é de 5.096,5 euros. Segundo isto, a día de hoxe as mulleres galegas perciben un salario medio similar ao que percibían os homes galegos no ano 2005. Isto da unha idea do baleiro que existe e da persistencia das diferenzas.








2010

2011

2012

2013

2014

2015

Fenda salarial

21,81

22,74

22,74

23,37

20,92

21,98

Fenda salarial entre homes e mulleres (%). Galicia. Ano 2010-2015. Fonte: Enquisa Anual de Estrutura Salarial




2010

2011

2012

2013

2014

2015

Mulleres

17.691,11

17.291,96

16.727,15

17.258,21

17.797,03

18.093,26

Homes

22.626,21

22.381,85

22.059,69

22.522,55

22.505,05

23.189,76

GANANCIA MEDIA ANUAL. Fonte: Enquisa Anual de Estrutura Salarial Anos 2010- 2015. INE.



GALICIA É A QUINTA COMUNIDADE ONDE O SALARIO MEDIO DAS MULLERES É MÁIS BAIXO

Se se atende ao que sucede no resto do Estado, obsérvase que as mulleres galegas perciben un 9,8 por cento menos de salario anual que a media das mulleres do conxunto do Estado e que Galicia é a quinta comunidade autónoma onde o salario anual medio das mulleres é máis baixo.


Mulleres

Fenda M galegas s/resto

Homes

Fenda salarial

Total Nacional

20.051,58

9,8

25.992,76

22,9

Andalucía

18.340,96

1,4

24.200,20

24,2

Aragón

18.950,17

4,5

25.555,56

25,8

Asturias

18.925,34

4,4

26.514,68

28,6

Baleares

19.517,28

7,3

23.411,35

16,6

Canarias

18.279,76

1,0

21.336,72

14,3

Cantabria

17.955,79

-0,8

25.259,83

28,9

Castela e León

18.523,74

2,3

24.135,64

23,3

Castela A Mancha

18.097,55

0,0

22.765,56

20,5

Cataluña

20.946,56

13,6

27.514,06

23,9

Comunidade Valenciana

17.811,38

-1,6

23.919,14

25,5

Estremadura

17.304,65

-4,6

21.813,81

20,7

Galicia

18.093,26

0,0

23.189,76

22,0

Madrid

23.470,06

22,9

29.314,09

19,9

Murcia

17.540,27

-3,2

23.773,09

26,2

Navarra

20.563,08

12,0

28.727,37

28,4

País Vasco

23.537,06

23,1

31.088,99

24,3

Rioxa, A

18.762,15

3,6

24.532,64

23,5

Fonte: Enquisa Anual de estrutura salarial Ano 2015. INE.

En termos absolutos, a Enquisa anual de estrutural salarial indica que os ingresos medios das mulleres galegas con de 18.093,26 euros, 1.958,32 euros menos que a media dos salarios medios das mulleres do conxunto das comunidades autónomas (9,8 por cento). De feito, a diferenza coas mulleres que perciben un salario anual medio máis algo, as vascas, é dun 23,12 por cento.

Se ben é evidente que dependendo das comunidades autónomas a estrutura do emprego e ocupación é diferente, si é certo que a fenda salarial entre homes e mulleres, sexan maior ou menor, dáse en todos os territorios.

A RETRIBUCIÓN POR HORA TRABALLADA DAS GALEGAS É DAS MÁIS BAIXAS DO ESTADO, SÓ ESTÁN POR DEBAIXO AS CANARIAS, MURCIANAS E ESTREMEÑAS

Se se atende á ganancia por hora normal traballada, constátase que as mulleres galegas, tras as canarias, murcianas e estremeñas, son as que menor retribución por hora perciben de todo o Estado e a súa retribución é un 14,23 por cento inferior á dos homes galegos.

Esta é unha variable moi interesante a estudar porque non se ve afectada pola temporalidade nin a parcialidade no emprego, que tanto afectan ás mulleres e poderíamos pensar que distorsionan as estatísticas, aínda que non a realidade porque tanto unha como outra variable son na maior parte dos casos involuntarias e un factor máis de discriminación para as mulleres no mercado laboral.

As mulleres galegas perciben un 11,3 por cento menos de salario por hora normal traballada que a media de mulleres do conxunto do Estado e un 14,2 por cento que os homes galegos.

euros/hora

Mulleres

Homes

Fenda salarial

Total Nacional

13,80

16,04

13,97

Andalucía

12,98

15,05

13,75

Aragón

13,19

15,74

16,20

Asturias

13,08

16,52

20,82

Baleares

13,45

14,76

8,88

Canarias

11,98

13,13

8,76

Cantabria

12,26

15,44

20,60

Castela e León

12,80

14,88

13,98

Castela – A Mancha

12,92

13,94

7,32

Cataluña

14,37

16,96

15,27

Comunidade Valenciana

12,65

14,85

14,81

Estremadura

12,18

13,48

9,64

Galicia

12,24

14,27

14,23

Madrid

15,45

17,87

13,54

Murcia

12,16

14,41

15,61

Navarra

14,80

18,05

18,01

País Vasco

16,99

19,49

12,83

Rioxa, A

13,34

15,08

11,54

Ganancia por hora normal de traballo. Fonte: Enquisa Anual de Estrutura Salarial Ano 2015. INE.

Toda esta análise de presente ten, evidentemente as súas consecuencias no futuro, tanto no acceso ás prestacións por desemprego como no caso das pensións de xubilación.

O que primeiro chama a atención é que as beneficiarias de prestacións por desemprego son menos, a pesar de ser máis desempregadas. Froito isto, de seguro, da precariedade e parcialidade que xera menos dereitos e, en xeral, consecuencias das lagoas que en materia de cobertura por desemprego ten este país, xa que este é un dereito cada vez máis mermado. Ademais, a contía é un 14,3 por cento inferior á dos homes.

A maiores, neste contexto non se poden esquecer as 26.897 (dato a novembro de 2016) mulleres traballadoras do anterior réxime do fogar da Seguridade Social que non teñen dereito a desemprego.




Persoas desempregadas con prestación

Prestación media anual

Homes

Mulleres

Homes

Mulleres

Diferenza

2015

141.836

124.677

3.421

2.931

14.3

Fonte: AEAT “Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias” Ano 2015

No relativo ás pensións de xubilación a fenda é dun 37,9 por cento. 404.955 mulleres perceptoras de pensións viven cun importe medio de 605,45 euros.

No caso das pensións de viuvez, onde si prima as mulleres e si teñen un importe superior á dos homes, aínda que esta non supere os 559 euros, moi por debaixo do propio SMI. Ademais, hai que ter en conta que esta pensión no caso das mulleres é case sempre a súa única fonte de ingresos. Non así no caso dos homes.

No 2016 eran 159.000 as galegas que percibían unha pensión de xubilación cun importe inferior ao SMI, fronte a 97.308 homes. Pero, pola contra, por enriba dos 1.000 euros son os homes os grandes beneficiarios, máis de 105.000 perceptores, fronte a 21.000 perceptoras.

A isto hai que engadir que no caso das pensións non contributivas de xubilación as mulleres representan o 77,6 por cento, cun importe medio de 355,39 euros. Isto pon de manifesto as importantes dificultades ás que se teñen que enfrontar as mulleres chegada a idade de xubilación.

P ensións de xubilación por tramos. Fonte: INSS 2016

Ante estes datos, UGT-Galicia realiza un chamamento ao Goberno para que active todos os mecanismos posibles e facer cumprir os artigos 14 e 9 da Constitución Española, xa que do seu cumprimento derívase a igualdade salarial entre mulleres e homes. O sindicato tamén demanda o cumprimento das Recomendacións da Comisión Europea nesta materia, en concreto no relativo á introdución na nosa lexislación da definición de “traballo de igual valor”.

A Unión Xeral de Traballadores reclama tamén o compromiso dos partidos políticos para que se somen a esta reclamación histórica de UGT, que loita para eliminar as diferenzas salariais, entre mulleres e homes e que intensificou no últimos dez anos ante a inexistencia de políticas de igualdade, o que impide que se avance na eliminación desta discriminación.

A denuncia de UGT vai acompañada de propostas concretas para a negociación colectiva e os plans de igualdade, así como de ferramentas que permiten eliminar -ou canto menos reducir- a fenda salarial entre mulleres e homes.

NOTA: A VOCEIRA DESTE TEMA É A SECRETARIA DE IGUALDADE, XUVENTUDE E MOVEMENTOS SOCIAIS DE UGT-GALICIA, MÓNICA RODRÍGUEZ. TELÉFONO: 628470657.




Fuente: UGT-Galicia