Esta debería ser a lexislatura das contrarreformas ás reformas impostas polo anterior Goberno

Antes decomezar a asemblea de delegados que organizou hoxe UGT-Galicia enSantiago, os secretarios xerais de UGT confederal e do Sindicato enGalicia, Pepe Álvarez e José Antonio Gómez, tiveron un encontrocos medios de comunicación no que explicaron o contido destaasemblea e as mensaxes que se lle van trasladar aos delegados alípresentes procedentes de toda Galicia.

Pola súa banda,Gómez enmarcou esta asemblea nun proceso aberto e continuo deconsulta e información cos delegados e indicou que, precisamente,neste acto se lle vai trasladar aos delegados o agradecemento polotraballo sindical realizado que permite que UGT siga sendo a primeiraforza sindical en Galicia, a pesar do difícil contexto político noque hai que desenvolver a actividade do día a día.

Hoxe é unha datasignificativa para a realidade política en Galicia, constitúese onovo Parlamento, tras o último proceso electoral nesta Comunidade.Neste senso, de cara ao futuro Goberno, UGT considera que chegou omomento do cambio. Se as cousas van para mellor xa chegou o momentode que os cidadáns o perciban en termos de emprego e nunha realidadesociolaboral máis favorable para o conxunto dos galegos. Os datosfeitos públicos onte referidos á despoboación da nosa comunidadenon son nada alentadores, Galicia esmorece, e o futuro Goberno galegoestá obrigado a modificar esta situación traballando por unhascondicións no traballo dignas que rachen coa normativa laboralimposta que só trouxo máis paro, precariedade e baixos salarios.

O secretarioconfederal de UGT, Pepe Álvarez, resaltou a importancia destasasembleas que enriquecen o proceso de diálogo permanente ebidireccional no que entrou o Sindicato tras a celebración do últimoCongreso coas súas bases.

Apuntou a tresobxectivos de traballo clave para o Sindicato nestes momentos. Anivel interno, rematar co proceso organizativo aberto para acadar unSindicato con menos burocracia e que chegue mellor aos centros detraballo.

No eido danegociación colectiva, abriuse de novo o proceso de diálogo coapatronal para intentar renovar acordos que deben ter en conta o novociclo económico que obriga a repartir beneficios entre ostraballadores. Para o cal, hai que ir a un aumento de salarios acordecun país que medra por enriba do tres por cento, ademais de intentarmodificar por esta vía aspectos lesivos da reforma laboral ourecuperar a ultraactividade dos convenios. É o momento derestablecer os salarios co fin de consolidar a recuperacióneconómica.

A UGT non lleimporta o quen no Goberno, senón o para que

Fixo fincapé nasexpectativas xeradas coa constitución dun novo Goberno e recalcouque a UGT non lle importa quen, senón para que. Esta debería ser alexislatura das contrarreformas ás reformas que se tiñan impostopolo Goberno do PP e que só trouxeron miseria laboral e un mazado aoestado de benestar que tanto costou consolidar neste país. Urxerecuperar dereitos laborais e a dignidade no traballo. Recuperarsalarios na función pública. Recuperar poder adquisitivo para ospensionistas. Abrir un debate fondo en relación ao futuro daspensións con medidas a corto prazo, que incluirían as subvenciónsá contratación (3.500 millóns de euros) que se poden recuperar ouo destope das cotizacións que pode xerar en torno aos 7.500 millónsde euros e, finalmente, recuperar o Pacto de Toledo e entrar a fondono debate. Tamén chegou o momento de recuperar os dereitos eliberdades, derrogando a Lei mordaza e garantindo a liberdade defolga sen restricións.

Fuente: UGT-Galicia