En Galicia fixéronse case 90.000 contratos en só un mes, o que amosa os altos niveis de rotación laboral e precariedade
Fecha: 02 Oct 2015

Os datos do paro feitos públicos hoxe, e referidos ao mes de setembro, amosan xa un cambio de tendencia, con respecto aos meses precedentes, basicamente, porque remata a temporada estival, período que tradicionalmente está marcado por altos niveis de contratación. Así, o paro volve a medrar, o 0,9 por cento, 2.005 persoas desempregadas máis, cando no conxunto do Estado o aumento foi do 0,64 por cento. Deste xeito, hai 215.737 desempregados en Galicia e 4.094.042 en todo o Estado.
En relación a hai un ano, o desemprego baixou un 9,4 por cento, 22.466 desempregados menos.
Tamén se observa unha contracción na poboación en idade de traballar pola saída de poboación cara fóra e o retorno dos inmigrantes cara os seus países de orixe. De feito, segue a caída do desemprego dos estranxeiros, nun 6,13 por cento interanualmente.
A LEVE MELLORA DO MERCADO LABORAL BENEFICIA MÁIS AOS HOMES. AS DESIGUALDADES PERSISTEN
Por sexos, o paro medra en ambos, o 0,11 por cento entre os homes e o 1,63 por cento entre as mulleres. En relación ao ano anterior, o paro baixou máis entre os homes, o 12,95 por cento, que entre as mulleres, o 6,34 por cento. De aquí dedúcese que a senda da leve mellora do mercado laboral beneficia moito máis aos homes, a desigualdade segue presente.
En canto aos territorios, o paro medra en todas as provincias, salvo en Ourense, onde baixa o 0,25 por cento. En Lugo sube un 2,39 por cento, en Pontevedra o 1,64 por cento e en A Coruña o 0,21 por cento. En relación a hai un ano baixa en todas, o 10,01 por cento en A Coruña, o 9,88 por cento en Pontevedra, o 7,66 por cento en Lugo e o 7,15 por cento en Ourense.
OS MÁIS MOZOS SEGUEN A REXISTRAR PEORES CIFRAS DE PARO
Entre os menores de 25 anos o desemprego medrou nun 3,25 por cento, moito máis acusadamente que no conxunto de idades. Sen embargo, no ano cae un 20,43 por cento, pola saída de efectivos de Galicia, ao non atopar un futuro laboral claro, e tamén polo cambio poboacional.
Por sectores, o paro cae en todos, salvo en servizos, que é o auténtico responsable do crecemento do desemprego polo fin da temporada estival. 3.260 persoas paradas máis no sector servizos que non se compensan coa caída noutros sectores. Na industria o paro baixa un 1,31 por cento e o 2,84 por cento na construción.
A contratación medra un 15,26 por cento no mes, fronte ao 43,87 por cento do Estado. No ano increméntanse os contratos nun 9 por cento pero caen os indefinidos nun 0,13 por cento e increméntanse os temporais nun 9,7 por cento. A porcentaxe de indefinidos sobre o total no mes segue a ser de tan só un 6,96 por cento, case dous puntos máis baixa que no Estado. Un dato moi significativo para entender os altos índices de rotación laboral e precariedade que existen en Galicia é o número de contratos que se asinaron nun só mes, 87.553. Isto evidencia a incapacidade do mercado laboral para consolidar o emprego que se crea.
No referente ás coberturas por desemprego, as eivas cada vez son maiores. As prestacións sitúanse en mínimos. A cifra de beneficiarios é de 106.539 (taxa de cobertura do 54,6, fronte ao 58,9 estatal). Destes, tan só o 41,4 por cento cobran prestacións contributivas, fronte ao 45,52 por cento de hai un ano. O que evidencia que as prestacións por desemprego en Galicia teñen cada mes que pasa máis un carácter asistencial. Isto quere dicir que son inferiores, en canto á contía, e, ademais, denotan a perda progresiva de dereitos pola cronificación do desemprego.
As contías medias das prestacións contributivas cada mes que pasa tamén son máis baixas, de 758,9 euros en agosto de 2015 aos 761,7 de hai un ano.
A día de hoxe hai en Galicia 107.193 parados sen ningún tipo de cobertura, co forte risco de exclusión social e pobreza que isto supón.
Por iso, para intentar paliar esta situación, UGT está a impulsar, a través dunha ILP a prestación de ingresos mínimos, para a cal o Sindicato xa comezou a recollida das firmas necesarias. Porque é de lei rescatar ás persoas e combater as desigualdades.
Finalmente, a análise da media de afiliados á Seguridade Social en Galicia indica que é de 957.472, caendo no mes nun 0,59 por cento, cunha evolución contraria ao que sucede no Estado, onde sube un 0,05 por cento. Galicia continúa afastada do millón de afiliados de antes da crise.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.
GALICIA | setembro 2015 | VARIACIÓN SOBRE | |||
|
| Mes anterior | Mesmo mes ano anterior | ||
|
| nº | % | nº | % |
DESEMPREGO | |||||
Nº desempregados rexistrados | 215.737 | 2.005 | 0,9 | -22.466 | -9,4 |
* homes | 96.855 | 104 | 0,1 | -14.415 | -13,0 |
* mulleres | 118.882 | 1.901 | 1,6 | -8.051 | -6,3 |
Nº parados mozos < 25 anos | 11.058 | 348 | 3,2 | -2.840 | -20,4 |
Nº desempregados estranxeiros | 10.659 | 217 | 2,1 | -696 | -6,1 |
Nº desempregados por sectores* |
|
|
|
| |
* agricultura | 7.213 | -72 | -1,0 | -154 | -2,1 |
* industria | 26.950 | -357 | -1,3 | -5.675 | -17,4 |
* construción | 25.717 | -753 | -2,8 | -5.688 | -18,1 |
* servizos | 137.331 | 3.260 | 2,4 | -8.879 | -6,1 |
* sen emprego anterior | 18.526 | -73 | -0,4 | -2.070 | -10,1 |
Beneficiarios prestación por desemprego (agosto) | 106.539 |
| |||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (agosto) | 54,60 | ||||
Parados totais sen nengún tipo de prestación (agosto) | 107.193 | ||||
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
Nº contratos | 87.553 | 11.589 | 15,3 | 7.193 | 9,0 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 6.097 | 2.215 | 57,1 | -8 | -0,1 |
Nº contratos temporais | 81.456 | 9.374 | 13,0 | 7.201 | 9,7 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
| |
Nº afiliados (datos provisionais) | 957.472 | -5.724 | -0,6 | 20.803 | 2,2 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS