É a quenda do emprego estable, do acordo da reforma laboral

Fecha: 27 Ene 2022

Moi preocupante a evolución do desemprego de longa duración, case 60.000 persoas en Galicia nesta situación, aínda por enriba da conxuntura prepandemia

É a quenda do emprego estable, do acordo da reforma laboral

UGT-Galicia alerta sobre un mercado laboral galego pouco dinámico, cunha taxa de actividade seis puntos por debaixo da estatal

 

Santiago, 27 de xaneiro de 2022.- UGT-Galicia considera que a evolución positiva dos datos do paro e a ocupación, en relación ó mesmo trimestre do ano anterior, (aínda que non así en relación ó trimestre anterior), tal e como recolle a EPA, deben consolidarse mellorando a calidade e a estabilidade do emprego, polo que insta ós partidos políticos a validar no Congreso dos Deputados o acordo da reforma laboral consensuada polos axentes sociais e o Goberno e que conta co aval da Comisión Europea.

Hai que combater os elevados niveis de temporalidade e parcialidade involuntaria do mercado laboral. Para estes efectos, o recente acordo alcanzado polos interlocutores sociais e o Goberno sobre a reforma laboral supón avances dun enorme calado na loita contra a precariedade laboral e repara boa parte dos efectos lesivos da reforma do PP.

A nova regulación laboral implica cambios substanciais nas modalidades de contratación, nos mecanismos de flexibilidade interna e na negociación colectiva que pretenden, entre outras cousas, acabar co predominio dos contratos temporais, promovendo a xeración de emprego estable, evitar o recurso ao despedimento en momentos de adversidade económica e reequilibrar a negociación dos convenios, o que tamén xerará unha mellora das condicións laborais e, en suma, da calidade do emprego. En definitiva, un amplo abanico de medidas que, amparadas polo diálogo social, beneficiarán ao conxunto da sociedade.

Con todo, é necesario que a reforma, aínda que xa entrou en vigor, sexa ratificada no Parlamento, polo que UGT insta a todas as forzas políticas a respectar co seu voto o consenso alcanzado no diálogo social. O Congreso non debería dilapidar o impulso colectivo logrado con este acordo social, que foi xa valorado moi positivamente pola Comisión Europea.

De maneira paralela, débese dotar de recursos suficientes á Inspección de Traballo para que poida desenvolver o seu traballo de forma aínda máis efectiva e velar polo cumprimento da normativa e implementar unha reforma integral das políticas activas de emprego, o que implica reforzar o orzamento e o persoal dos Servizos Públicos de Emprego. O obxectivo debe ser reducir o desemprego de longa e moi longa duración, que en Galicia xa se achega ás 60.000 persoas.

En canto ás políticas activas de emprego, deben ser adaptadas ás novas esixencias de dixitalización a automatización da actividade produtiva. O Sindicato lembra que esta é unha competencia propia da Xunta, polo que insta ó Goberno galego a que reactive as mesas de diálogo social para afrontar este importante reto.

Así mesmo, o sindicato lembra que, para comprobar os efectos reais da nova regulación laboral, deberán realizarse avaliacións dinámicas que permitan comprobar que as novas medidas efectivamente están a ter un impacto positivo sobre a xeración de emprego de calidade.

Entrando de cheo na análise dos datos, estes apuntan a que en Galicia polo contexto de remisión da pandemia hai unha mellora das cifras da EPA con respecto ó mesmo trimestre do ano anterior pero non así en relación ó trimestre anterior, o terceiro do ano.

Máis de 50.000 fogares con todos os activos en situación de desemprego e 28.000 nos que non entran ingresos

En canto á situación dos fogares, hai nesta Comunidade 50.900, con polo menos un activo, nos que todos os activos están en situación de desemprego e 28.000 nos que non hai ingresos.

Case 60.000 persoas son parados de longa duración en Galicia. As cifras están moi por enriba da situación prepandemia

Os datos de paro de longa duración son realmente preocupantes. Das 135.100 persoas que están en desemprego, 59.400 levan máis dun ano nesta situación, é dicir, son persoas paradas de longa duración. Estas cifras seguen moi por enriba da situación prepandemia, é dicir, a estas persoas estalles a custar moito saír do círculo do desemprego cos serios riscos de exclusión social que isto conleva. No cuarto trimestre de 2019 había en Galicia 55.700 persoas nesta situación, fronte ás 59.400 actuais. No mesmo trimestre do 2020 eran 50.100. Isto evidencia que a recuperación non está a chegar a todos e hai unha parte da sociedade que está a quedar á marxe da mesma.

A ocupación baixa en relación ó trimestre anterior, fronte á mellora do resto do Estado. En relación a hai un ano as cifras melloran pero moi por debaixo do resto do Estado

A ocupación en Galicia, en relación ó trimestre anterior, tampouco arroxa resultados moi positivos. Tralo verán volve caer o emprego, o que evidencia que o mercado laboral galego está moi suxeito á estacionalidade e está moi marcado pola temporalidade. Así, baixa a ocupación nun 1,9%, en 21.200 persoas, cando no Estado medra nun 0,8%. Si é certo que en relación a hai un ano estas cifras melloran, subindo a ocupación nun 1%, en 10.400 persoas, aínda que moi por debaixo do que sucede no resto do Estado, cunha suba do 4,35%.

A taxa de actividade é inferior en seis puntos á do resto do Estado. Mercado laboral con tendencia á inactividade e moi pouco dinámico

O escaso dinamismo do mercado laboral galego reflíctese nunha taxa de actividade de tan só 52,4 puntos, moi por debaixo dos 58,65 do resto do Estado. Isto evidencia un mercado laboral cunha clara tendencia á inactividade, ó desánimo e ás poucas oportunidades.

O paro mellora en relación a hai un ano pero empeora en relación ó trimestre anterior

O paro tamén amosa un peor comportamento que o resto do Estado. Interanualmente, cae nun 5,3% (16,56% no Estado), en 7.500 persoas, pero en relación ó trimestre anterior, este medra nun 6,6% (baixa no 9,16% no Estado), en 8.400 persoas.

Quedando a taxa de paro en Galicia, con 135.100 parados, nun 11%, e no Estado nun 13,33%. O que evidencia unha menor presión de demanda de emprego nesta Comunidade, polo xa mencionado desánimo, poucas expectativas e pouco dinamismo do noso mercado laboral.

A brecha de xénero persiste

A brecha de xénero persiste, cunha taxa de paro entre os homes de 9,9 puntos e de 12,2 entre as mulleres. Pero é que os menores de 25 anos soportan taxas de desemprego do 35,6%.

Por sectores, en relación á ocupación, obsérvase unha mellora en relación ó trimestre anterior na construción e na industria, a contracción dáse, sobre todo, nos servizos, trala temporada estival, cunha baixada da ocupación do 2,3%, fronte á suba do 0,9 e do 0,7 na industria e construción, respectivamente. No sector primario tamén se dá unha baixada, do 7,1%. No ano non hai mellora en ningún sector, salvo en servizos, cunha suba do 2,6%, pero hai que ter en conta a conxuntura de parálise de hai un ano.

A cuarta parte da poboación asalariada sofre un contrato temporal

Hai en Galicia 884.300 asalariados e a taxa de temporalidade mantense elevadísima, nun 24,3%, a cuarta parte da poboación asalariada, 215.000 persoas.


 

 

 Datos en miles

2021 IV / Trimestre

Variación

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.340,8

-0,1

0,0

1,2

0,1

Inactivos

1.114,4

12,7

1,2

-1,7

-0,2

Homes

481,8

10,8

2,3

-0,3

-0,1

Mulleres

632,7

2,0

0,3

-1,3

-0,2

Activos

1.226,4

-12,8

-1,0

2,9

0,2

Homes

638,0

-10,5

-1,6

1,3

0,2

Mulleres

588,3

-2,4

-0,4

1,5

0,3

Ocupados

1.091,3

-21,2

-1,9

10,4

1,0

Homes

574,9

-12,2

-2,1

3,5

0,6

Mulleres

516,4

-9,0

-1,7

6,9

1,4

Asalariados

884,3

-18,2

-2,0

12,6

1,4

Con contrato indefinido

669,1

1,5

0,2

8,8

1,3

Homes

350,5

-1,4

-0,4

5,5

1,6

Mulleres

318,6

2,9

0,9

3,3

1,0

Con contrato temporal

215,2

-19,7

-8,4

3,8

1,8

Homes

99,8

-10,8

-9,8

-2,2

-2,2

Mulleres

115,4

-8,9

-7,2

6,0

5,5

Parados

135,1

8,4

6,6

-7,5

-5,3

Homes

63,1

1,7

2,8

-2,3

-3,5

Mulleres

72,0

6,7

10,3

-5,3

-6,9

Menores 25 anos

18,8

4,8

34,3

3,3

21,3

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

65,9

-5,0

-7,1

-4,8

-6,8

Industria

173,5

1,6

0,9

-0,8

-0,5

Construción

71,4

0,5

0,7

-4,1

-5,4

Servizos

780,5

-18,2

-2,3

20,1

2,6

%

2021/IV

2021/III

2020/IV

  

Taxa actividade

52,4

52,9

52,3

Homes

57,0

57,9

56,9

Mulleres

48,2

48,4

48,1

Taxa ocupación

46,6

47,5

46,2

Homes

51,3

52,4

51,1

Mulleres

42,3

43,0

41,7

Taxa desemprego

11,0

10,2

11,7

Homes

9,9

9,5

10,3

Mulleres

12,2

11,1

13,2

Menores de 25 anos

35,6

24,3

33,5

Taxa temporalidade

24,3

26,0

24,3

Homes

22,2

23,9

22,8

Mulleres

26,6

28,3

25,8


 


 

Datos en miles

Total paro

Longa duración (> 1 ano)

2019/IV

145,8

55,7

2020

146,7

49,9

2020/I

156,8

55,4

2020/II

142,5

40,1

2020/III

144,8

53,7

2020/IV

142,6

50,1

2021

143,1

59

2021/I

158,3

61,4

2021/II

152,4

63,7

2021/III

126,7

51,5

2021/IV

135,1

59,4


 

Fuente: UGT-Galicia
EPA