É o momento de aumentar salarios e acometer as reformas pendentes
Fecha: 02 Sep 2021
UGT-Galicia saúda a baixada do paro pero advirte dos altos índices de contratación temporal e do risco de que as mulleres collan o tren da recuperación en peores condicións
É o momento de aumentar salarios e acometer as reformas pendentes
Setembro debe ser o mes no que se alcance un acordo para subir o SMI
Santiago, 2 de setembro de 2021.- UGT-Galicia considera que, en conxunto, os datos de emprego do período estival supuxeron un novo avance da recuperación do mercado laboral, que deixa como resultado un novo descenso do paro en agosto, sobre todo tendo en conta as circunstancias propias da tempada de verán, e da afiliación da Seguridade Social, se se atende aos datos desestacionalizados.
Con todo, é importante que a tendencia persista. A recuperación económica e o avance na remodelación do mercado laboral e do modelo produtivo pasa por profundas reformas e por lograr unha consistencia no emprego cunha taxa de paro moi inferior da que é actualmente.
Neste sentido, os fondos Next Generation EU, que comezaron a chegar a España, supoñen unha oportunidade para que o país poida saír da crise con máis forza. Iso require dun interese notable por facer cambios en ámbitos ambientais e que melloren o benestar futuro. Por iso, tamén se debe esixir que o financiamento se vincule con emprego de calidade.
É imprescindible acometer reformas
Así mesmo, é fundamental que o crecemento do emprego fágase en sintonía con melloras salariais, que redunden no incremento da demanda e, en consecuencia, no
crecemento económico. Para iso, é ineludible que aumente o SMI. Sobre todo, cando os datos publicados hoxe, así como os datos de emprego rexistrados nos meses recentes, mostran a evolución positiva do mercado laboral. Setembro debe ser o mes no que se alcance un acordo para subir o SMI.
Outro factor destes cambios nace do propio Servizo Público de Emprego, que terá que empregar as políticas activas de emprego como ferramenta fundamental para continuar impulsando o emprego de calidade. Para isto, é indispensable que haxa máis recursos e fondos á súa disposición.
En definitiva, o emprego está a reaccionar mellor do esperado á paulatina recuperación da actividade e isto propicia que sexa o momento idóneo para realizar as reformas que necesita o mercado laboral e o modelo produtivo en xeral. Se non se aproveita esta oportunidade, os traballadores serán os máis prexudicados da crise, como xa sucedeu outrora, e non se cumprirá cos obxectivos.
Entrando xa polo miúdo na análise dos datos, en Galicia en agosto, de media, rexistráronse 10.689 traballadores en ERTE, cun dato a agosto pechado de 10.810. Destes, 4698 foron homes e 6.112 mulleres. De novo, como en practicamente todos os indicadores, son as mulleres as máis prexudicadas.
En canto ós datos de desemprego, compróbase unha boa evolución. Segundo o Ministerio de Traballo e Economía Social, en Galicia no mes de agosto baixa o paro nun 0,44%, unha caída bastante menos acusada que no resto do Estado, onde descende nun 2,42%. Esta evolución é lóxica, por unha banda, pola propia estacionalidade estival que leva a incrementar as contratacións, e, por outro lado, pola mellora da actividade económica grazas ó avance da vacinación e a mellora da propia situación sanitaria, así como, pola relaxación das restricións.
En canto á evolución interanual, nesta Comunidade o paro baixou un 14,52% e nun 12,33% no resto do Estado. Non obstante, hai que ter en conta, á hora de comparar un ano con outro que os contextos sanitarios son diferentes.
Así, sitúase a cifra de desemprego en Galicia no mes agosto en 151.264, caendo en 670 persoas. E 25.687 con respecto ao mesmo mes do ano anterior.
Ano |
Agosto |
Var. Mensual |
Var. Interanual |
2007 |
140.299 |
0,2 |
-4,2 |
2008 |
152.437 |
2,1 |
8,7 |
2009 |
195.241 |
1,2 |
28,1 |
2010 |
211.532 |
0,8 |
8,3 |
2011 |
224.582 |
0,7 |
6,2 |
2012 |
257.267 |
-1,1 |
14,6 |
2013 |
257.524 |
-1,4 |
0,1 |
2014 |
236.939 |
-1,4 |
-8,0 |
2015 |
213.732 |
-1,2 |
-9,8 |
2016 |
193.045 |
-1,2 |
-9,7 |
2017 |
181.125 |
-0,4 |
-6,2 |
2018 |
164.424 |
0,6 |
-9,2 |
2019 |
153.820 |
1,9 |
-6,4 |
2020 |
176.951 |
0,9 |
15,0 |
2021 |
151.284 |
-0,4 |
-14,5 |
Por idades, entre os menores de 25 anos o desemprego caeu no mes de agosto nun 3,13% e no ano nun 36,87%. Obsérvase, polo tanto, unha evolución moito máis acusada que no conxunto de idades, basicamente, porque se está a falar da temporada estival, marcada polas contratacións eventuais que afectan ós máis mozos.
As mulleres representan xa case o 60% do desemprego en Galicia
Por sexos, o paro baixa nun 1,11% entre os homes pero sube un 0,03% entre as mulleres. En relación a hai un ano, a baixada é do 17,46 no caso masculino e do 12,35 no caso das mulleres. En termos estruturais, as mulleres representan o 59% do total do desemprego, 89.254 mulleres no paro, fronte a 62.010 homes. Neste senso, UGT-Galicia advirte e insiste sobre a peor evolución das mulleres en todos os indicadores de análise do mercado laboral e apela a que dende as administracións se traballe para articular todas as medidas necesarias para evitar que as mulleres queden á marxe da recuperación e eliminar as trabas que impiden que collan este tren.
A análise por sectores de actividade rexistra unha contracción do desemprego en todos eles. En termos absolutos destaca o sector servizos, cunha baixada de 328 persoas, pola temporada estival; en termos relativos, hai que facer fincapé na industria, cunha baixada do 1,31%.
|
Paro total |
Agricultura / Gandería |
Industria |
Construción |
Servizos |
Sen emprego anterior |
2021/Agosto |
151.264 |
5.097 |
17.313 |
11.009 |
106.076 |
11.769 |
Variación absoluta mes anterior |
-670 |
-56 |
-230 |
-96 |
-328 |
40 |
Variación relativa |
-0,44 |
-1,09 |
-1,31 |
-0,86 |
-0,31 |
0,34 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
-25.687 |
-944 |
-2.461 |
-2.715 |
-15.929 |
-3.638 |
Variación relativa |
-14,52 |
-15,63 |
-12,45 |
-19,78 |
-13,06 |
-23,61 |
Por provincias, o desemprego cae en todas, tanto no mes como no ano.
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
2021/Agosto |
60.802 |
14.409 |
17.413 |
58.640 |
Variación absoluta mes anterior |
-28 |
-128 |
88 |
-602 |
Variación relativa |
-0,05 |
-0,88 |
0,51 |
-1,02 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
-11.751 |
-2.867 |
-2.288 |
-8.781 |
Variación relativa |
-16,20 |
-16,60 |
-11,61 |
-13,02 |
A recuperación non pode pivotar sobre a precariedade e temporalidade. De cada cen contratos asinados, pouco máis de sete foron indefinidos
A contratación ascendeu en Galicia no mes de agosto á cifra de 80.231. Non obstante, neste termo, hai que advertir que se está a facer, basicamente, contratación de carácter temporal, co que iso implica para o mercado laboral xa moi precarizado e UGT-Galicia considera que non son estes os termos nos que debe pivotar a recuperación. De cada cen contratos asinados, tan só 7,67 foron de carácter indefinido.
|
TOTAL |
|||||
Indef |
Conv |
Temp |
% Conv |
total |
% indef |
|
2021/Agosto |
6.136 |
2.839 |
74.095 |
46,27 |
80.231 |
7,65 |
Variación absoluta mes anterior |
-868 |
-296 |
-20.073 |
2 |
-20.941 |
1 |
Variación relativa |
-12,39 |
-9,44 |
-21,32 |
3,37 |
-20,70 |
10,47 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
977 |
182 |
14.855 |
-5 |
15.832 |
0 |
Variación relativa |
18,94 |
6,85 |
25,08 |
-10,16 |
24,58 |
-4,53 |
En canto á taxa de cobertura por desemprego, esta sitúase nos 63,6 puntos, cun total de 89.218 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego. Deste total, 41.442 acceden a prestacións contributivas, o que supón o 46,45%. O resto son asistenciais.
Agosto 2021 |
Prestación contributiva |
subsidio |
renda activa de inserción |
Totais |
GALICIA |
41.442 |
40.990 |
6.786 |
89.218 |
A afiliación á Seguridade Social, en media mensual, é en Galicia de 1.039.470, crecendo un 0,31%.
2021/Agosto |
Galicia |
Estado |
1.039.470
|
19.473.724
|
|
Variación absoluta mes anterior |
3.198 |
-118.004 |
Variación relativa |
0,31 |
-0,60 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
26.676 |
681.348 |
Variación relativa |
2,63 |
3,63 |
NOTA: A VOCEIRA DESTE TEMA É A SECRETARIA DE POLÍTICA SINDICAL DE UGT-GALICIA, MAR MARTÍN. TELÉFONO: 616752278.