É necesario cambiar as políticas para crear emprego estable de calidade
Fecha: 06 Nov 2019

O mercado laboral galego non consegue asentar a súa mellora e segue marcado pola estacionalidade
Aumenta o paro en Galicia, como no resto do Estado, aínda que dun xeito máis acusado nesta Comunidade, xa que o aumento do desemprego galego representa o 22,85 por cento do total de España, e todos os indicadores apuntan a un mercado laboral que, a pesar da mellora da economía en termos xerais, non consegue estabilizarse e está moi marcado por condicionantes estacionais. Para UGT-Galicia, cada vez se fai máis urxente un xiro das políticas económicas e sociais, así, o obxectivo prioritario das políticas de emprego debe ser máis emprego de calidade, combatendo o paro de longa duración e a precariedade laboral.
Diminúe a afiliación no mes e aumenta o paro rexistrado en Galicia
A afiliación á Seguridade Social diminúe con respecto ao mes anterior ata situarse en 1.029.548 persoas afiliadas/cotizantes no mes de setembro de 2019, o que supón un total de 7.352 persoas afiliadas menos, un 0,7 por cento. Evolución contraria á do Estado, no que medra o 0,02 por cento.
Se a comparación a realizamos co mesmo mes do ano anterior o número de afiliados/cotizantes en Galicia aumenta en 15.660 persoas, un 1,54 por cento en termos interanuais, pero de xeito menos acusado que no Estado, que rexistra un aumento do 2,44 por cento.
As cifras de desemprego sitúanse en 156.984 persoas, o que supón un incremento do 2.1 por cento sobre o desemprego do mes de agosto deste año
No mes de setembro, Galicia aporta un aumento de 3.164 persoas desempregadas ao incremento total no Estado, no que medrou en 13.907 desempregados máis no mes. Galicia aporta, polo tanto, o 22,85 por cento do total do incremento do paro no Estado. En termos porcentuais, o incremento é moi superior en Galicia, o 2.1 fronte ao incremento do 0.45 por cento do Estado.
Se temos en conta a variación interanual, hai en Galicia unha contracción do 5,6 por cento, isto é, 9.336 persoas desempregadas menos, e neste caso cunha contracción moito maior que na media estatal, onde foi do 3.83 por cento menos (122.798 persoas desempregadas menos). Neste caso Galicia aporta o 7.6 por cento da diminución do desemprego no Estado en termos interanuais.
Setembro | Variación mes | Variación interanual | |
2008 | 156.834 | 2,9 | 11,3 |
2009 | 200.465 | 2,7 | 27,8 |
2010 | 216.095 | 2,2 | 7,8 |
2011 | 232.918 | 3,7 | 7,8 |
2012 | 259.373 | 0,8 | 11,4 |
2013 | 260.733 | 1,2 | 0,5 |
2014 | 238.203 | 0,5 | -8,6 |
2015 | 215.737 | 0,9 | -9,4 |
2016 | 194.336 | 0,7 | -9,9 |
2017 | 184.057 | 1,6 | -5,3 |
2018 | 166.320 | 1,2 | -9,6 |
2019 | 156.984 | 2,1 | -5,6 |
2019/SETEMBRO | Galicia | Estado |
| 156.984 | 3.079.711 |
Variación absoluta mes anterior | 3.164 | 13.907 |
Variación relativa | 2,06 | 0,45 |
Var. absoluta mesmo mes año anterior | -9.336 | -122.798 |
Variación relativa | -5,61 | -3,83 |
O 59 por cento das persoas desempregadas en Galicia son mulleres
Por sexos, no mes, hai unha evolución do desemprego de aumento tanto en homes como en mulleres, 2 e 2,1 por cento, respectivamente. Aínda así, as cifras falan por si mesmas, 64.594 homes e 92.390 mulleres. Do total de desemprego o 59 por cento é feminino.
Non se produce a mesma evolución en termos interanuais, onde se producen caídas máis acusadas do desemprego nos homes que nas mulleres, 6 por cento de descenso en homes e o 5,4 por cento en mulleres.
Son 7.216 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados. Aumenta no mes de setembro nada menos que o 7,51 por cento. Moitos son os mozos e mozas que atopan un emprego durante os meses de verán pero, como se comproba, son empregos temporais e estacionais, con pouca vixencia.
No ano a caída é tamén maior que á do conxunto de idades, nos menores de 25 anos diminúe nun11,4 por cento.
Datos por sectores de actividade
No mes, ao analizar por sectores de actividade prodúcese un aumento no sector Servizos, do 2,7 por cento (unha mostra máis da temporalidade asociada ao mercado laboral galego, xa que os servizos asociados á temporada de verán prescinden dos seus empregados), do 1,3 por cento no colectivo Sen Emprego Anterior e do 1 por cento na Industria. Máis moderado foi o incremento no sector da Construción, do 0,2 por cento e no sector Primario prodúcese unha contracción do 0,9 por cento (único sector no que se contrae o paro).
Se miramos a evolución interanual, prodúcese unha forte contracción en todos os sectores. Do 11,6 por cento na Construción e do 9,5 por cento no colectivo Sen Emprego Anterior, como máis significativos. Destacable tamén a Iindustria, co 6,3 por cento menos de desemprego, o Primario con 5,4 por cento e os Servizos con 4,3 por cento menos.
Paro total | Agricultura / Gandería | Industria | Construción | Servizos | Sen emprego anterior | |
2019/Setembro | 156.984 | 4.979 | 17.561 | 12.363 | 108.477 | 13.604 |
Variación absoluta mes anterior | 3.164 | -43 | 167 | 19 | 2.847 | 174 |
Variación relativa | 2,06 | -0,86 | 0,96 | 0,15 | 2,70 | 1,30 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior | -9.336 | -282 | -1.172 | -1.615 | -4.842 | -1.425 |
Variación relativa | -5,61 | -5,36 | -6,26 | -11,55 | -4,27 | -9,48 |
Mellora na contratación indefenida pola conversión de contratos. Aínda así, non chega ao dez por cento do total
Cos datos de setembro constátase que se fixeron 106.735 contratos no mes, un 14 por cento máis que no mes anterior, nada menos que un aumento do 70 por cento na contratación indefinida, principalmente polo aumento das conversións en indefinidos (que medran un 84,8 por cento no mes).
En termos interanuais, hai un aumento da contratación do 10,24 por cento, con unha contracción do 1 por cento na indefinida e aumento da temporal nun 11.5 por cento.
A porcentaxe de contratación indefinida sobre o total non chega ao 10 por cento (9.18 por cento) e incluso é inferior á rexistrada no mesmo mes do ano anterior, que foi do 10,22 por cento
A taxa de cobertura segue a ser unha asignatura pendente en Galicia
Unhas 84.672 persoas en Galicia son beneficiarias de prestación por desemprego en agosto (último dato disponible), o que representa o 60,3 por cento de taxa de cobertura. Aínda que se ten mellorado, non chega á media de España, que é do 66,2 por cento.
A cobertura por desemprego é maioritariamente asistencial. Do total de persoas beneficiarias de prestación por desemprego na nosa Comunidade, 40.270 son por prestación contributiva (o 47.6 por cento do total), 37.695 persoas son beneficiarias de subsidio por desemprego e 6.707 de Renda Activa de Inserción.
En Galicia a prestación tamén é inferior á do resto do Estado, xa que é de 791,9 euros de contía media a prestación contributiva percibida por beneficiario (euros/mes), mentras que no Estado esta percepción é superior, de 804,7 euros.
Afiliación á Seguridade Social
A afiliación á Seguridade Social sitúase en Galicia no mes de setembro en 1.029.548 persoas, o que supón un descenso con respecto ao mes anterior de 7.352 afiliados menos, o 0,71 por cento. Se a comparación a facemos co mes de setembro do ano anterior hai un aumento de 15.660 persoas, o 1,54 por cento de aumento.
Con respecto á evolución da afiliación á SS no Estado, a cifra de afiliados/cotizantes é de 19.323.451, aumentado no mes (ao contrario que en Galicia) o 0,02 por cento e cun aumento interanual moito máis elevado que o rexistrado en Galicia, o 2,44 por cento.
GALICIA | setembro 2019 | VARIACIÓN SOBRE | | | |
| | Mes anterior | | Mesmo mes ano anterior | |
| | nº | % | nº | % |
DESEMPREGO | | | | | |
Nº persoas paradas | 156.984 | 3.164 | 2,06 | -9.336 | -5,6 |
* homes | 64.594 | 1.257 | 1,98 | -4.090 | -6,0 |
* mulleres | 92.390 | 1.907 | 2,11 | -5.246 | -5,4 |
* mozos e mozas < 25 anos | 7.216 | 504 | 7,5 | -925 | -11,4 |
Por sectores* | |||||
* agricultura | 4.979 | -43 | -0,9 | -282 | -5,4 |
* industria | 17.561 | 167 | 1,0 | -1.172 | -6,3 |
* construción | 12.363 | 19 | 0,2 | -1.615 | -11,6 |
* servizos | 108.477 | 2.847 | 2,7 | -4.842 | -4,3 |
* sen emprego anterior | 13.604 | 174 | 1,3 | -1.425 | -9,5 |
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (agosto) | 84.672 | | | | |
Taxa de cobertura prestación por desemprego (agosto) | 60,31 | | | | |
Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (agosto) | 69.148 | | | | |
CONTRATACIÓN | | | | | |
Nº contratos | 106.735 | 13.106 | 14,0 | 9.917 | 10,2 |
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 9.799 | 4.036 | 70,0 | -100 | -1,0 |
* temporais | 96.936 | 9.070 | 10,3 | 10.017 | 11,5 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL | | | | | |
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) | 1.029.548 | -7.352 | -0,7 | 15.660 | 1,5 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social