É imprescindible derrogar a reforma laboral de 2012 para crear emprego digno e de calidade
A precariedade continúa a ser unha constante. A taxa de temporalidade aumenta, é do 26% , a de parcialidade do 13,4% e no caso da involuntaria do 51,3%
Fecha: 28 Oct 2021
É imprescindible derrogar a reforma laboral de 2012 para crear emprego digno e de calidade
A precariedade continúa a ser unha constante. A taxa de temporalidade aumenta, é do 26% , a de parcialidade do 13,4% e no caso da involuntaria do 51,3%
Santiago, 28 de outubro de 2021.- Os datos da EPA, feitos públicos hoxe, reflicten unha mellora do emprego, sen embargo, a precariedade continúa a ser unha constante, cunha taxa de temporalidade do 26%, aumentando en case dous puntos en relación ó trimestre anterior e ó ano 2020, e a de parcialidade do 13,4%, que no caso da involuntaria sube ata o 51,3% en Galicia. Resulta urxente derrogar a reforma laboral de 2012 e impulsar un novo sistema de políticas activas de emprego para crear traballos dignos, decentes e con dereitos. Para UGT-Galicia, a reforma laboral supón un impedimento esencial para reverter o abuso da temporalidade e parcialidade involuntaria na contratación. Urxe dar un paso cara un novo modelo de relacións laborais que impulse a creación de emprego estable e de calidade e, por tanto, erradique a precariedade crónica que asola a gran parte dos traballadores e traballadoras. De xeito simultáneo, debe establecerse un marco equilibrado de negociación colectiva, que recupere a prevalencia dos convenios sectoriais sobre os de empresa e a prórroga da cobertura esencial dos convenios ó termo da súa vixencia (o que se coñece como ultraactividade), asegurando á súa vez un crecemento xusto dos salarios.
Fronte ás interesadas interpretacións que se están lanzando en relación ás obrigas que impón a Comisión Europea respecto dos contidos da reforma laboral en España, UGT-Galicia quere deixar claro que non existe tal condicionalidade para recibir os fondos Next Generation EU. Europa si obriga a realizar modificacións legais para intentar resolver os problemas que sofre o mercado laboral, pero non di nada sobre as medidas concretas que deben introducirse, nin moito menos, sobre os aspectos que deben manterse ou removerse da nefasta (e unilateralmente imposta) reforma laboral do PP. Que ninguén busque escusas en Europa para non realizar cambios ós que se comprometeu o Goberno de coalición no seu programa.
Reforma das políticas activas de emprego e máis medios para o SEPE
Á súa vez, UGT esixe unha reforma profunda do noso sistema de políticas activas de emprego, toda vez que o actual funciona dun xeito deficiente, ofrecendo escasas oportunidades e garantías ó colectivo de desempregados. No mesmo senso, tamén é imprescindible dotar ós servizos públicos de emprego dos recurso humanos e materiais necesarios, á fin de reverter os recortes efectuados no pasado. Porque o SEPE debe converterse nun punto de apoio das empresas para solicitar empregados de calidade e aptos para as súas necesidades de contratación.
Baixando ós datos concretos facilitados hoxe, rexístrase unha mellora nas cifras da EPA con respecto ó trimestre anterior e tamén en relación ó mesmo trimestre de 2020. Motivado isto, de seguro, pola mellora tamén no eido sanitario. Hai en Galicia 126.700 persoas en situación de desemprego e, deste total, 51.500 levan máis dun ano nesta situación.
UGT-Galicia alerta do escaso dinamismo do mercado laboral galego, cunha taxa de actividade do 53%, afastada do case 60% do Estado
Non obstante, pese á mellora pola situación sanitaria, Galicia segue a presentar peculiaridades dun mercado laboral pouco dinámico, cunha taxa de actividade de tan só o 52,9%, fronte ó 59,14% do resto do Estado. Un mercado laboral, o galego, marcado pola tendencia á inactividade, ó desánimo e ás poucas oportunidades.
En canto á ocupación, esta aumentou en 35.800 persoas, un 3,3%, e, en relación ó mesmo trimestre do ano anterior, en 30.000, un 2,8%, hai en Galicia 1.112.500 ocupados. E o paro caeu en 25.700, un 16,9%. Marcado isto, ademais de pola mellora da pandemia, pola temporada estival á que se refiren os datos. En relación ó mesmo trimestre de 2020, hai 18.100 desempregados menos, baixan un 12,5%. Así, a taxa de paro queda no 14,6% no Estado e no 10,2% en Galicia, con 126.700 persoas en desemprego. Pero é que esta menor taxa galega apunta a menor presión da demanda do emprego, polo desánimo, polas poucas expectativas ou polo pouco dinamismo do noso mercado laboral.
Mulleres e mozos, os dous sectores da poboación máis prexudicados polo desemprego
Por sexos, de novo, son as mulleres as que sofren máis o desemprego, cunha taxa do 11,1%, fronte ó 9,5% no caso dos homes. E no caso dos máis mozos, esta sube ata o 24,3%.
Preocupa a forte caída do emprego na industria, con 8.800 postos de traballo menos que no mesmo trimestre de 2020, unha baixada do 4,9%. Evolución contraria ó resto do Estado onde rexistra un repunte interanual, en 40.400 empregados máis.
En termos de ocupación, esta aumenta no trimestre nos servizos, en 35.200; na industria, en 3.100; na agricultura, en 4.700; e cae na construción, en 7.300. Interanualmente aumenta só no sector servizos, en 44.500. No resto baixa, en 8.800 na industria, en 5.600 na construción e en 300 empregos no primario.
A taxa de temporalidade mantense na cuarta parte da poboación asalariada, o 26%. De feito, o repunte do emprego dáse con emprego temporal maioritariamente, en termos relativos o emprego temporal medra o 12,1% no trimestre, fronte a tan só o 1,6% do indefinido. Con respecto a hai un ano, medra o temporal nun 8,4% e o 0,6% o indefinido.
A situación dos fogares segue a ser moi preocupante. Hai en Galicia 46.100 fogares con polo menos unha persoa activa e nos que todos os activos están no paro e 28.000 sen perceptores de ingresos.
Taxa de temporalidade |
Total |
Homes |
Mulleres |
2019/I |
25,8 |
24,5 |
27,2 |
2019/IV |
25,9 |
23,9 |
28,0 |
2020/I |
25,1 |
22,7 |
27,6 |
2020/II |
22,1 |
19,7 |
24,6 |
2020/III |
24,6 |
23,4 |
26,0 |
2020/IV |
24,3 |
22,8 |
25,8 |
2021/I |
23,3 |
21,5 |
25,3 |
2021/II |
24,2 |
21,3 |
27,2 |
2021/III |
26,0 |
23,9 |
28,3 |
Fonte: Elaboración propia UGT Galicia a partir dos datos da EPA do IGE
|
2021 III / Trimestre |
Variación |
|||
trimestre anterior |
mesmo trimestre ano anterior |
||||
|
Nº |
% |
Nº |
% |
|
Poboación de 16 e máis anos |
2.340,9 |
0,4 |
0,0 |
1,9 |
0,1 |
Inactivos |
1.101,7 |
-9,7 |
-0,9 |
-9,9 |
-0,9 |
Homes |
471,0 |
-11,7 |
-2,4 |
-1,5 |
-0,3 |
Mulleres |
630,7 |
2,0 |
0,3 |
-8,4 |
-1,3 |
Activos |
1.239,2 |
10,1 |
0,8 |
11,8 |
1,0 |
Homes |
648,5 |
11,7 |
1,8 |
2,7 |
0,4 |
Mulleres |
590,7 |
-1,6 |
-0,3 |
9,1 |
1,6 |
Ocupados |
1.112,5 |
35,8 |
3,3 |
29,9 |
2,8 |
Homes |
587,1 |
22,0 |
3,9 |
10,2 |
1,8 |
Mulleres |
525,4 |
13,7 |
2,7 |
19,7 |
3,9 |
Asalariados |
902,5 |
35,5 |
4,1 |
21,9 |
2,5 |
Con contrato indefinido |
667,6 |
10,2 |
1,6 |
3,8 |
0,6 |
Homes |
351,9 |
5,2 |
1,5 |
0,3 |
0,1 |
Mulleres |
315,7 |
5,0 |
1,6 |
3,4 |
1,1 |
Con contrato temporal |
234,9 |
25,3 |
12,1 |
18,2 |
8,4 |
Homes |
110,6 |
17,0 |
18,2 |
3,4 |
3,2 |
Mulleres |
124,3 |
8,4 |
7,2 |
14,8 |
13,5 |
Parados |
126,7 |
-25,7 |
-16,9 |
-18,1 |
-12,5 |
Homes |
61,4 |
-10,3 |
-14,4 |
-7,6 |
-11,0 |
Mulleres |
65,3 |
-15,3 |
-19,0 |
-10,6 |
-14,0 |
Menores 25 anos |
14,0 |
-2,3 |
-14,1 |
-6,5 |
-31,7 |
Nº ocupados por sectores |
|
|
|
|
|
Agricultura |
70,9 |
4,7 |
7,1 |
-0,3 |
-0,4 |
Industria |
171,9 |
3,1 |
1,8 |
-8,8 |
-4,9 |
Construción |
70,9 |
-7,3 |
-9,3 |
-5,6 |
-7,3 |
Servizos |
798,7 |
35,2 |
4,6 |
44,5 |
5,9 |
% |
2021/III |
2021/II |
2020/III |
|
|
Taxa actividade |
52,9 |
52,5 |
52,5 |
||
Homes |
57,9 |
56,9 |
57,7 |
||
Mulleres |
48,4 |
48,5 |
47,6 |
||
Taxa ocupación |
47,5 |
46,0 |
46,3 |
||
Homes |
52,4 |
50,5 |
51,6 |
||
Mulleres |
43,0 |
41,9 |
41,4 |
||
Taxa desemprego |
10,2 |
12,4 |
11,8 |
||
Homes |
9,5 |
11,3 |
10,7 |
||
Mulleres |
11,1 |
13,6 |
13,1 |
||
Menores de 25 anos |
24,3 |
33,5 |
36,6 |
||
Taxa temporalidade |
26,0 |
24,2 |
24,6 |
||
Homes |
23,9 |
21,3 |
23,4 |
||
Mulleres |
28,3 |
27,2 |
26,0 |