De novo, a mellora do emprego débese a factores estacionais
Fecha: 03 Abr 2018

UGT-Galicia denuncia que os datos do desemprego feitos públicos hoxe reflicten, un mes máis, que o emprego creado volve a ser temporal, neste caso, vinculado á estacionalidade das actividades económicas.
O paro baixa en Galicia no mes de marzo en 3.104 persoas, en relación ao mes anterior, o que supón en termos relativos un 1,65 por cento. Así, hai en Galicia 185.103 persoas en situación de desemprego. Interanualmente, o paro baixou nun 11,9 por cento, en 24.953 persoas.
De novo, por sexos, obsérvase que as mulleres participan nunha menor porcentaxe nesta melloría do emprego. Mentres no caso dos homes o paro baixa nun 1,81 por cento, no caso das mulleres o fai nun 1,53 por cento. Son estas últimas as que representan o 56,5 por cento do total do paro rexistrado en Galicia. A brecha por sexos no desemprego continúa. En termos interanuais esta discriminación por sexos aínda é maior. O paro baixa, en relación a hai un ano, nun 14,4 por cento entre os homes e tan só un 9,9 por cento entre as mulleres.
Os máis mozos tamén teñen dificultades para subirse á onda do emprego. De feito, o paro entre os menores de 25 anos tan só baixou no mes de marzo en Galicia en sete persoas. Hai un total de 9.129 mozos en situación de desemprego nesta Comunidade.
Por sectores, no mes cae en todos, menos entre o colectivo de sen emprego anterior, no que medra o paro nun 1,53 por cento. En termos relativos no que máis se contrae, polo efecto estacional da Semana Santa, é no sector servizos, cunha baixada do 2,27 por cento. Na industria a baixada foi dun 0,13 por cento e na construción dun 0,54 por cento.
En relación a hai un ano, en termos absolutos, o maior descenso dáse tamén no sector servizos, no que nun ano o paro cae en preto de 15.000 persoas, unha diminución do 10,8 por cento.
Os datos de contratación evidencian a precariedade que empaña o mercado laboral galego. Senón, como se explica, que no mes de marzo se asinasen 75.688 contratos, polo efecto Semana Santa, pero que deste total 67.667 foron de carácter temporal e tan só consolidaron un aumento da afiliación á Seguridade Social de 6.395. Resulta evidente que custa, e moito, consolidar a contratación e que hai que asinar moitísimos contratos para consolidar un posto de traballo.
A afiliación á Seguridade Social medrou no mes un 0,65 por cento e un 2,68 por cento no ano. En ambos casos por debaixo das medias que se rexistran no resto do Estado. Non son bos os datos de afiliación á Seguridade Social en Galicia.
Dende UGT-Galicia reitérase que nunha economía que medra a un ritmo do 3,1 por cento o emprego non vai parello, segue habendo unha fonda crise de emprego.
UNHA NOVA CAÍDA DAS TAXAS DE COBERTURA POR DESEMPREGO E PRESTACIÓNS CADA VEZ MÁIS PRECARIAS
Crise e precariedade no emprego que se traslada tamén ao desemprego. O número de beneficiarios de prestacións en febreiro de 2018 (último dato dispoñible) foi de 95.090, rexístrase unha nova caída anual, 7.744 menos que en febreiro de 2017. A taxa de cobertura é dun 55,1 por cento, deixando fóra do sistema de protección a 77.579 persoas desempregadas (93.117 se se teñen en conta tanto aos que teñen dereito á cobertura como os que non xeraron este dereito). Un mes máis, rexístrase un forte diferencial en relación ao Estado, onde a taxa de cobertura foi do 58,2 por cento.
Ademais, hai que ter en conta que tan só hai 41.970 beneficiarios de prestacións de carácter contributivo, o 44,1 por cento do total, o que apunta á precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio que non supera os 789,4 euros.
A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexa a través dun subsidio (41.702 perceptores); renda activa de inserción (9.153 perceptores); ou programa de activación do emprego (2.265 beneficiarios).
Isto fai necesario avaliar e estender, de xeito urxente, a protección por desemprego, ampliando os criterios de acceso ás prestacións.
Ademais, é imprescindible potenciar as políticas activas de emprego desde o eido público, xa que sufriron os recortes da austeridade de xeito especialmente acusado.
UGT considera que os gobernos manifestan a súa máis absoluta carencia de altura política para deseñar unha estratexia económica innovadora capaz de fortalecer o tecido empresarial e sentar as bases dun modelo económico diferente, máis sólido e que non se sosteña exclusivamente sobre a precariedade laboral e os baixos salarios.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ DEL RÍO, SECRETARIO DE POLÍTICA INSTITUCIONAL DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 658774009.
GALICIA | mar-18 | VARIACIÓN SOBRE | |||
Mes anterior | Mesmo mes ano anterior | ||||
nº | % | nº | % | ||
DESEMPREGO | |||||
Nº desempregados rexistrados | 185.103 | -3.104 | -1,6 | -24.953 | -11,9 |
* homes | 80.552 | -1.481 | -1,8 | -13.498 | -14,35 |
* mulleres | 104.551 | -1.623 | -1,5 | -11.455 | -9,87 |
Nº parados mozos < 26 anos | 9.129 | -7 | -0,1 | -1.181 | -11,5 |
Nº desempregados por sectores* |
|
|
|
|
|
* agricultura | 6.729 | -348 | -4,9 | -1.064 | -13,7 |
* industria | 21.259 | -28 | -0,1 | -3.090 | -12,7 |
* construción | 17.728 | -97 | -0,5 | -4.625 | -20,7 |
* servizos | 123.612 | -2.868 | -2,3 | -14.892 | -10,8 |
* sen emprego anterior | 15.775 | 237 | 1,5 | -1.282 | -7,5 |
Beneficiarios prestación por desemprego (febreiro) | 95.090 |
| |||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (febreiro) | 55,07 | ||||
Parados totais sen ningún tipo de prestación (febreiro) | 93.117 | ||||
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
Nº contratos | 75.688 | 6.488 | 9,4 | -1.665 | -2,2 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 8.021 | 666 | 9,1 | 375 | 4,9 |
Nº contratos temporais | 67.667 | 5.822 | 9,4 | -2.040 | -2,9 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
| |
Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais) | 973.462 | 6.395 | 0,7 | 25.751 | 2,7 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYS |