Contratación indefinida récord, do 23%, grazas á reforma laboral

Fecha: 02 Mar 2022

Contratación indefinida récord, do 23%, grazas á reforma laboral

Santiago, 2 de marzo de 2022.- Os datos publicados hoxe sobre o paro rexistrado do mes de febreiro reflicten a gran incidencia positiva da reforma laboral no mercado de traballo, cun crecemento récord da contratación indefinida. De feito, grazas a esta reforma, impulsáronse os contratos indefinidos ata o 23,13%, multiplicándose por máis do dobre respecto a 2021, un dato que para UGT-Galicia debe seguir aumentando paulatinamente, ata consolidarse.

Tanto a estatística do paro como a da afiliación á Seguridade Social reafirman a positiva evolución do emprego, consecuencia da reactivación da actividade. Aínda que en Galicia medra moi levemente, fronte á caída no resto do Estado, interanualmente, dáse unha baixada histórica, polo menos dende o 1996 (coas series que hai dispoñibles).

Neste positivo contexto aparecen dous elementos de preocupación, de moi distinta natureza. Dun lado, a calidade do emprego xerado, que aínda que en termos de temporalidade vai mellorando grazas á reforma laboral, aínda presenta moitas eivas que hai que subsanar, como os baixos salarios. Doutro lado, a agresión de Rusia a Ucraína, que abriu un conflito de incalculables consecuencias en todos os ámbitos.

Para atacar o primeiro problema introduciuse a reforma laboral aprobada a finais do pasado ano, froito do acordo do Goberno cos interlocutores sociais. Aínda que moitas das súas medidas aínda non entraron en vigor (farano en abril), si resulta moi destacable nestes primeiros meses o aumento do peso da contratación indefinida sobre o total, como xa se apuntou. A reforma laboral está a atallar a precariedade laboral e a temporalidade e está a aumentar os empregos dignos e de calidade.

En relación á precariedade salarial que caracteriza a actividade produtiva no noso país, que é incompatible cun crecemento económico robusto e sostible, UGT-Galicia destaca a aprobación do aumento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 1.000 euros, que se aplicará con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2022, e que mellora as condicións de vida das persoas que se atopan nas posicións máis desfavorables da escala salarial.


 

Os salarios de convenio teñen que medrar

Con todo, os salarios en convenio non están a crecer de maneira acorde á situación económica, ante a escalada de prezos que se está producindo e ante as necesidades de crecemento económico para deixar atrás definitivamente a crise pandémica. A recuperación non será posible se os traballadores e as traballadoras perden de novo, como xa sucedese en 2021, poder adquisitivo.

Neste escenario, de indubidable bonanza económica, pero marcado de maneira determinante pola necesidade de afianzar a reconstrución económica e pola incerteza provocada pola guerra en Ucraína, desde UGT-Galicia considérase fundamental que a patronal e os sindicatos alcancen un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva onde se fixe unha folla de ruta común, con criterios adecuados para todos os convenios colectivos, tendo en conta as especiais circunstancias actuais, o sucedido en 2021 e as particularidades dos sectores nos que se desenvolve a súa actividade. A capacidade de adaptación e un marco estable de negociación serían claves para aumentar e mellorar o emprego de calidade no futuro inmediato.

Análise de datos

Concretando os datos relativos ó paro rexistrado que hoxe ofrecen os ministerios de Traballo e Economía Social e o de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, estes apuntan a un leve aumento do desemprego en Galicia no mes de febreiro, do 0,37%, fronte á caída do Estado, dun 0,36%. Así, hai que en Galicia un total de 154.509 persoas no paro e 3.111.684 no Estado. Non obstante, en termos interanuais, a caída do desemprego pode cualificarse como histórica, polo menos dende o ano 1996 (coas mesmas series dispoñibles), dun 16,6% nesta Comunidade e aínda máis favorable no Estado, dun 22,38%.

Por idades, entre os máis mozos, menores de 25 anos, o desemprego medrou considerablemente con respecto a xaneiro porque neste mes aínda estaban vixentes contratacións do Nadal. Así, o desemprego creceu no mes nun 5,92% pero baixou interanualmente nun 24,52%.

Por sexos, o paro cae entre os homes nun 0,39% pero aumenta entre as mulleres nun 0,94%. No ano baixa en ambos, nun 18,13% entre os homes e nun 15,42% entre as mulleres. Estas últimas seguen a soportar o 57,9% do total do desemprego en Galicia, 89.488 mulleres no paro, fronte a 65.021 homes.

En canto ós sectores de actividade, o paro aumentou nos servizos nun 0,66%; o 2,6% entre o colectivo de sen emprego anterior; e baixou na construción nun 2,86%; o 0,28% na industria; e o 1,19% no sector primario. No ano, baixa en todos, o 16,5% nos servizos, o 17,04% na industria, o 20,64% na construción, 15,45% no primario e o 13,22% entre o colectivos de sen emprego anterior.

Mensualmente, territorialmente, a evolución foi diferente. O paro medrou en Pontevedra, un 1,53%, mentres que no resto das provincias baixou, o 0,41% na Coruña, o 0,34% en Lugo e o 0,24% en Ourense. No ano a contracción rexistrouse en todas, en Lugo, cun 20,69%, na Coruña, cun 17,4%, en Ourense, cun 16,3%, e en Pontevedra a baixada foi dun 14,75%.

Como xa se apuntaba en parágrafos precedentes, a contratación indefinida mellora moito cun excelente dato, un 23,13%, unha porcentaxe que pode considerarse histórica. Hai que lembrar que xa no mes de xaneiro se rexistrara unha mellora, do 16,08% (9,46% en decembro) pero agora volveuse a dar un salto cuantitativo grazas á implementación progresiva das medidas que contén a reforma laboral e o Sindicato agarda que nos vindeiros meses, coa posta en marcha de medidas aínda pendentes, as cifras melloren aínda máis.

A cobertura por desemprego é do 63,9% en Galicia, con 90.995 persoas beneficiarias, o 47% delas de carácter contributivo.

A media mensual da afiliación á Seguridade Social sitúase en Galicia no mes en 1.026.146, crecendo un 0,41%. No ano sube un 3,23%.

Finalmente, en relación ós ERTE, a media mensual en febreiro foi de 5.242 traballadores e traballadoras, dos cales 4.412 están por ERTE Covid. Se se analizan os datos do último día do mes, obsérvase que o 54,4% son mulleres.

Cifras Record de conversións, record de contratos indefinidos.

 

TOTAL

Indef

Conv

Temp

% Conv

total

% indef

2022/Febreiro

15.032

5.947

49.956

39,56

64.988

23,13

Variación absoluta mes anterior

3.621

1.575

-9.575

1,2

-5.954

7,0

Variación relativa

31,73

36,02

-16,08

 

-8,39

 

Variación absoluta mismo mes del año anterior

9.399

3.124

6.415

-10,6

15.814

11,7

Variación relativa

166,86

110,66

14,73

 

32,16

 


 

Evolución % contratación indefinida (iniciais e conversións)

2021/Xaneiro

10,30

2021/Febreiro

11,46

2021/Marzo

14,87

2021/Abril

11,37

2021/Maio

9,60

2021/Xuño

8,62

2021/Xullo

6,92

2021/Agosto

7,65

2021/Setembro

8,71

2021/Outubro

8,87

2021/Novembro

13,45

2021/Decembro

9,46

2022/Xaneiro

16,08

2022/Febreiro

23,13


 


 


 


 


 


 


 


 


 

GALICIA

Febreiro 2022

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

154.509

577

0,37

-30.719

-16,6

* homes

65.021

-253

-0,39

-14.399

-18,1

* mulleres

89.488

830

0,94

-16.320

-15,4

* mozos e mozas < 25 anos

6.370

356

5,9

-2.069

-24,5

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.665

-68

-1,2

-1.035

-15,4

* industria

16.623

-46

-0,3

-3.415

-17,0

* construción

10.959

-323

-2,9

-2.851

-20,6

* servizos

109.378

713

0,7

-21.607

-16,5

* sen emprego anterior

11.884

301

2,6

-1.811

-13,2

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (xaneiro)

90.995

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (xaneiro)

63,92

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

61.601

-252

-0,4

-12.978

-17,4

Lugo

14.778

-50

-0,3

-3.855

-20,7

Ourense

17.156

-41

-0,2

-3.340

-16,3

Pontevedra

60.974

920

1,5

-10.546

-14,7

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

64.988

-5.954

-8,4

15.814

32,2

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

15.032

3.621

31,7

9.399

166,9

* temporais

49.956

-9.575

-16,1

6.415

14,7

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.026.146

4.193

0,4

32.117

3,2

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 


 

 

Fuente: UGT-Galicia