A contratación indefinida en abril supera o 40%
Fecha: 04 May 2022
A contratación indefinida en abril supera o 40%
O paro baixa en Galicia pero presenta un peor comportamento, tanto no mes como interanualmente, que no resto do Estado
Santiago, 4 de maio de 2022.- Os datos do paro publicados hoxe polo Ministerio de Traballo e Economía Social e polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións reflicten unha baixada do desemprego en Galicia, tanto no mes como respecto ó ano anterior, aínda que máis leve que no resto do Estado. Así, o desemprego diminúe nesta Comunidade no mes nun 1,78% (2,8% no Estado) e en relación ó mesmo mes do ano anterior, nun 11,8% (22,71% no Estado). Non obstante, o dato máis salientable que arroxan os datos de hoxe é o relativo á contratación indefinida, que se sitúa en cifras históricas, chegando ó 42,27%. Lembrar que estas cifras xa comezaron a mellorar a comezos de ano, coa posta ne marcha da reforma laboral, pero mes a mes as cifras seguen a mellorar. En marzo a contratación indefinida era do 29,26% e hai un ano, en abril de 2021, do 11,37%.
Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social publicados hoxe seguen mostrando unha evolución favorable da creación de emprego, a pesar do contexto internacional e o incremento descontrolado dos prezos. Non obstante, hai que matizar que en Galicia estes son peores que no resto do Estado.
Os datos dos últimos meses permiten constatar que a nova normativa laboral está a ser efectiva para combater as grandes disfuncionalidades do noso mercado de traballo, como a elevada temporalidade e rotación laboral ou o problema de subemprego involuntario.
Desde xaneiro creáronse 74.156 contratos indefinidos
De modo que miles de persoas están a poder acceder a postos de traballo con contrato indefinido, o cal lles asegura condicións máis estables e seguras e, en definitiva, un horizonte de futuro máis digno. Algo que está a permitir o impulso dun tecido empresarial máis produtivo e competitivo, favorecendo unha maior retención e transmisión da experiencia acumulada por parte dos empregados e empregadas.
Con todo, a tendencia positiva en materia de emprego vese comprometida pola prolongación da invasión rusa a Ucraína, que máis aló das graves consecuencias humanitarias, está a intensificar os problemas inflacionistas. A cesta da compra segue encarecéndose, mentres que o custo de produción das empresas –sobre todo as electrointensivas- tamén se viu afectado negativamente. Todo iso propiciou un reaxuste á baixa das expectativas de crecemento no noso país, retardando o proceso de recuperación económica e social.
Non se pode baixar a garda
Por iso, UGT-Galicia considera que non é momento de baixar a garda, senón todo o contrario. Hai que seguir despregando medidas que resulten efectivas para salvagardar o emprego, xa que, como se puido comprobar durante a crise derivada do COVID-19, isto supón a mellor receita para saír máis rápido e forte de contextos de adversidade económica.
O sindicato reivindica como obxectivo esencial a protección do poder de compra dos traballadores e traballadoras e, neste sentido, lembra que os salarios están a crecer moi por baixo do nivel de prezos, ao rexistrar unha subida en convenio do 2,36% ata marzo, en contraste co IPC, cuxa taxa media en 2022 ascende ao 8%. Se queremos que a actividade económica e a creación de emprego non se vexa freada, é esencial que a clase traballadora non vexa mermada a súa capacidade adquisitiva, pois só a través do sostemento do consumo e a demanda interna lograremos minimizar os efectos negativos do complicado contexto internacional.
Análise dos datos
Continuando coa análise dos datos, estes indican que hai en Galicia un total de 150.602 persoas en situación de desemprego e 3.022.503 no Estado.
Deste total, 6.405 son menores de 25 anos e, en relación ó mes anterior, o paro entre os máis mozos baixou nun 2,7% e en relación a hai un ano nun 7,1%.
Por sexos, o paro baixou entre as mulleres no mes nun 1,96% e un 1,53% entre os homes. No ano a contracción foi do 12,12% no caso dos homes e dun 11,59% entre as mulleres. Estruturalmente, as mulleres seguen a representar o 58% do total do desemprego rexistrado en Galicia, 87.351 mulleres, fronte a 63.251 homes.
Por sectores, no mes o desemprego só se incrementa na industria, nun 0,26%. No resto baixa, nun 1,06% no primario; o 0,66% na construción; o 2,4% nos servizos; e o 0,34% no colectivo de sen emprego anterior. No ano si baixa o paro considerablemente en todos os sectores. O 7,35% no primario; o 15,47 na industria; o 14,47% na construción; o 12,29% nos servizos; e o 0,72% no colectivo de sen emprego anterior.
En termos provinciais, baixa en todas menos en Ourense, onde sube o paro no mes nun 0,28%. Baixa un 2,35% na Coruña; o 2,79% en Lugo; e o 1,56% en Pontevedra. No ano a contracción é forte en todas, do 13,38% na Coruña; 16,2% en Lugo; 9,22% en Ourense; e do 9,81% en Pontevedra.
En materia de contratación, como xa se apuntou en parágrafos precedentes, os datos son moi bos e poden cualificarse de históricos, cunha porcentaxe de contratación indefinida que chega ó 42,27%. Esta porcentaxe sube ata o 67,4% no caso da agricultura, ó 76,5% na construción; e é o 32,8% na industria; e do 41% no sector servizos.
En canto á cobertura por desemprego, a taxa sitúase no 60%, con 85.612 beneficiarios.
No mes a afiliación á Seguridade Social é en Galicia de 1.033.997, medrando un 0,54%. No ano este incremento foi do 3,19%.
GALICIA |
abr-22 |
VARIACIÓN SOBRE |
|||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
||||
nº |
% |
nº |
% |
||
DESEMPREGO |
|||||
Nº persoas paradas |
150.602 |
-2.734 |
-1,8 |
-20.176 |
-11,8 |
* homes |
63.251 |
-985 |
-1,5 |
-8.720 |
-12,1 |
* mulleres |
87.351 |
-1.749 |
-2,0 |
-11.456 |
-11,6 |
* mozos e mozas < 25 anos |
6.405 |
-177 |
-2,7 |
-487 |
-7,1 |
Por sectores* |
|||||
* agricultura |
5.481 |
-59 |
-1,1 |
-435 |
-7,4 |
* industria |
16.501 |
42 |
0,3 |
-3.019 |
-15,5 |
* construción |
10.754 |
-71 |
-0,7 |
-1.820 |
-14,5 |
* servizos |
105.752 |
-2.605 |
-2,4 |
-14.814 |
-12,3 |
* sen emprego anterior |
12.114 |
-41 |
-0,3 |
-88 |
-0,7 |
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (marzo) |
85.612 |
|
|||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (marzo) |
60,0 |
||||
Por provincias |
|||||
A Coruña |
59.363 |
-1.427 |
-2,3 |
-9.172 |
-13,4 |
Lugo |
14.248 |
-409 |
-2,8 |
-2.754 |
-16,2 |
Ourense |
17.358 |
49 |
0,3 |
-1.763 |
-9,2 |
Pontevedra |
59.633 |
-947 |
-1,6 |
-6.487 |
-9,8 |
CONTRATACIÓN |
|||||
Nº contratos |
64.296 |
-5.891 |
-8,4 |
-1.326 |
-2,0 |
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
27.179 |
6.645 |
32,4 |
19.716 |
264,2 |
* temporais |
37.117 |
-12.536 |
-25,2 |
-21.042 |
-36,2 |
AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL |
|||||
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) |
1.033.997 |
5.540 |
0,5 |
32.004 |
3,2 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones |