Consolídase en Galicia un modelo de mercado laboral baseado na rotación e a baixa calidade dos contratos e con menos cobertura para os parados
Fecha: 04 Ene 2017

En Galicia segue a haber máis de 200.000 desempregados
Remata o mes de decembro de 2016 con 205.914 desempregados en Galicia, medrando o 1.2% con respecto ao mes anterior, o que representa 2.360 persoas desempregadas máis. Ista é unha evolución moi desfavorable se a comparamos co sucedido no Estado, no que cae o desemprego nun 2,3%. No Estado a cifra de desempregados sitúase en 3.702.974, caendo en 86.849 parados menos. Pola contra, Galicia ten unha evolución contraria á do Estado e a da maioría das CCAA, tan só medra en Cantabria, Galicia e A Rioxa (de máis a menos, por esta orde).
En termos interanuais, dende hai catro anos consolídase a contracción do desemprego neste mes. En Galicia a variación foi de baixada do desemprego nun 10%, cun total de 22.894 desempregados menos (no Estado tamén hai unha acusada contracción con 390.534 parados menos, o -9,5%).
Decembro | Variación mensual | Variación interanual |
2007 | 1,5 | -3,5 |
2008 | 5,0 | 22,5 |
2009 | 2,8 | 17,3 |
2010 | 2,4 | 6,5 |
2011 | 1,9 | 8,8 |
2012 | 0,8 | 8,0 |
2013 | 0,1 | -2,8 |
2014 | 1,3 | -7,1 |
2015 | 1,6 | -9,2 |
2016 | 1,2 | -10,0 |
A mellora beneficia aos homes pero perxudica ás mulleres
O aumento do desemprego, no mes, non repercute de xeito igual nos homes que nas mulleres, medrando con forza nos homes o 3,7% e caendo nas mulleres o -0,9 %. A pesar desta evolución as mulleres seguen a ter maior peso no desemprego, acadando unha porcentaxe do 54,2% do total.
En termos interanuais cae en ambos sexos, pero como xa se ven consolidando, a recuperación das cifras de desemprego beneficia moito máis a homes que a mulleres. Os homes contraen a cifra de desempregados nun 11,7% fronte á menor caída, o -8,54%, no caso das mulleres. O mercado laboral, ao retomar unha senda de mellora, beneficia moito máis aos homes, a desigualdade segue presente. 94.353 desempregados e 111.561 desempregadas no mes.
A saída de mozos a outros países fai que baixe o paro
Por idades o paro para os menores de 25 anos sitúase en 9.391 persoas, cunha evolución máis favorable que a do total do paro. Medra no conxunto de idades o 1.16% e nos menores de 25 anos cae o 4,53%. No ano hai unha caída tamén máis acusada que no total de idades (a caída de parados menores de 25 anos é do 17.33%, que son 1.969 persoas desempregadas menos) fronte ao -10% do total de idades. As razóns desta forte caída podemos atopala na saída de efectivos da nosa comunidade así como a falta de relevo xeracional.
O paro aumenta con contundencia na Construción e na Industria
No mes, por sectores, cae nos Servizos e no Sen emprego anterior, o 0,7% e 2,6% respectivamente. É lóxico pola temporada de Nadal que haxa un repunte de emprego nos servizos, pero medra con contundencia, como ven sendo habitual neste mes nos últimos anos, na Construción cun 8,61% máis, o que representa que haxa 1.852 parados máis. Tamén na industria hai un considerable aumento do desemprego, 1335 parados máis, o 5,52%
No ano contraese con contundencia en todos eles, en todos os sectores, destacando a contracción de máis de 12.000 desempregados nos Servizos.
O modelo de mercado laboral galego baséase na rotación e a baixa calidade dos contratos
No mes rexistráronse un total de 71.509 contratos, proba da rotación que se dá no mercado laboral galego, xa que o número de asalariados sitúase en torno a 840.000 persoas. No mes de decembro caen tanto os indefinidos, nada menos que o 11,5%, como os temporais, que caen o 5,5%. Tamén cae a contratación no mes, o 6%, e medra o 4,2% no ano. A porcentaxe de contratación indefinida sobre o total é do 7,5%. Tan só 7,5 de cada cen contratos son de modalidade indefinida, ben sexan iniciais ou conversións en indefinido.
A taxa de cobertura segue estando por debaixo da media de España, xa de por si moi baixa
A cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego en Galicia en novembro de 2016 (último dato dispoñible), é de tan só 98.059, segue en valores mínimos. O carácter contributivo desta prestación está en mínimos, tan só 40.535 son beneficiarios de prestación contributiva. A taxa de cobertura é do 52,5% no mes, moi por debaixo do 55,7% no Estado.
En Galicia hai 105.495 persoas desempregadas sen ningún tipo de cobertura.
A afiliación á SS tamén por debaixo da media nacional
A media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 963.735 afiliados cotizantes en Galicia), 4.809 afiliados menos, o que representa un 0.5%. Na nosa Comunidade dáse unha evolución contraria á do conxunto do Estado, contexto no que medra a afiliación nun 0,4%. Con respecto ao mes de decembro de 2015 medra a afiliación en 1,86%, 17.613 máis. No Estado o incremento é do 3,12%, moi superior ao noso contexto.
GALICIA | Decembro 2016 | VARIACIÓN SOBRE | | | |
| | Mes anterior | | Mesmo mes ano anterior | |
| | nº | % | nº | % |
DESEMPREGO | | | | | |
Nº desempregados rexistrados | 205.914 | 2.360 | 1,2 | -22.894 | -10,0 |
* homes | 94.353 | 3.330 | 3,7 | -12.471 | -11,67 |
* mulleres | 111.561 | -970 | -0,9 | -10.423 | -8,54 |
Nº parados mozos < 26 anos | 9.391 | -446 | -4,53 | -1.969 | -17,3 |
Nº desempregados por sectores* | | | | | |
* agricultura | 8.305 | 515 | 6,6 | -924 | -10,0 |
* industria | 25.499 | 1.335 | 5,5 | -3.353 | -11,6 |
* construción | 23.368 | 1.852 | 8,6 | -4.773 | -17,0 |
* servizos | 132.419 | -914 | -0,7 | -12.051 | -8,3 |
* sen emprego anterior | 16.323 | -428 | -2,6 | -1.793 | -9,9 |
Beneficiarios prestación por desemprego (novembro) | 98.059 | | | | |
Taxa de cobertura prestación por desemprego (novembro) | 52,49 | | | | |
Parados totais sen ningún tipo de prestación (novembro) | 105.495 | | | | |
CONTRATACIÓN | | | | | |
Nº contratos | 71.509 | -4.571 | -6,0 | 2.863 | 4,2 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 5.342 | -692 | -11,5 | 937 | 21,3 |
Nº contratos temporais | 66.167 | -3.879 | -5,5 | 1.926 | 3,0 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL | | | | | |
Nº afiliados (datos provisionais) | 963.735 | -4.809 | -0,5 | 17.613 | 1,86 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS | | | | | |