Consello Sindical Interrexional

As organizacións sindicais que constitúen o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal (UGT-Galicia, UGT-Portugal, CCOO de Galicia e CGTP-IN) establecen nos Estatutos do CSIr aprobados en 2006 as normas e órganos de goberno que son: Asamblea Xeral e Comisión Executiva.

Asemade están constituídas comisións e grupos de traballo para materias concretas completando así o desenvolvemento deste órgano de participación e acción sindical no ámbito da Eurorrexión.

Os principais obxectivos do CSIr Galicia-Norte de Portugal son os seguintes:

O estudo e valoración dos problemas económicos, socias e laborais, comúns de Galicia e do Norte de Portugal

A coordinación de accións de defensa e promoción que os intereses sociais, políticas económicos, profesionais e culturais das persoas traballadoras.

A participación no desenvolvemento e execución de actividades e labores tendentes a incrementar o benestar social, económico e intelectual das persoas traballadoras no ámbito da Eurorrexión.

A promoción da cooperación interrexional transfronteiriza e a solidariedade das persoas traballadoras de ambas rexións.

A aplicación e execución dos plans bianuais de actividades e das resolucións emanadas do propio CSIr e da Confederación Europea de Sindicatos.

A Presidencia do Consello Sindical Interrexional ten carácter rotatorio sendo elexido cada dous anos como presidente o Sº Xeral de cada un dos sindicatos que o compoñen.

 

 

Documentación:

ESTATUTOS DO CONSELLO SINDICAL INTERREXIONAL GALICIA/NORTE DE PORTUGAL

Conclusións do Grupo de Traballo Inspeccións de Traballo e Autoridade para as Condicións de Traballo, Galiza - Norte de Portugal. Tui, 24 de abril de 2015

Eures15_1 Conclusións da Xornada de Formación de Colaboradores Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, para sindicatos e Asociacións Empresariais

Conclusións do Encontro Multisectorial da Industria e da Innovación Tecnolóxica,