Concentracións hoxe en toda Galicia en demanda de pensións dignas e pola derrogación da reforma de 2013

Fecha: 15 May 2018

Dentroda campaña de mobilizacións que CCOO e UGT están a levar a cabo nadefensa dunhas pensións dignas para todos, ambos sindicatos convocaron hoxe concentracións na Coruña, Ferrol, Santiago,Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, Valdeorras, Pontevedra, Arousa, O Grovee Vigo.

Nestanova convocatoria vaise incidiuse na demanda da derrogación xa dareforma das pensións imposta polo Goberno do PP no ano 2013.

UGT-Galiciae o S.N. de CCOO de Galicia denuncian que as pensións perden poderde compra e só se revalorizan un 0,25% cada ano e, fronte a isto,todo sube, os prezos xa se sitúan este ano en media interanual nun1,1%.

Resultadifícil falar de pensións suficientes cunha pensión media enGalicia que non supera os 788 euros ao mes (918 euros no resto doEstado). Pero é que o 64% das pensións non chega ao SMI en Galicia(50% no resto do Estado).

Ambossindicatos lembran que as pensións son a fonte de ingresos de máisde nove millóns de persoas e que catro de cada dez pensiónscontribuíron a soster ás súas familias durante a crise.

E,neste contexto, hai que alertar sobre a ineficacia do Goberno do PPpara abordar o desequilibrio financeiro das contas da SeguridadeSocial, consumindo anticipadamente o Fondo de Reserva e endebedandocon préstamos.

Frontea isto, o Goberno presenta uns Orzamentos Xerais do Estado para o2018 que non revalorizan as pensións nin dan solución aos problemasda Seguridade Social, todo o contrario, co crédito de 15 milmillóns, os agudiza.

Portodo isto, CCOO e UGT chaman á mobilización á cidadanía galega,para asegurar o poder adquisitivo das pensións; para erradicar odéficit da Seguridade Social; para garantir o presente e o futurodas pensións e o sistema público; porque o Goberno bloquea odiálogo social e non atende as demandas sindicais nin as iniciativasaprobadas no Parlamento para garantir o poder adquisitivo daspensións e derrogar a reforma de 2013; porque urxe garantir aviabilidade do sistema de pensións; porque, de non impedir osefectos da reforma de 2013, a relación media entre pensión e últimosalario caerá dende o 80% a menos do 50%, empobrecendo drasticamenteaos pensionistas, de feito, 15 millóns de pensionistas recibirán amesma proporción da renda nacional que os nove millóns actuais;porque hai que eliminar as subvencións con cargo á SeguridadeSocial, cuxo custe debe asumir o Estado; porque hai que conseguir queos gastos do sistema se paguen como o resto dos organismos públicos,cos Orzamentos Xerais do Estado e non con cotizacións; porque haique destopar as cotizacións; e porque hai que mellorar os ingresosdo sistema, tanto os derivados de cotizacións como de ingresosfiscais.

ASEGURAR OPODER ADQUISITIVO. REVISAR AS FONTES DE FINANCIAMENTO. REMATAR CODÉFICIT DA SEGURIDADE SOCIAL

Endefinitiva, son tres os eixos fundamentais sobre os que deben pivotaras demandas para garantir o sistema público de pensións: asegurar oseu poder adquisitivo, para o cal debería aplicarse a previsión deinflación máis unha cláusula de revisión a finais de ano. Istoimplica derrogar a fórmula que se aplica actualmente para arevalorización das pensións que só sirve para rebaixar a súacontía e que pode conducir a un sistema de pensións mínimas.

Taménurxe a revisión das fontes de financiamento co obxecto de restituíro equilibrio entre ingresos e gastos da Seguridade Social e que osistema se financie non só con cotizacións, senón tamén conimpostos.

E,finalmente, hai que rematar xa co déficit da Seguridade Social,acabando coas bonificacións á contratación das empresas;financiando os gastos da Seguridade Social dende os Orzamentos edestopar as bases de cotización. Estas tres medidas aforrarían15.500 millóns de euros que poderían acabar co déficit que oGoberno do PP aumentou coas súas políticas.

UGTe CCOO cren, unha vez máis, que sobran as razóns para saír ásrúas das principais cidades e vilas galegas este 16 de maio. Hai queseguir loitando por unhas pensións dignas, tanto as presentes comoas futuras.


CONCENTRACIÓNSCONVOCADAS POR CCOO E UGT PARA O DÍA 16 EN GALICIA:



A CORUÑA

12.00

OBELISCO

FERROL

12.00

EDIFICIO XUNTA

SANTIAGO

12.00

PRAZA CERVANTES

LUGO

12.00

CONCELLO

VIVEIRO

12.00

CONCELLO

FOZ

12.00

CONCELLO

OURENSE

12.00

SUBDELEGACIÓN GOBERNO

O BARCO DE VALDEORRAS

12.00

CONCELLO

PONTEVEDRA

12.00

SUBDELEGACIÓN GOBERNO

VILAGARCÍA

12.00

PRAZA RAVELLA

O GROVE

12.00

CONCELLO

VIGO

11.30

MUSEO MARCO, RÚA PRÍNCIPE















Fuente: UGT-Galicia