Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
Fecha: 20 Feb 2017

UGT-Galiciae o S. N. de CCOO de Galicia convocan para o próximo mércores, día22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais endefensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actualescenario económico vén definido polo continuo do crecemento doproduto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticosde aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que estaincipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora,tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máisde oito anos de crise.
Mediadoxa o mes de febreiro, aínda non foi posible consensuar coaspatronais o díxito de aumento salarial para este ano, tal e como seestablecía no III Acordo sobre Emprego e Negociación Colectiva. Osaumentos dos últimos meses sitúan a taxa interanual do IPCno 3 % en xaneiro, prexudicando a capacidade de compra dos fogares.Porén, a proposta das organizacións empresariais fica curta, conaumentos de «ata o 1,5 %», cifra inaceptable, pois suporía a perdade poder de compra dos traballadores e as traballadoras nun contextode expansión da actividade e dos beneficios empresariais.
UGTe CCOO apostan por compatibilizar a mellora de competitividadeempresarial coa mellora dos salarios reais: subas do 1,8 ao 3 %, concláusula de revisión para evitar que o aumento do IPCpor riba da previsión prexudique o pactado.
Ambosos dous sindicatos defenden a recuperación dos salarios, pero taménda calidade do emprego: nos últimos anos non deixou de medrar aprecariedade; hoxe, de cada 100 contratos que se asinan, 91 sontemporais e 9 indefinidos, dos cales unicamente 5 son indefinidos atempo completo.
Isto,sumado a un paro de longa duración que afecta ao 58 % do total depersoas desempregadas, un paro xuvenil que alcanza ao 40 % dapoboación activa galega menor de 25 anos, a caída en 16 puntos dacobertura das prestacións por desemprego —só recibe prestación o53 % das persoas paradas e rexistradas nos servizos públicos deemprego— e unhas baixas pensións que ocupan os últimos postos anivel estatal —e das que dependen cada vez máis familias—conduce a unha situación insostible.
Ossindicatos defenden que a situación actual esixe actuar con urxenciapara rescatar as familias e construír un modelo de crecemento quereduza o desemprego; que atalle a pobreza nas súas múltiplesmanifestacións; que sirva para soster o modelo social recuperando acalidade perdida na sanidade, a educación, a atención ádependencia; que aposte pola industria e a innovación e a ciencia epor un marco democrático das relacións laborais; que recupere acalidade do emprego, a negociación colectiva e o tratamento dodespedimento. Nesta orde de cousas non se pode esquecer a necesidadede derrogar as reformas laborais impostas que tan lesivas están aser para o mercado laboral.
CONCENTRACIÓNS
— ACoruña: ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios da Coruña(praza de Luís Seoane, 1-11)
— Ferrol:ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios de Ferrol (Cantónde Molíns, 8-9)
— Santiagode Compostela: ás 19.30 h, diante da Confederación de Empresariosde Galicia (rúa do Vilar, 54)
— Lugo:ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios de Lugo (praza deSanto Domingo, 6)
— Ourense:ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios de Ourense (prazadas Damas, 1)
— Pontevedra:ás 19 h, diante da Cámara de Comercio (Xardíns de Vicenti, 4)
— Vigo:ás 11.30 h, diante da Confederación de Empresarios (rúa de GarcíaBarbón, 104)
Santiagode Compostela, 20 de febreiro de 2017