Concentracións e manifestacións sucedéronse nas cidades e vilas galegas baixo o lema “Folga non é delito. Derrogación do art.315.3 do Código Penal”

Fecha: 08 Feb 2016

Centos de persoas, convocadas por UGT e CCOO, mobilizáronse hoxe en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense e Pontevedra para reivindicar que a “Folga non é delito. Derrogación do art.315.3 do Código Penal”. En Vigo tamén está convocada unha concentración que terá lugar o día 11 ás 19 horas diante do Marco.

Ambos sindicatos consideran que hai razóns máis que suficientes para a mobilización, o dañino artigo 315.3 do Código Penal, polo que se criminaliza a participación dos traballadores nas folgas, ou a Lei de seguridade cidadá, que introduce máis recortes nos dereitos fundamentais.

A folga é un dereito fundamental recoñecido en case todos os países do mundo pero en España estase restrinxindo o seu exercicio para, ao tempo, silenciar á cidadanía. Preténdese converter o conflito social nun problema de orde pública, camiñando cara un Estado de carácter policial.

Xa se criminalizaron as actuacións de trescentos sindicalistas en defensa dos dereitos dos traballadores. En Galicia, Carlos e Serafín, con penas de prisión de tres anos, aínda están á espera de que se lles de resposta ás peticións de indulto. Mentres tanto, continúan as mobilizacións na súa defensa. Tamén están os cinco traballadores de Arcelor, en Asturias, ou os oito traballadores de Airbus, en Madrid, para os que a Fiscalía pide en total 66 anos e cárcere.

O marcado carácter ideolóxico destas reformas persegue un único obxectivo, acernar as liberdades democráticas para acalar a protesta social e o exercicio desas liberdades fronte ás políticas de recortes, restritivas e antisociais.

Debido a este retroceso inaceptable das liberdades públicas e das vías de participación democrática, CCOO e UGT, continuando coa campaña iniciada xa hai un ano, convocaron as mobilizacións celebradas hoxe en toda Galicia.



 

Fuente: UGT-Galicia