A Comisión Executiva de UGT-Galicia foi elixida polo 77 por cento dos votos

Fecha: 09 May 2016

​Os delegados asistentes ao 12º Congreso de UGT-Galicia, que se celebrou onte e hoxe en Santiago, veñen de elixir, cun 77 por cento dos votos á nova Comisión Executiva de UGT-Galicia, encabezada polo secretario xeral, José Antonio Gómez. Unha Executiva integrada por 7 membros, catro homes e tres mulleres.   

Así, a nova Comisión Executiva de UGT-Galicia está formada por:

Secretaría xeral, José Antonio Gómez Gómez.

Secretaría de Organización e Administración, José Luís Fernández Celis.

Secretaría de Política Sindical, Emprego e Seguridade Social, Luís Manuel Baneira Gómez.

Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais, Mónica Rodríguez Ponte.

Secretaría de Políticas Sociais, María Isabel González Jardón.

Secretaría de Saúde Laboral e Medioambiente, Raquel Seijas Lamelas.

Secretaría de Política Institucional, José Carlos Rodríguez del Río.



 

Fuente: UGT-Galicia