As cifras do paro evidencian precariedade, a cronificación do desemprego e a asistencialidade das prestacións
Fecha: 11 Mar 2016

As cifras do paro feitas públicas hoxe evidencian precariedade na contratación e altos niveis de rotación laboral, o que, evidentemente, sempre trae consigo temporalidade e precariedade. A UGT-Galicia tamén lle preocupa a cronificación do desemprego, o que está a provocar que xa se rexistren en Galicia 119.780 persoas paradas sen ningún tipo de cobertura, máis da metade dos desempregados, e que tan só o 42 por cento dos beneficiarios das prestacións o sexan das de carácter contributivo. Un mes máis constátase a asistencialidade das prestacións, co que isto conleva, baixas contías e que se configuren situacións familiares próximas á pobreza e exclusión social.
Para o Sindicato, é evidente que a conxuntura laboral non remonta e as familias seguen no pozo da crise.
Concretamente, os datos facilitados hoxe polo INEM amosan que en Galicia o desemprego baixou o 0,5 por cento no mes. Así, nesta Autonomía hai un total de 235.268 desempregados. Interanualmente, o desemprego baixa no 8,7 por cento.
Un mes máis, evidénciase unha importante contracción da poboación en idade de traballar, pola saída de poboación cara fóra na busca dun futuro mellor e polo retorno de inmigrantes aos seus países de orixe. De feito, continúa a caída do desemprego entre o colectivo dos estraxeiros, cun 5,4 por cento de diminución interanual.
Por sexos, constátase que, ao retomar o mercado laboral unha senda de tímida mellora, beneficia moito máis aos homes, a desigualdade segue presente. Neste mes o desemprego medrou entre as mulleres nun 0,1 por cento, mentres entre os homes caeu nun 1,2 por cento. As mulleres volven a ter o maior peso no desemprego, acadando o 53,7 por cento do total.
Por provincias, no mes rexistráronse caídas en A Coruña, do 1,13 por cento, e en Pontevedra, do 0,55 por cento. Pola contra, medrou en Lugo, o 0,94 por cento, e en Ourense, o 0,61 por cento. En termos interanuais, contráese en todas.
Por idades, o desemprego entre os menores de 25 anos sitúase nas 12.123 persoas, medrando no mes, contrariamente ao que sucede na media de idades, concretamente, nun 2,41 por cento. Sen embargo, no ano a caída é máis acusada, do 12,1 por cento, pola saída de efectivos xa mencionada anteriormente e pola falta de relevo xeracional.
Por sectores, o desemprego medra só entre o colectivo de sen emprego anterior, nun 1,6 por cento. Mantense no de servizos e cae no resto. No ano cae en todos, destacando a industria e construción.
En termos de contratación, rexístrase unha caída do 1,71 por cento no mes. No ano, pola contra, hai unha evolución favorable, aumentando os contratos no 14,8 por cento. Medrando tanto os indefinidos, nun 14,5 por cento, como os temporais, un 14,8 por cento. Non obstante, a porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total segue a ser moi baixa, do 9,54 por cento.
Destaca o feito de que en Galicia se fixesen 61.614 contratos en tan só un mes, o que está claro é a precariedade destes contratos que non se consolidan e os altos niveis de rotación laboral.
En canto ás cifras de beneficiarios de prestacións, obsérvase que en Galicia hai 116.667 persoas beneficiarias dunha prestación por desemprego. Pero o carácter contributivo das mesmas está baixo mínimos, tan só o 42,1 por cento perciben prestacións de carácter contributivo, o resto son asistenciais. Isto evidencia dúas cousas, a baixa contía das prestacións e que o desemprego cronifícase, o que leva a moitas persoas, unha vez esgotados os dereitos a unha prestación contributiva a recorrer ás outras modalidades que, pola súa baixa contía, conducen en moitas ocasións a situacións límite próximas á pobreza ou exclusión social.
Pero é que xa hai 119.780 persoas desempregadas en Galicia sen ningún tipo de prestación, o 50,7 por cento. Cunha taxa de cobertura en mínimos históricos que non supera o 53,46 por cento.
Por outra banda, a media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 935.537. Galicia continúa moi afastada do millón de afiliados de antes da crise.
A rotación, temporalidade e estacionalidade existente no mercado laboral galego plásmanse nas cifras analizadas.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.
GALICIA
| Febreiro 2016
| VARIACIÓN SOBRE | |||
Mes anterior | Mesmo mes ano anterior | ||||
nº | % | nº | % | ||
DESEMPREGO | |||||
Nº desempregados rexistrados | 235.268 | -1.179 | -0,5 | -22.281 | -8,7 |
* homes | 108.863 | -1.269 | -1,2 | -13.341 | -10,9 |
* mulleres | 126.405 | 90 | 0,1 | -8.940 | -6,6 |
Nº parados mozos < 25 anos | 12.123 | 285 | 2,4 | -1.665 | -12,1 |
Nº desempregados estranxeiros | 11.729 | -49 | -0,4 | -665 | -5,4 |
Nº desempregados por sectores* |
|
|
|
| |
* agricultura | 8.924 | -297 | -3,2 | -579 | -6,1 |
* industria | 27.894 | -641 | -2,2 | -5.417 | -16,3 |
* construción | 28.055 | -630 | -2,2 | -5.108 | -15,4 |
* servizos | 151.908 | 102 | 0,1 | -9.387 | -5,8 |
* sen emprego anterior | 18.487 | 287 | 1,6 | -1.790 | -8,8 |
Beneficiarios prestación por desemprego (xaneiro) | 116.667 |
| |||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (xaneiro) | 53,46 | ||||
Parados totais sen ningún tipo de prestación (xaneiro) | 119.780 | ||||
CONTRATACIÓN | |||||
Nº contratos | 61.614 | -1.074 | -1,7 | 7.922 | 14,8 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 5.881 | 320 | 5,8 | 745 | 14,5 |
Nº contratos temporais | 55.733 | -1.394 | -2,4 | 7.177 | 14,8 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
| |
Nº afiliados (datos provisionais) | 930.883 | 4.654 | 0,5 | 17.692 | 1,9 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS