Cifra histórica de contratación indefinida en Galicia, case dun 30% e subindo un 122,7% en relación a hai un ano

A reforma laboral segue a dar os seus froitos. UGT-Galicia agarda que a partir de agora a contratación indefinida sexa a norma e a temporal só unha excepción

Fecha: 04 Abr 2022

Cifra histórica de contratación indefinida en Galicia, case dun 30% e subindo un 122,7% en relación a hai un ano

A reforma laboral segue a dar os seus froitos. UGT-Galicia agarda que a partir de agora a contratación indefinida sexa a norma e a temporal só unha excepción

Santiago, 4 de abril de 2022.- Os datos do paro publicados hoxe polo Ministerio de Traballo e Economía Social e polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións reflicten unha tímida baixada do paro no mes en Galicia, dun 0,76% e dun 15,15% en termos interanuais. Non obstante, aínda que o dato interanual reflicte unha recuperación do mercado de traballo significativa, o dato máis destacable é o relativo á contratación indefinida que acada cifras históricas, do 29,26%. Xa no mes de xaneiro, cando se comeza a aplicar a reforma laboral, este indicador comezou a repuntar, cun 16,08%, un 23,13% en febreiro pero é que en marzo acada un máximo, o 29,26%. Isto supón, en relación a hai un ano, un incremento dun 122,7%, ó pasar de 9.221 a 20.534 contratos.

A boa evolución do emprego e a mellora da súa calidade continúa grazas á reforma laboral, a pesar das incertezas económicas provocadas pola guerra en Ucraína. UGT considera positiva a decisión do Goberno de preservar o emprego, restrinxindo, de maneira temporal, o despedimento por causas relacionadas co incremento do custo da enerxía para todas aquelas empresas que reciban axudas. Insta a avanzar no anteproxecto de Lei de Emprego e abordar unha reforma absoluta das políticas activas, para erradicar as cifras de paro de longa e moi longa duración.

A pesar das repercusións que en materia económica ten a situación internacional, os datos de paro rexistrado e de afiliación á Seguridade Social coñecidos hoxe continúan mostrando unha evolución positiva da creación de emprego, en liña coa tendencia debuxada nos meses anteriores. Así, dada a actualización á baixa de todas as predicións económicas, que se manteña o dinamismo no mercado laboral é unha boa noticia. Unha proba de que a reforma laboral, aínda que non está completamente despregada, si que está a empezar a asentar incentivos na dirección adecuada. Pois non só se está creando emprego nun contexto de completa incerteza respecto á guerra rusa en Ucraína e de incremento do nivel de prezos (o IPC rexistrou en marzo unha taxa interanual do 9,8%), senón que está a ser un emprego de maior calidade, aumentando a contratación indefinida a máximos históricos e reducíndose a temporal, especialmente aquela de moi curta duración.

Aínda é pronto para confirmar se este cambio de tendencia da contratación será permanente, os bos datos que veñen rexistrando neste primeiro trimestre supoñen un indicio de esperanza para un mercado de traballo que tradicionalmente se caracterizou polo dominio do emprego temporal e o subemprego involuntario. Acabar coa inestabilidade e a rotación laboral mellorará a calidade de vida da poboación traballadora, afastándoa da incerteza e a insuficiencia salarial que rodea ao emprego precario, e posibilitará que as empresas sexan máis produtivas.

En relación á situación internacional, aínda que todo apunta a que acabará debilitando a capacidade de crecemento e creación de emprego da economía española, tamén hai que ter en conta as distintas repercusións que poida ter o plan anticrise aprobado polo Consello de Ministros o pasado martes 29 de marzo. Un conxunto de medidas deseñadas para, con carácter excepcional e temporal, minorar o impacto derivado da guerra en Ucraína, establecendo axudas para manter a actividade económica e protexer ao tecido produtivo á vez que se sosteñen os salarios e as rendas das familias.

UGT valora moi positivamente as restricións temporais ao despedimento por causas relacionadas co incremento do custo da enerxía aprobadas polo Goberno para todas aquelas empresas que reciban axudas do plan, que se une á xa existente para aquelas empresas que teñen en ERTE aos seus traballadores. É imprescindible salvagardar o emprego ante adversidades económicas, primando a utilización doutras opcións menos traumáticas.

Como xa ocorreu coa anterior crise do coronavirus, estas actuacións supoñen unha clara vontade de protexer o emprego ante as previsibles dificultades que xerará o contexto internacional, permitindo ás empresas contar coa flexibilidade necesaria para manter os seus cadros de persoal e volver á actividade ante os primeiros signos de recuperación económica. Á vez, como xa se demostrou, protexer as rendas das persoas traballadoras supón a mellor maneira de manter o consumo interno e soster con iso a demanda agregada, principal panca de crecemento económico do noso país, necesaria para impulsar un modelo de desenvolvemento xusto e equilibrado no tempo.

Análise dos datos

Continuando coa análise da contratación indefinida en Galicia, esta reflicte que no caso dos homes acada o 29,8% e no das mulleres baixa ó 28,7%. Entre os menores de 25 anos a porcentaxe é máis baixa que a media, do 27,5%. Por sectores, a porcentaxe máis alta corresponde á construción, 51,7%; seguida da agricultura, 48,9%; 28,6% no sector servizos; e o 21,1% na industria.

Continuando cos datos do paro, sinalar que hai en Galicia un total de 153.336 persoas en situación de desemprego, 3.108.763 no resto do Estado. No ano, como xa se comentaba en parágrafos precedentes, a caída foi do 15,15%, que pode considerarse histórica, polo menos, dende 1996 cando hai esta serie dispoñible.

Entre o colectivo dos máis mozos, menores de 25 anos, o desemprego si aumenta, o 3,33%, aínda que no ano a contracción é máis acusada que no resto de idades, un 17,7%.

Por sexos, un mes máis, a evolución é máis favorable para os homes, cunha caída no mes do 1,21%, fronte ó 0,43 no caso das mulleres. No ano a contracción foi do 16,43% no caso dos homes e do 14,20% no caso das mulleres. Así, en termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 58,11% do total do desemprego, 89.100 mulleres, fronte a 64.236 homes.

Por sectores de actividade, o paro cae en todos, salvo no do colectivo sen emprego anterior, no que medra nun 2,3%. Baixa nun 2,21% no primario, o 1,22% na construción, o 1% na industria e un 0,93% nos servizos.

No ano dáse unha contracción acusada en todos, destacando as 19.048 persoas desempregadas menos nos servizos, un 15% menos.

Territorialmente, no mes o paro medra en Ourense, un 0,9%; nas restantes provincias o desemprego baixa, nun 1,32% na Coruña; o 0,82% en Lugo; e o 0,65% en Pontevedra. No ano a contracción tamén é moi forte en todas, en Lugo, do 18,97%, na Coruña, do 15,8%, en Ourense, do 14,6%, e do 13,7% na Coruña.

A cobertura por desemprego sitúase en Galicia no 62,8%, con 89.336 persoas beneficiarias de prestacións.

A afiliación á Seguridade Social sitúase no mes en 1.028.457, subindo un 0,23%.

En canto ós ERTE, de media, no mes de marzo, deron cobertura en Galicia a 5.241 traballadores.

 

Marzo 2022

% contratación indefinida por sectores

agricultura

1.085

48,9

industria

2.322

21,1

construccion

1.881

51,7

servizos

15.246

28,6

 

Evolución % contratación indefinida (iniciais e conversións)

2021/Xaneiro

10,30

2021/Febreiro

11,46

2021/Marzo

14,87

2021/Abril

11,37

2021/Maio

9,60

2021/Xuño

8,62

2021/Xullo

6,92

2021/Agosto

7,65

2021/Setembro

8,71

2021/Outubro

8,87

2021/Novembro

13,45

2021/Decembro

9,46

2022/Xaneiro

16,08

2022/Febreiro

23,13

2022/ Marzo

29,26

 

 

 

 

GALICIA

mar-22

VARIACIÓN SOBRE

 

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

 

%

%

 

DESEMPREGO

 

Nº persoas paradas

153.336

-1.173

-0,8

-27.383

-15,2

 

* homes

64.236

-785

-1,2

-12.633

-16,4

 

* mulleres

89.100

-388

-0,4

-14.750

-14,2

 

* mozos e mozas < 25 anos

6.582

212

3,3

-1.416

-17,7

 

Por sectores*

 

* agricultura

5.540

-125

-2,2

-844

-13,2

 

* industria

16.459

-164

-1,0

-3.516

-17,6

 

* construción

10.825

-134

-1,2

-2.520

-18,9

 

* servizos

108.357

-1.021

-0,9

-19.048

-15,0

 

* sen emprego anterior

12.155

271

2,3

-1.455

-10,7

 

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (febreiro)

89.336

 

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (febreiro)

62,8

 

Por provincias

 

A Coruña

60.790

-811

-1,3

-11.386

-15,8

 

Lugo

14.657

-121

-0,8

-3.431

-19,0

 

Ourense

17.309

153

0,9

-2.956

-14,6

 

Pontevedra

60.580

-394

-0,6

-9.610

-13,7

 

CONTRATACIÓN

 

Nº contratos

70.187

5.199

8,0

8.183

13,2

 

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

20.534

5.502

36,6

11.313

122,7

 

* temporais

49.653

-303

-0,6

-3.130

-5,9

 

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.028.457

2.311

0,2

29.724

3,0

 

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 

Fuente: UGT-Galicia