Chegou o momento de reducir a xornada laboral a 37,5 horas
UGT e CCOO acordan un calendario de mobilizacións durante todo o mes de setembro pola redución do tempo de traballo sen merma nos salarios
Fecha: 05 Sep 2024
A Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO) lanzamos este luns unha campaña para lograr a redución da xornada laboral ata as 37,5 horas sen que se reduzan os salarios.
Co fin de humanizar as relacións laborais e mellorar a vida das persoas, os dous sindicatos maioritarios acordamos un calendario de mobilizacións durante todo o mes de setembro cun desenvolvemento crecente nas rúas e nos centros de traballo.
Desta medida beneficiaranse case 13 millóns de persoas traballadoras do sector privado. Ademais, contribúe a avanzar na igualdade efectiva entre mulleres e homes; mellora a saúde e a calidade de vida das persoas traballadoras e ten un impacto directo na produtividade das empresas e na economía do país.
Porque pasaron máis de 40 anos desde que se instaurou a xornada laboral de 40 horas e porque é o momento de reducila ata as 37,5: é o momento de ir a unha redución de xornada por lei en España.