Centos de persoas reclaman en Vigo o indulto para Carlos e Serafín, xa!

Fecha: 23 Feb 2018

​De novo, un xoves máis, tivo lugar un acto de apoio a Carlos e Serafín, que hai que lembrar que están condeados a tres anos por ter participado nunha folga do sector de transporte da provincia de Pontevedra en defensa dunha serie de dereitos laborais. Nesta ocasión foi unha manifestación polas rúas do centro de Vigo.

Están condeados só por este feito e, por elo, UGT, xunto con CCOO e CIG, levan tempo pedindo un indulto xa por unha situación a todas luces inxusta e coa que se pretende, como único obxectivo, amedrentar aos traballadores na defensa dos seus dereitos.

Dende UGT insístese en que continuarán as mobilizacións ata que se faga xustiza con estes dous traballadores e as súas familias que levan anos sufrindo unha situación xudicial sumamente desproporcionada e inxusta.

Catro anos de loita

Son xa catro anos na rúa pedindo o indulto para Carlos e Serafín, petición ante a que hai unanimidade social, a pesar de que o Goberno  non move ficha para que estes dous traballadores non entren en prisión. 
Fuente: UGT-Galicia