Centos de delegados denuncian en A Coruña o bloqueo da negociación do convenio provincial de metal
Fecha: 09 May 2017

AFederación galega de Industrias, Construción e Agro (FICA-UGT)informa que hoxe, ao longo desta mañá, centos de delegados,convocados por UGT, CCOO e CIG, concentráronse fronte á sede deImasa en A Coruña para denunciar o bloqueo de negociación doconvenio de siderometalurxia da provincia de A Coruña que afecta a20.000 traballadores. Lembrar que esta concentración dácontinuidade a un proceso mobilizador iniciado xa en abril, cunhaconcentración en Ferrol, á que lle seguiu outra concentración opasado 4 de maio en Santiago.
FICA-UGT denuncia que a dilación neste proceso negociador é xainsostible, xa hai máis de dous anos e medio que comezaron asnegociacións para un convenio que caducou en decembro de 2015.
Neste longo período, a patronal só se adicou a poñer pedras nocamiño e a dilatar o proceso negociador, facendo oídos xordos áspropostas sindicais e tratando de impoñer en cada un dos encontrosmedidas regresivas para os 20.000 traballadores afectados.
Para FICA-UGT, hai materias de negociación de vital importancia paraos traballadores. Trátase dos incrementos salariais e a cláusula derevisión; a distribución irregular da xornada; ou todo o relativo alicenzas, entre outras cuestións.
FICA-UGT alerta que o tempo de negociación está chegando ao seu fine insiste en que non se vai renunciar a ningunha medida de presiónque permita pechar un acordo satisfactorio e xusto para os 20.000traballadores do metal da provincia de A Coruña.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É FELIPE LÓPEZ CALVO.TELÉFONO: 649903018.