Baixa o paro pero medra a temporalidade e o emprego de escasa calidade

Fecha: 28 Jul 2016

A EPA do segundo trimestre de 2016 arroxa datos positivos en termos de baixada do desemprego, aínda que con moitos matices en relación á calidade do emprego que se crea e as dificultades que persisten para moitas familias con todos os seus activos no paro, xa moitas delas sen ingresos, e 134.900 desempregados de longa duración (máis dun ano buscando emprego) que non conseguen atopar un posto de traballo.

Para UGT-Galicia, sobran os triunfalismos e as administracións, tanto a galega como a estatal, deben apostar e acometer xa un cambio de política económica e de políticas en materia de emprego que garanta unha recuperación sostible no tempo e á que poidan acceder todos, situación que pasa, necesariamente, pola creación de emprego estable e de calidade.

Concretando as cifras que arroxa a EPA para Galicia, a ocupación medra no segundo trimestre de 2016, en relación ao trimestre anterior, nun 1,26 por cento, 12.900 persoas ocupadas máis, aínda que de xeito menos acusado que no resto do Estado, onde a suba foi do 1,51 por cento. En relación ao segundo trimestre de 2015, a ocupación sube un 2,39 por cento en Galicia e un 2,43 por cento no resto do Estado.

Así, as cifras de ocupación sitúanse en Galicia en 1.034.000 persoas e a taxa queda no 44 por cento, aínda moi por debaixo das cifras superiores ao 50 por cento que se rexistraban antes da crise.

O paro cae en Galicia un 2,17 por cento, 4.900 persoas menos. No resto do Estado a caída é máis acusada, do 4,52 por cento. No ano cae un 11,71 por cento en Galicia e un 11,15 por cento no Estado.

Hai 222.900 persoas en situación de desemprego en Galicia e 4.574.700 no Estado.

As cifras da EPA reflicten un mercado laboral cada vez máis contraído. No ano diminúe a poboación de 16 ou máis anos en 10.800 efectivos, deles, 3.800 son menores de 25 anos, o que evidencia que cada vez hai menos poboación en idade de traballar. Tamén caen as persoas activas, as que desexan incorporarse ao mercado laboral, sendo ocupadas ou desempregadas, 5.500 menos.

O reflexo real desta estatística sobre as familias galegas é 75.700 vivendas con todos os activos no paro e 37.700 fogares nos que xa non hai perceptores de ingresos. Valores insostibles para calquera sociedade que pretenda presumir de “recuperación económica” e que evidencian que nesta “recuperación” non están entrando todos coa mesma velocidade.

Se estas cifras son preocupantes, aínda o son máis se se comparan coas que se rexistraban no terceiro trimestre do ano 2009. Así, constátase que o número de vivendas nas que todos os activos están no paro medran en Galicia nun 69 por cento e as referidas ás que xa non teñen perceptores de ingresos nun 91,4 por cento.

Por sectores, a ocupación medra en todos, trimestralmente, salvo na construción onde baixa un 2 por cento con 1.500 persoas ocupadas menos. En relación a hai un ano cae na industria e na construción.

CASE 44 DE CADA CEN ACTIVOS MENORES DE 25 ANOS ESTÁ NO PARO

En relación á taxa de paro, esta queda no 20 por cento no Estado e no 17,74 por cento en Galicia pero resulta certamente preocupante que esta se eleve ata o 43,7 por cento no caso dos menores de 25 anos.

Os incrementos que se rexistran seguen a ser maiores no caso da contratación temporal. No trimestre os asalariados con contrato indefinido medran un 0,62 por cento pero é que esta suba é do 4,9 por cento no caso dos temporais. En relación a hai un ano, eliminando así os compoñentes estacionais, soben os temporais un 5,24 por cento, fronte ao 1,23 por cento dos indefinidos.

De feito, a taxa de temporalidade volve a valores superiores ao 25 por cento, concretamente, do 25,8 por cento, subindo en relación ao trimestre anterior e hai un ano. No caso das mulleres esta porcentaxe é máis elevada aínda, do 27,8 por cento.

A RECUPERACIÓN DO EMPREGO VEN DA MAN DE ACTIVIDADES ESTACIONAIS. A TAXA DE TEMPORALIDADE MEDRA E SUPERA O 25 POR CENTO

En definitiva, as cifras evidencian que a recuperación do emprego ven da man de actividades estacionais que demostran un emprego temporal, de escasa calidade e baixos salarios.

A creación de emprego e a temporalidade camiñan xuntas en Galicia: cando se xera emprego este é estacional e precario. Segue enquistada a temporalidade e ascende o traballo a tempo parcial involuntario e outras formas de subemprego.

A taxa de temporalidade segue en ascenso. Para UGT-Galicia, a reforma laboral e outras medidas impostas polo Goberno, lonxe de corrixir a dualidade do mercado laboral, están estendendo a precariedade e a desigualdade no mercado de traballo.

É evidente que as políticas de emprego, tanto a nivel estatal como en Galicia, non están sendo efectivas á hora de mellorar a empregabilidade das persoas, especialmente no caso dos parados de longa duración.

Ante estes datos, UGT-Galicia considera que a recuperación do mercado laboral é pouco sólida e advirte dos perigos que entraña un modelo de crecemento económico construído sobre os mesmos alicerces da etapa expansiva anterior. É dicir, con actividades de escaso valor engadido e tecnolóxico e un emprego temporal menos cualificado e de peor calidade.

Para UGT-Galicia, é imprescindible que os Orzamentos para o 2017, tanto os da Xunta como os do Estado, aposten por un cambio de política económica e por factores que permiten a unha economía crecer a medio e longo prazo, en innovación e coñecemento. Por outra banda, as políticas de emprego deben enfocarse á redución do paro de longa duración, a través dun plan de choque polo emprego que protexa ás persoas e impulse as políticas activas dende o público, cree emprego de calidade e con dereitos e mellore os salarios da poboación. Todo elo é necesario para encarar unha recuperación sostible, conseguindo a diminución dos niveis de desigualdade e pobreza.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE Secretario de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.



 

 

2016/IIT
miles

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.349,5

-1,6

-0,1

-10,7

-0,5

Inactivos

1.092,5

-9,7

-0,9

-5,3

-0,5

Homes

465,1

-9,6

-2,0

-2,7

-0,6

Mulleres

627,4

-0,1

0,0

-2,6

-0,4

Activos

1.256,9

7,9

0,6

-5,5

-0,4

Homes

659,6

8,8

1,4

-2,7

-0,4

Mulleres

109,3

-0,8

-0,1

-2,7

-0,4

Ocupados

1.034,0

12,9

1,3

24,1

2,4

Homes

545,9

9,7

1,8

12,4

2,3

Mulleres

627,4

3,2

0,7

11,7

2,5

Asalariados

810,9

13,3

1,7

17,7

2,2

Con contrato indefinido

602,0

3,7

0,6

7,3

1,2

Homes

313,6

1,8

0,6

8,0

2,6

Mulleres

288,4

2,0

0,7

-0,6

-0,2

Con contrato temporal

208,9

9,6

4,8

10,4

5,2

Homes

97,8

6,2

6,8

3,0

3,2

Mulleres

111,0

3,3

3,1

7,3

7,0

Parados

222,9

-5,0

-2,2

-29,6

-11,7

Homes

113,7

-0,9

-0,8

-15,1

-11,7

Mulleres

109,3

-4,0

-3,5

-14,4

-11,6

Menores 25 anos

27,1

0,3

1,1

-2,1

-7,2

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

68,0

1,3

1,9

6,8

11,1

Industria

158,0

0,1

0,1

-3,9

-2,4

Construción

71,9

-1,5

-2,0

-3,7

-4,9

Servizos

736,2

13,0

1,8

25,0

3,5

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

37,7

-0,60

-1,6

4,20

12,5

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

75,7

-4,50

-5,6

-10,90

-12,6

 


 


 


 


 


 


 

 

 

 

 

 

%

2016/II

2016/I

2015/II

 

 

Taxa actividade

53,5

53,1

53,5

 

 

Homes

58,6

57,8

58,6

 

 

Mulleres

48,8

48,8

48,8

 

 

Taxa ocupación

44,0

43,4

42,8

 

 

Homes

48,5

47,6

47,2

 

 

Mulleres

39,9

39,6

38,7

 

 

Taxa desemprego

17,7

18,2

20,0

 

 

Homes

17,2

17,6

19,4

 

 

Mulleres

18,3

18,9

20,6

 

 

Menores de 25 anos

43,7

43,4

45,7

 

 

Taxa temporalidade

25,8

25,0

25,0

 

 

Homes

23,8

22,7

23,7

 

 

Mulleres

27,8

27,3

26,4

 

 



 



 



 

Fuente: UGT-Galicia
EPA