Baixa o paro, aínda que empeora a calidade do emprego que depende basicamente do sector servizos
Fecha: 06 Nov 2019

Hoxe fixéronse públicos os datos do paro do mes de xuño e, como ven sendo habitual, baixa o paro pero empeora a calidade do emprego e a a protección das persoas que están en situación de desemprego, o que potencia a risco de pobreza e exclusión social entre os fogares. Ademais, a creación de emprego resulta claramente estacional, dependendo do sector terciario, un emprego marcado, sobre todo, pola temporalidade e parcialidade.
En Galicia o paro baixa no mes de xuño nun 3,46%, con 155.249 persoas desempregadas, 5.556 menos que no mes anterior. No Estado o número de persoas no desemprego ascende a 3.015.686, cunha baixada no mes do 2,07%. En relación a hai un ano, o paro baixa un 9%, 14.816 desempregados menos en Galicia.
A brecha no desemprego persiste, 90.351 mulleres no paro, fronte a 64.898 homes
Por sexos, a evolución no mes do desemprego é similar entre homes e mulleres, no primeiro caso baixa nun 3,47% e no segundo nun 3,44%. Aínda así a brecha no desemprego persiste, o 58,2% das persoas en paro son mulleres, 90.351, fronte a 64.898 homes.
O desemprego entre os máis mozos, menores de 25 anos, cae nun 10,35%, dun xeito máis acusado que no resto de idades, basicamente pola modalidade de contratos de temporada que se ofertan que facilita a incorporación dos máis mozos ao mercado laboral.
Por sectores, dáse unha contracción en todos eles, do 5,17% no primario; 3,94% no colectivo de sen emprego anterior; 3,44% nos servizos; 3,1% na industria; e un 2,8% na construción. Aínda así, a maior caída en termos absolutos prodúcese nos servizos, debido á estacionalidade, baixando o paro en 3.763 persoas, o 67,7% da contracción do desemprego.
En termos anuais a contracción foi do 16,73% na construción; do 10,19% no colectivo de sen emprego anterior; do 9,69% no primario; o 8,53% na industria; e o 7,42% nos servizos, aínda que a maior caída en termos absolutos dáse de novo neste sector, con 8.469 desempregados menos, aínda que tamén é reseñable a caída na construción, en 2.560 desempregados, basicamente, polo inicio da “operación asfalto”.
O 57,2% do total da caída do paro en Galicia o asume o sector terciario, polo comezo da temporada estival, o que debuxa un mercado laboral precario e estacional
En termos absolutos, a causa do comezo da temporada estival e o alto nivel de terciarización da nosa economía, onde máis se contrae o desemprego é no sector servizos, en 3.763 persoas no mes e 8.469 no anos. Representando este sector o 57,2% do total da caída do paro en Galicia.
Case 100.000 contratos para tan só 6.786 persoas afiliadas/cotizantes. Rotación e precariedade na contratación
Un mes máis, a precariedade do mercado laboral galego reflíctese coa análise da contratación, 98.785 contratos nun mes para tan só un incremento de 6.786 persoas afiliadas/cotizantes. En canto á modalidade de contratación medra a indefinida nun 0,13%, fronte ao 4,1% da temporal. Así, a porcentaxe de contratación indefinida é de tan só o 7,59%.
En relación a hai un ano, o número de contratos baixan nun 4,71%, baixando a indefinida nun 9,5% e a temporal nun 4,3%.
Precariedade na cobertura por desemprego. Situación límite de exclusión social e pobreza
En canto á cobertura por desemprego, Galicia continúa inmersa na precariedade, con 84.876 beneficiarios de prestacións, deixando fóra do sistema a 75.929 persoas, tanto en conta tanto aos que teñen dereito á cobertura como aos que non o xeraron previamente. Queda así a taxa de cobertura no 57,9%, fronte ao 60,1% do resto do Estado.
Pero é que a precariedade tamén impera no desemprego, xa que tan só hai 36.622 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, o 43,14% do total, o resto son de carácter asistencial, o que conduce a preocupantes situación de risco de pobreza e exclusión social, dada a baixa contía destas últimas.
Derrogar as reformas laborais, mellorar a protección por desemprego e activar plans de choque polo emprego de calidade e con dereitos
Por todo isto, por un emprego que medra pero de xeito estacional e precario, UGT insistirá ante o novo Goberno na necesidade de derrogar xa as reformas laborais e mellorar a protección por desemrpego, cuestións imprescindibles para unha recuperación económica e social xusta e real.
Ao Goberno galego, dentro das súas competencias en materia de emprego, o Sindicato demándalle o desenvolvemento de plans de choque polo emprego de calidade e con dereitos. Máis emprego de calidade, para combater o desemprego estrutural e a precariedade laboral, deben ser obxectivos prioritarios das administracións, tanto da Xunta como do Goberno central.
GALICIA |
Xuño 2019 |
VARIACIÓN SOBRE |
||||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
|||||
nº |
% |
nº |
% |
|||
DESEMPREGO |
||||||
Nº persoas paradas |
155.249 |
-5.556 |
-3,46 |
-14.816 |
-8,7 |
|
* homes |
64.898 |
-2.335 |
-3,47 |
-6.907 |
-9,6 |
|
* mulleres |
90.351 |
-3.221 |
-3,44 |
-7.909 |
-8,0 |
|
* mozos e mozas < 25 anos |
6.902 |
-797 |
-10,4 |
-869 |
-11,2 |
|
Por sectores* |
|
|
|
|
|
|
* agricultura |
5.576 |
-304 |
-5,2 |
-598 |
-9,7 |
|
* industria |
17.575 |
-563 |
-3,1 |
-1.640 |
-8,5 |
|
* construción |
12.746 |
-367 |
-2,8 |
-2.560 |
-16,7 |
|
* servizos |
105.707 |
-3.763 |
-3,4 |
-8.469 |
-7,4 |
|
* sen emprego anterior |
13.645 |
-559 |
-3,9 |
-1.549 |
-10,2 |
|
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (maio) |
84.876 |
|
||||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (maio) |
57,90 |
|||||
Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (maio) |
75.929 |
|||||
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
|
Nº contratos |
98.785 |
3.583 |
3,8 |
-4.885 |
-4,7 |
|
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
7.497 |
10 |
0,1 |
-786 |
-9,5 |
|
* temporais |
91.288 |
3.573 |
4,1 |
-4.099 |
-4,3 |
|
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
|
||
Nº persoas afiliadas/cotizantes(datos provisionais) |
1.025.192 |
6.786 |
0,7 |
18.693 |
1,9 |
|
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social |
|