A Audiencia Nacional dános a razón e declara que a venda das plantas de Alcoa incumpre o acordado

Fecha: 15 Jun 2021

“ALCOA nunca deixou de ser o empresario real dos traballadores tras a compravenda das plantas”, indica a sentenza

O proceso xudicial non soluciona o mantemento do emprego, polo unha vez máis demandamos un compromiso real e efectivo da Administración Autonómica e o Goberno Central para consolidar un proxecto industrial

A Sala do social da Audiencia Nacional na súa Sentenza do 15 de xuño de 2021 estima a demanda das organizacións sindicais UGT, CCOO, USO, CIG E CCP, e declara que a venda das plantas de Avilés e A Coruña a que incumpriu o pactado entre o grupo Alcoa e a RLT, polo que o acordo de despedimento colectivo alcanzado non se completou.

A Sentenza declara plenamente vixente o acordo alcanzado o día 15 de xaneiro de 2019 entre o Grupo Alcoa e a representación legal dos traballadores e sinala que é esixible o seu cumprimento, especialmente nos referido ás “extincións contractuais por causas obxectivas” e ao “Plan de recolocación externa”.

Así a Sentenza recoñece o dereito dos traballadores das plantas da Coruña e Avilés , a esixir o cumprimento de tales condicións sobre extinción de contratos e plan de recolocación externa, condenando ao grupo ALCOA, ALCOA INESPAL, ALCOA INESPAL SLU, ALUMINIO ESPAÑOL SL, ALUMINA ESPAÑOLA SA ás consecuencias diso, debendo de responder de modo solidario.

A Sala chega a afirmar que “non ten dúbidas de que nin o grupo PARTER nin o grupo GIR cumpren minimamente o perfil de comprador serio, solvente e rigoroso” e que ”ao contrario, o que resulta manifesta é a contribución de ambos á situación de desolación en que se atopan as plantas e os seus traballadores”.

De igual modo considera, como sempre se defendeu desde UGT , que “ALCOA nunca deixou de ser o empresario real dos traballadores tras a compravenda das plantas”.

Polo tanto, o proceso de venda das plantas establecido no acordo alcanzado no período de consultas o 15 de xaneiro de 2019 fracasou porque o seu propósito como medida de acompañamento: reindustrialización das plantas que permita a continuidade dos empregos do persoal, non se logrou por causas imputables a ALCOA.

En consecuencia, actívase a obrigación subsidiaria e alternativa do acordo: a extinción das relacións laborais nos termos, condicións e prazos establecidos.

Desde UGT saudamos con optimismo a Sentenza e tal como vimos alertando o proceso xudicial non soluciona o mantemento do emprego, polo unha vez máis demandamos un compromiso real e efectivo da Administración Autonómica e o Goberno Central para consolidar un proxecto industrial, proxecto que non pasa tal como viñamos dicindo e que a sentenza ratifica nin co grupo Risco, nin o fondo Parter, ao que lla comprou.

Fuente: UGT-Galicia